• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Galicia, con Irene Trabazo, vence na proba Team Relay no Campionato de España de Ciclocross 2022

A Selección Galega acada o ouro superando ao combinado de Asturias na volta final | O triunfo adicouse ao finado Guillermo Sande

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/01/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
Galicia vence na proba Team Relay no Campionato de España de Ciclocross 2022 / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO LUZ IGLESIAS

Galicia vence na proba Team Relay no Campionato de España de Ciclocross 2022 / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO LUZ IGLESIAS

184
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Primeira proba e primeiro triunfo da Selección de Galicia no Campionato de España de Ciclocrós. A competición arrincaba hoxe, venres 7 de xaneiro cunha emocionantísima proba de Team Relay. Galicia fíxose coa medalla de ouro tras un precioso duelo na volta final co combinado asturiano. O sexteto gañador estivo conformado por: Tomás Pombo, Ricardo Buba, Miguel Rodríguez, Samuel González, Irene Trabazo e Andrés Calvete.

#CECXXativa22 | 📸 ¡Enhorabuena a la @F_Gal_Ciclismo por este gran triunfo en la prueba Team Relay!

➡️ Miguel Rodríguez, Irene Trabazo, Samuel González,Ricardo Martín, Tomás Pombo y Andrés Calvante son los 6 ciclistas que se colocaran los primeros maillots de campeones de España pic.twitter.com/dq13GGL34I

— Real Federación Española de Ciclismo (@RFECiclismo) January 7, 2022

A igualdade foi máxima entre os equipos autonómicos participantes, pois en escasos 40 segundos concluíron as cinco primeiras escuadras, segundo informa a Federación Española de Ciclismo. Un inicio espectacular para este nacional de ciclocrós de Xátiva que se está desenvolvendo sobre o circuíto instalado no Poliesportiu Municipal “Lles Pereres”.

A estratexia deseñada polo seleccionador Alberto del Río funcionou dende o principio, contan desde a Federación Galega de Ciclimo. Galicia abriu a carreira co elite vigués Samuel González, que rematou a primeira volta en segunda posición, por detrás do representante de Aragón. A remuda colleuna o cadete carballés Tomás Pombo, que de inmediato se situou no primeiro posto e mantívose á fronte da proba ata que no treito final da súa quenda o adiantou o máster valenciano Dany Díaz. A diferenza era mínima e o máster cambrés Andrés Calvete recuperou o mando no terceiro xiro ao trazado de Xàtiva.

A Selección Galega que defendía o título, e quería conservar a coroa, chegou en cabeza ao ecuador da proba e a responsabilidade da cuarta volta asumiuna Irene Trabazo. A elite marinense, a primeira das mulleres que compareceu no circuíto entre os conxuntos que loitaban pola vitoria, mantivo intactas as opcións de triunfo do seu equipo e acabou terceira a súa posta, por detrás de Asturias e da Comunitat Valenciana. Os menos de 20 segundos que cedía Galicia anulounos o júnior gondomareño Ricardo Buba, que lle deu paso a Miguel Rodríguez case á par do combinado asturiano.

O cara a cara pola vitoria decantouse na primeira metade da última volta. O sub23 ponteareán contactou co elite asturiano Mario Junquera nada máis arrancar e soltou ao seu acompañante no ecuador do percorrido. Rodríguez afrontou con vantaxe os sectores de area, os de maior dificultade, e tivo tempo a saborear a vitoria nos metros finais. Cruzou a liña de meta cando o reloxo marcaba 35 minutos e 33 segundos. Junquera terminou a 5” e o elite vasco Iñigo Gómez, a 27”.

👑#SelecciondeGalicia #CECXXativa22

➡️ https://t.co/VDWNJ4OysR

📸 Luz Iglesias pic.twitter.com/lkSyS1Cc7k

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) January 7, 2022

A proba de Team Relay deu comezo ás 16:00 horas cunha grella de saída composta por nove seleccións:

  1. Galicia
  2. Asturias
  3. País Vasco
  4. Cantabria
  5. Comunidade Valenciana
  6. Cataluña
  7. Madrid
  8. Castilla La Mancha
  9. Aragón

A Selección Galega, ao cabo vencedora, deixou claro desde o mesmo instante en que se deu a saída que partían determinados a facerse coas primeiras camisolas de campións de España deste nacional de Ciclocrós.

Así foi a remuda

Equipo de ciclocross da Federación Galega de Ciclismo, campión de España Team Relay / LUZ IGLESIAS
Equipo de ciclocross da Federación Galega de Ciclismo, campión de España Team Relay / LUZ IGLESIAS

O elite Samuel González foi o encargado de realizar a primeira posta para Galicia e de establecer á fronte á súa selección, mentres Cataluña colocábase en segunda posición a uns poucos segundos e Asturias, País Vasco e a selección local, o combinado valenciano, situábanse en posicións intermedias sen ceder unha diferenza significativa.

A Comunidade Valenciana, no terceiro xiro, tomou o mando, pero sen abrir unha vantaxe relevante con respecto a Galicia, Asturias, País Vasco ou Cataluña, que con cada un das súas substitucións conseguían manterse na pugna polas medallas.

