Do 16 ao 18 de decembro, a cidade da Coruña acolleu a celebración da Fase Final da Liga Nacional de Karate do ano 2022. Os resultados obtidos polos karatecas galegos foron os seguintes:
- Uxía Folgueira González (ED Shihan): Ouro e Grand Winner en kumite infantil feminino -42 kg.
- Simón Cancelo Sánchez (San Francisco Teo): Prata e Grand Winner en kumite sub-21 masculino -60 kg.
- Xavier Santos Veiga (San Francisco Teo): Prata en kumite sénior masculino-67 kg.
- Ruth Lorenzo Couso (San Francisco Teo): Bronce en kumite sénior feminino-55 kg.
- Alejandro Felpeto Gesto (Karate-do Carballo): Bronce en kumite sénior masculino -84 kg.
- Carlos Felpeto Gesto (Karate-do Carballo): Bronce en kumite sub-21 masculino -75 kg.
- Adrián Barcia Mosquera (Bunkai): Bronce en kumite júnior masculino -68 kg
🏆 Aquí vos deixamos unhas imaxes da xornada de hoxe da final da 🥋 Liga Nacional de Karate, na que se dan cita case 900 deportistas.
👉 Na xornada de mañá pechará o evento a categoría sénior masculina.
📸 @manu_boutureira pic.twitter.com/FeqCLZxrHZ
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) December 17, 2022