• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Galicia, subcampioa de España no Team Relay do Campionato de España de Ciclocrós 2023

Catalunya venceu por diante do sexteto formado por Andrés Calvete, Xián Alvariño, Samuel González, Irene Trabazo, André Martínez e Miguel Rodríguez | A Comunidade Valenciana completou o podio nesta modalidade de remuda mixta

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/01/2023
en Máis Deporte, Sobre rodas
Selección Galega, subcampioa da remuda mixta Team Relay no Campionato de España de ciclocrós de Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Selección Galega, subcampioa da remuda mixta Team Relay no Campionato de España de ciclocrós de Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

63
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Os anfitrións impediron este venres que Galicia revalidara a súa coroa na proba Team Relay coa que se puxo en marcha o Campionato de España de Ciclocrós 2023 no circuíto barcelonés de Vic.

Catalunya fíxose co título na carreira de remudas por combinados autonómicos e o sexteto formado por Andrés Calvete, Xián Alvariño, Samuel González, Irene Trabazo, André Martínez e Miguel Rodríguez obtivo a segunda posición. A Selección Galega liderou ata a penúltima volta antes de resistir ante a Comunidad Valenciana na pugna final pola medalla de prata.

O arranque do Team Relay ratificou a candidatura do equipo da Federación Ciclismo Galego a acadar a súa terceira vitoria consecutiva nunha competición que non se celebrou nin no 2020 nin no 2021.

Selección Galega, subcampioa da remuda mixta Team Relay no Campionato de España de ciclocrós de Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO
Selección Galega, subcampioa da remuda mixta Team Relay no Campionato de España de ciclocrós de Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

O seleccionador Alberto del Río decantouse polo elite Samuel González como primeiro remudista e o corredor vigués rematou o seu xiro á par do sub23 Diego Ruiz de Arcaute da selección de Euskadi. A igualdade á fronte da proba rachouna o máster-40 Andrés Calvete a prol de Galicia e o primeiro posto momentáneo acadado polo especialista de Cambre conservouno no terceiro xiro ao circuíto o júnior ponteareán Xián Alvariño.

Irene Trabazo, espectacular na súa remuda do Team Relay galego

Ao ecuador da carreira chegouse coa Selección Galega cunha vantaxe de tres segundos respecto a Asturias. Os dous conxuntos tiñan como remudistas ás súas elites e nunha espectacular actuación a marinense Irene Trabazo despegouse da vixente campioa estatal Lucía González e ampliou a renda galega sobre o combinado do Principado ata os 19”, mentres que entre as dúas corredoras situouse o júnior catalán Carlos Gámez.

Irene Trabazo, coa Selección Galega, subcampioa da remuda mixta Team Relay no Campionato de España de ciclocrós de Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO
Irene Trabazo, coa Selección Galega, subcampioa da remuda mixta Team Relay no Campionato de España de ciclocrós de Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A diferenza no inicio da penúltima volta era de 5” favorable a Galicia, que cedeu o primeiro tras o adiantamento do sub23 Nil Solà ao júnior André Martínez. Malia medirse a un ciclista dunha categoría superior, o xuvenil porriñés non perdeu a roda do representante local.

A emoción disparouse na última remuda. Catalunya ía 1” por diante da defensora do título e avantaxaba en 5” á Comunidad Valenciana. O sub23 ponteareán Miguel Rodríguez conseguiu afastarse do elite valenciano Adrián Aranda, a quen bateu por unha decena de segundos, pero non puido coa explosividade do elite Jofre Cullell, olímpico en Tokyo 2020 na modalidade de XCO, e a selección catalá gañou cunha marxe de 9”.

Continúa o Campionato de España de ciclocróss cos cadete e máster

Despois de subir o pano co Team Relay, o Campionato de España de Ciclocrós céntrase dende este sábado nas probas individuais. A sesión matinal está reservada para as categorías masters masculinas, con Andrés Calvete lucindo de novo as cores do combinado autonómico ás 10:45 horas nos máster-40.