A saída de Lucía González na quinta substitución deu o liderado a Asturias por diante da Comunidade Valenciana, que contaba como relevista con Elena Lloret, mentres Galicia comezaba a posta en 3ª posición a uns 20” e País Vasco en 4ª praza a algo menos dun minuto.

Unha boa substitución de Ricardo Martín permitiu comezar o xiro final a Galicia en segunda praza a escasos cinco segundos de Asturias.

O sub23 Miguel Rodríguez, que xa foi campión de España da especialidade como junior, lanzouse á caza de Mario Junquera, que foi o relevista elixido por Asturias para a posta final e ambos protagonizaron un precioso man a man pola medalla de ouro.

Unha forte arrancada de Rodríguez permitiu a Galicia abrir uns poucos metros de vantaxe que Junquera non puido pechar e que terminaron dando o ouro ao combinado galego na liña de meta.

Asturias finalizou en segunda posición a cinco segundos, mentres que o bronce foi finamente para o País Vasco, que concluíu a 27 segundos. En cuarta posición terminou Cantabria, que a pesar de gozar dunha enorme substitución final de Kevin Suárez non puideron facerse cunha praza de podio. O top 5 completouno Cataluña, que se quedou a 41 segundos de Galicia.

Segundo explicaba o élite do combinado de Galicia Samuel González: “A estratexia consistía en saír con moita velocidade, baixar un pouco o ritmo nas postas intermedias e terminar na última substitución co noso home máis forte, que é Miguel, para tratar de facernos co ouro. Tomas Pombo, Ricardo Martín, Irene Trabazo e Andrés Calvete fixeron unhas voltas moi boas e iso unido ao traballo realizado por Miguel Rodríguez e polo meu fíxonos facernos cunha vitoria que nos deixa moi bo sabor de boca”,

Miguel Rodríguez, ciclista da Selección Galega: “Esta vitoria queremos dedicarlla a Guillermo Sande, que estivo connosco nas dúas edicións anteriores nas que gañamos e cremos que este ouro é a mellor forma de honrar a súa memoria”

Miguel Rodríguez, que deu o ouro á súa selección grazas a un brillante xiro final, comentou que “Junquera iniciou moi rápido a última volta, pero puiden pegarme á súa roda e cando vin a oportunidade ataquei de lonxe e conseguín abrir uns metros que nos deron o triunfo. Esta vitoria queremos dedicarlla a Guillermo Sande, que estivo connosco nas dúas edicións anteriores nas que gañamos e cremos que este ouro é a mellor forma de honrar a súa memoria”.

#CECXXativa22 | 📸 Ya suben al podio las tres selecciones autonómicas medallistas en la prueba de Team Relay

🥇 Galicia
🥈 Asturias
🥉 País Vasco

¡Bonito pancarta de Galicia en recuerdo de Guillermo Sande! ❤ pic.twitter.com/ubCgN1knjP

— Real Federación Española de Ciclismo (@RFECiclismo) January 7, 2022

Ollo ao quinteto de cadetes galegas

A loita polos títulos de cada categoría comeza na mañá do sábado 8 de xaneiro cos grupos de idade máster masculinos. Andrés Calvete, que a partir das 10:45 horas entrará en acción na carreira máster-40, será o único corredor da Selección de Galicia que tome parte nesta sesión.

Pola tarde chegará a quenda, ás 15:00 h., das mulleres máster e xunto a elas comparecerán as cadetes, categoría para a que o combinado autonómico seleccionou a cinco rapazas: María Filgueiras, Aroa Otero, Lorena Patiño, Iris Fernández e Marta Estévez.

 O programa do sábado pecharase cos cadetes masculinos (15:50 h.), unha carreira na que defenderán as cores da Federación Ciclismo Galego (FCG) sete rapaces: Tomás Pombo, Martín Díaz, Xoel Cidrás, Manuel Alonso, Mauro Vega, Santiago Otero e Gael García. O domingo concluirá o Campionato coas categorías juniors, sub23 e elites.

Sigue en liña a participación de Galicia no Campionato de España de CX

Mañá haberá streaming a partir das 15:00 horas A organización do campionato nacional, que corre a cargo do Club Ciclista Bicicletas Sanchis, proporcionará a través da produtora AM Son streaming en directo as probas de mañá, 8 de xaneiro sábado, pola tarde.

As persoas afeccionados ao ciclocrós poderán ver a carreira cadete feminina, que comezará ás 15:00 horas, e a competición cadete masculina, que se iniciará ás 15:50 h. As probas que se emitirán en streaming deste Campionato de España de Ciclocrós poderán gozarse a través da canle de Youtube do Ayuntamiento de Xátiva.. Toda a información sobre o Campionato de España Ciclocrós poderedes atopala a través do hashtag #CECXXativa22.

Etiquetas Aroa oterociclismociclocrossIrene TrabazoIris FernándezLorena PatiñoMaría FilgueirasMarta EstévezTeam Relay
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.