• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Galicia cólgase dúas medallas cadetes para Yerai Peláez e Arantxa Gómez, mentres que Marco Veiga proclamáse subcampión de España elite de Enduro

Podios masters para Santos Lemos en 30 B e José Ernesto Camesella en 50 A

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/04/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Selección de Galicia enduro no Campionato de España coa seleccionadora Eva Castro / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Selección de Galicia enduro no Campionato de España coa seleccionadora Eva Castro / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

132
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Un Campionato de España especialmente complicado pola loxística e as características do terreo insular deixou un balance de cinco medallas para o Enduro galego.

En Puntallana, na illa tinerfeña de La Palma, a Selección de Galicia conseguiu o pasado sábado dous podios cadetes por medio de Yerai Peláez e de Arantxa Gómez, segundo e terceira respectivamente nas súas categorías, e os outros tres metais que se viñeron para Galicia acadáronos riders que representaron aos seus clubs: Marco Veiga (Ciclos Quintena) proclamouse subcampión elite, o mesmo posto ocupou Santos Lemos (Grupeta Pan de Zarko) nos máster-30 B e José Ernesto Camesella (Monteboi) colgouse o bronce nos máster 50 A.

Selección de Galicia enduro no Campionato de España coa seleccionadora Eva Castro / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO
Selección de Galicia enduro no Campionato de España coa seleccionadora Eva Castro / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

No seu primeiro Campionato de España como seleccionadora da Federación Ciclismo Galego (FCG), Eva Castro deu especial relevancia á xuventude e ao enduro feminino na confección da convocatoria para viaxar a territorio canario.

Esta dobre aposta materializouse en dúas medallas cadetes para Galicia. Yerai Peláez situouse segundo dende o primeiro dos tres treitos cronometrados e o corredor do Coruxo conservou esa praza ata o final, rematando a 35 segundos do gañador Nicolás Chirino (Canarias). O terceiro posto correspondeu a Diego López (Andalucía). Co paso dos parciais tampouco variou a posición de Arantxa Gómez, terceira de principio a fin. A rider do club OsdoSacho subiu ao caixón xunto a Zahara Sáez (Imeca Cycling) e á vencedora Candela Ruíz (Aragón).

O resto de categorías tiveron que realizar un tramo máis, un total de catro, que sumaban 10,1 quilómetros dentro do percorrido de 31,8 km. Nese itinerario a sorte non acompañou en exceso aos outros cinco riders da Selección de Galicia, especialmente aos tres juniors.

O que saíu peor parado foi o júnior Uxío Atrio. Unha caída no segundo TC provocoulle unha forte luxación no ombreiro dereito e tivo que ser trasladado ao hospital. Outro contratempo, neste caso mecánico, sufriuno André Martínez, ao romper o freo na primeira baixada. Puido continuar grazas a unha solución de urxencia empregando unha brida, pero co único obxectivo de completar o campionato. Pola súa banda, Hugo Rosendo asinou unha sólida actuación, logrando o segundo mellor rexistro júnior no terceiro treito, e rematou quinto.

Entre os dez primeiros tamén concluíron Alba Arias, cuarta na clasificación elite e sétima na absoluta feminina despois de lograr o mellor resultado parcial no último sector cronometrado, onde fixo terceira na súa categoría, e o sub23 David Fernández, oitavo no seu grupo de idade logo de irse dúas veces ao chan.

Subcampionato de Marco Veiga para Galicia

Con moita menos presenza de riders dos clubs de Galicia respecto ao que é o habitual no calendario estatal, debido á complexidade de desprazarse ata as Illas Canarias, o balance autonómico á marxe da Selección resúmese en tres medallas e varios postos de honra.

O naronés Marco Veiga exerceu de principal ameaza para o local Édgar Carballo (Canarias), terminando segundo na táboa absoluta e na elite. O canario revalidou o título marcando o mellor tempo scratch en todos os sectores e superando por 26 segundos ao do Ciclos Quintena.

Por terceira temporada consecutiva o corredor de Narón pisou o podio do Campionato de España de Enduro e a comarca de Ferrolterra contou con outro representante no top-10 elite ao meterse sétimo Kevin Méndez (Rocasport).

Selección de Galicia enduro no Campionato de España coa seleccionadora Eva Castro / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO
Selección de Galicia enduro no Campionato de España / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A historia repetiuse nos máster-30 B e un canario levouse a coroa estatal por diante dun galego. Santos Lemos tivo que conformarse coa medalla de prata no triunfo incontestable de Adal Capote, rider da selección anfitrioa e gañador cunha vantaxe de 2’35». Germán Lorenzo (A Forna) finalizou undécimo.

No outro grupo de idade máster con dobre presenza de corredores de Galicia, José Ernesto Camesella adxudicouse a terceira posición nos 50 A, por detrás do valenciano Víctor Atienza (Folgatel) e do novo campión José Mario Rodríguez (Canarias), mentres que Santiago Alonso, o seu compañeiro de equipo no Monteboi, acabou sexto. Nesa mesma posición, sexto, quedou Pablo López (Moto Bike) nos 40 B.

O calendario estatal de Enduro ten a súa seguinte gran cita esta vindeira fin de semana en Galicia, coa celebración en Moaña do Endurrazo, terceira cita da Copa de España 2023.

  • Máis información do Campionato de España de Enduro na RFEC
Etiquetas Alba AriasArantxa GómezCandela RuízciclismoenduroEva CastroSelección de GaliciaZahara Sáez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

por Redacción As Nosas
10/11/2026
0

O Superprestixio de Ciclocrós viviu unha fin de semana intensa e de dobres citas de alto nivel competitivo no ciclismo...

Copa Galicia 3H BTT Circuíto de Boiro / LUZ IGLESIAS

A Copa Galicia de BTT Resistencia 2027 xa ten calendario, 5 citas e o gran broche do Campionato en Camariñas

por Redacción As Nosas
03/11/2026
0

O circuíto autonómico de 3 horas de BTT volve á carga este mes de xaneiro coas mellores liñas de saída...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira, campioa do Mundo e de Europa na categoría junior

por Redacción As Nosas
09/10/2026
0

A ciclista santiaguesa Alejandra Neira é a primeira galega en ser campión/a do mundo de ciclismo, un logro que acadou...

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.