Pola tarde chegará a quenda das carreiras cadetes, a categoría que compón case ao 50% a convocatoria de Galicia. Ás 15:00 h. poranse en marcha as rapazas cadetes con Lorena Patiño, Alba Gregores, Iris Fernández e Alejandra Neira. Xunto a elas competirán as masters, con Marina González formando parte da Selección Galega e buscando revalidar a coroa máster-40 lograda o ano pasado.

Lorena Patiño, ciclista galega do XSM, vence a proba de Alcobendas da Copa de España de ciclocrós / RFEC
Lorena Patiño, ciclista galega do XSM, como gañadora da proba de Alcobendas da Copa de España de ciclocrós / RFEC

A continuación, ás 15:50 horas, comparecerán no circuíto de competición os rapaces da categoría cadete que desprazou para este Campionato de España de ciclocrós a Federación Ciclismo Galego. Galicia conta nesta categoría cun total de sete representantes que son os seguintes: Darío Buceta, Néstor Frías, Santiago Otero, Arón Lorenzo, Xián Alvariño, Raúl Puelles e Adrián García.

Etiquetas Campionato de EspañaciclismociclocrosCXCXOFederación Ciclismo GalegoIrene Trabazoremuda mixtaTeam RelayVic
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Alba Fernández, ouro junior no campionato de España de Pump Track / RFEC

A Selección de Galicia estréase no Campionato de España de Pump Track con dous ouros e dúas pratas

por Redacción As Nosas
24/10/2023
0

  O traballo dos clubs galegos para poñer en marcha esta temporada un calendario autonómico e federado de Pump Track...

Presentación do VI Ciclocrós Concello de Betanzos incluído na Copa Galicia, o acto contou coa presenza da alcaldesa María Barral; Ricardo Cheda, concelleiro de Deportes; José Manuel Pérez e Juan Carlos Díaz, secretario e tesoureiro do Caimanes Betanzos; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego / FCG

A Copa Galicia de Ciclocrós arranca en Betanzos e Ferrol cunha meteoroloxía que promete dureza e lama

por Redacción As Nosas
19/10/2023
0

  O Ciclocrós autonómico dará inicio ao seu certame esta fin de semana cunhas condicións meteorolóxicas dignas do inverno. Haberá...

Belén Toimil, ouro no lanzamento de peso no Campionato de España de atletismo ao aire libre 2023 / RFEA

Belén Toimil e Ana Peleteiro, campioas de España pero sen a mínima para o Mundial

por Redacción As Nosas
30/07/2023
0

  O atletismo feminino galego sumou hoxe dúas medallas máis no Campionato de España absoluto de aire libre que se...

Prata para Antía Chamosa e Carmen Sánchez Parrondo e bronce para Ester Navarrete no Campionato de España de atletismo ao aire libre 2023 / ATLETISMO GALEGO TW

Prata para Antía Chamosa e Carmen Sánchez Parrondo e bronce para Ester Navarrete no Campionato de España

por Redacción As Nosas
30/07/2023
0

  Xa van tres metais para atletas femininas galegas neste Campionato de España absoluto de aire libre á que acuden en...

Presentación proba carralesa da Copa Galicia XCM / CONCELLO DE CARRAL

A II Copa Galicia XCM chega a Carral coa intención de reunir uns 400 deportistas o 6 de agosto

por Redacción As Nosas
29/07/2023
0

  Carral xa ten data para celebrar a II Copa Galicia XCM: será o domingo, 6 de agosto. A proba,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Laurina, Dépor ABANCA, no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Laurina, do Dépor ABANCA, é baixa “por tempo indeterminado” para “coidar a súa saúde mental”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Laurina, Dépor ABANCA, no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Laurina, do Dépor ABANCA, é baixa “por tempo indeterminado” para “coidar a súa saúde mental”

01/12/2023
Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

30/11/2023
San Silvestre Coruña / SAN SILVESTRE CORUÑA

A San Silvestre Coruña impulsa unha campaña de recollida de alimentos

29/11/2023
Alicia Fernández coas Guerreras / ANZE MALOVRH / KOLEKTIFF

As Guerreras vencen a Kazajistán (34-17) con dous goles de Alicia Fernández

29/11/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.