Unha última xornada non apta para corazóns débiles. A Selección de Galicia infantí de fútbol sala feminina e a masculina xogaranse o pase ás semifinais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) na terceira e definitiva xornada da fase de grupos que terá lugar este mércores, informa a Federación Galega de Fútbol.
Ambas, tanto a masculina como a feminina, dependen de si mesmas para certificar o billete: gañando os seus respectivos encontros, os nosos e as nosas estarían en semifinais; incluso un empate, en función doutros resultados, podería valer para alcanzar o obxectivo. Veñen curvas!
As nosas rubricaron o empate ante Andalucía (2-2) nun partido que tiñan controlado. O combinado andaluz foi quen de empatar o encontro a falta de 30 segundos para o final.
Partido de alto nivel entre Andalucía e a Selección de Galicia infantil feminina co liderado en xogo, xa que son as dúas seleccións que gañaron na primeira xornada.
Na quenda de penaltis, Andalucía mostrouse seguro e non erraron ningún penalti, sumando 0,25 máis que Galicia.
Na categoría feminina pasan a semifinais os dous primeiros clasificados de cada grupo. Galicia, adestrada polo dúo conformado por Castillo e Bardanca, xogarase o pase mañá mércores a partir das 16.30 horas ante Aragón. O outro encontro enfrontará a Andalucía e Extremadura.
FICHA TÉCNICA
2) ANDALUCÍA: Victoria Pulido, Maria Carrasco, Paula Rodríguez, Nayara García, Ana Isabel Alarcón, Paula Gongora, Carmen Pozo, María Maldonado, Ana Maldonado, Sheila Silva, Carmen Maldonado e Pilar Navarrete.
2) GALICIA: Estela Fernández, Daniela Rodríguez, Andrea Dapia, Ángela Blanco, Emma Gandoy, Sara Couso, Candela Fernández, Lara Nieto, Lia Ayestarán, Nuria Pascual, Lola Muñoz e Anxela Fernández.
GOLES: 1-0 Carmen Pozo (7′); 1-1 Lia Ayestarán (10′); 1-2 Lia Ayestarán (28′); 2-2 Maria Maldonado (39′).
ÁRBITROS: Lucas Anton e Aleix Grau.
INCIDENCIAS: Partido do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) de fútbol sala para categoría infantil que se disputa en Salou
Triunfo da Selección de Galicia Infantil masculina ante Murcia
O combinado dirixido por Gael Madarnas foi o primeiro en entrar en acción durante a segunda xornada deste martes. Os nosos, tras o empate ante Madrid (5-5) na primeira xornada, superaron na xornada deste martes a Murcia (5-4) nun gran encontro.
Galicia lidera a clasificación con 4 puntos, un máis que Murcia e Andalucía, mentres que Madrid queda con 1.25, xa eliminado. Mañá decidirase o líder do Grupo B cos partidos Murcia – Madrid e Andalucía – Galicia. O encontro dos nosos será ás 12 horas.
Ficha técnica
5) GALICIA: Gabriel Díaz, José Francisco Suárez, Álvaro, Iker Paz, Mateo Domínguez, David Mosquera, Borja Cortegaza, Andrés Silva, Hugo Carballeria, Pablo Costa, Marco Cepeda e Manuel Garrido.
4) MURCIA: David Garrido, Guillermo Tomás, Miguel Martínez, José Aroca, Andrés Meseguer, Carlos Sidrach, Juan Antonio Abellán, Rubén Muñoz, José Mellada, Raúl Vera, Fernando Alcalá e Ramon Martínez.
GOLES: 0-1, Miguel. 0-2, Raúl. 1-2 Álvaro. 2-2 Juan Antonio Abellán (p.p). 2-3, Raúl. 3-3 Mateo Domínguez (29′); 4-3 Pablo Costa (30′); 5-3 Borja Cortegaza. 5-4 José Aroca.
EQUIPO ARBITRAL: Javier García e Daniel Hurtado.
INCIDENCIAS: Partido do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) de fútbol sala para categoría infantil que se disputa en Salou