Empezaron con bo pé as futbolistas da Selección Galega Sub-15 que adestra Vicky Vázquez nesta fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que acolle o Concello de Arteixo, na Coruña. O campo de Pastoriza tivo unha boa entrada de público que acudiu a alentar ás nosas que venceron 1-3 á selección de Canarias.

O debú da Selección Galega Sub-15 debuta neste Campionato de España de Seleccións Autonómicas foi cunha boa imaxe ademais de con triunfo (1-3). Laurita, Ana Capelo e Minerva foron as goleadoras da Irmandiña Sub-15 na estrea das nosas no Campionato de España no campo de Pastoriza (Arteixo).
O primeiro partido desta fase foi un +3 para Galicia. A Selección Galega Sub-15 arrincou a primeira fase do Campionato de España de forma inmellorable, cunha solvente vitoria ante Canarias no choque inaugural do torneo. Cun campo de Pastoriza cheo ata a bandeira, con máis de 500 persoas nas bancadas, as nosas saíron con todo e deron o primeiro golpe para levar a primeira vitoria do torneo.
De inicio, o guión do encontro foi o esperado, con moito respecto entre as dúas seleccións e sen chegadas claras á área rival. Galicia abriu a lata no minuto 25 grazas ao tanto de Laurita, un auténtico golazo tras un erro do bloque canario.
De inicio, o guión do encontro foi o esperado, con moito respecto entre as dúas seleccións e sen chegadas claras á área rival. Canarias reduciu distancias no marcador un minuto máis tarde, pero o combinado de Galicia nunca viu perigar a vitoria.
A Selección Galega Sub-15 suma desta maneira os tres primeiros puntos do campionato e dá un paso de xigante para estar no Grupo Ouro da segunda fase.
O seguinte partido de Galicia será o domingo ante Extremadura
O combinado galego Sub-15 que adestra Vicky Vázquez xa pensa no choque do domingo. No mesmo escenario que onte venres e tamén á mesma hora (10.30 horas) terá como rival a Extremadura.

A adestradora de Galicia, Vicky Vázquez falaba tras o triunfo diante de Canarias e explicaba que “non o esperabamos. Contabamos cun rival bastante intenso e forte. Coido que estivemos bastante acertadas, bastante ben e atentas a cousas que viñamos adestrando. Ao final as cousas saíron como queríamos e o resultado foi ao noso favor. Agardaba un partido máis igualado e máis intenso. Fomos quen de interpretar o que podía necesitar o partido e solventalo. Non esperaba que estivese tan cheo o campo. Que animen é sempre un plus moi grande”.
Vicky Vázquez, adestradora da Selección Galega Sub-15, manifestaba tras o partido: “Contabamos cun rival bastante intenso e forte. Coido que estivemos bastante acertadas, bastante ben e atentas a cousas que viñamos adestrando. Ao final as cousas saíron como queríamos e o resultado foi ao noso favor. Agardaba un partido máis igualado e máis intenso”.
️
️ @Vicky_vk4 e Laurita valoran a vitoria (1-3) ante Canarias na primeira xornada do Campionato de España
• #SentindoGalicia • #GaliciaCanarias• pic.twitter.com/EOKialsDK9
— RFGF (@futgal) April 1, 2022
Pola súa parte a futbolista galega Laurita destacou as ocasións e o feito de “marcar nos primeiros minutos”. Sobre o empuxe da bancada arteixán bromeou co feito de que “non se escoitaba nada, nin a Vicky nin a nadie” de tanto que alentaban as seareiras e seareiros.
FICHA TÉCNICA
1) CANARIAS: Daniela, Ana, Marta, Thais, Elena, Raquel, Iratze, Yasmin, Gema, Naila e Yaretzi. Tamén xogaron Marta, Yisely, Sara, Natalia e Martina.
3) GALICIA: Antía, Sara Cuíñas, Elena, Noa, Minerva, Abril, Nara, Laurita, Luci, Capelo e Santos. Tamén xogaron, Nati, Luchi, Luita, Maca e Couso.
GOLES: 0-1, Laurita (min. 25). 0-2, Ana Capelo (min. 40). 0-3, Minerva (min. 68). 1-3, Iratze (min. 69).
ÁRBITRO: Alejandro García Mosquera.
INCIDENCIAS: Campo de Pastoriza. Campionato de España de Seleccións Autonómicas no que Galicia é anfitrioa.