Galicia quere chegar ás semifinais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) de Fútbol Sala en categoría infantil e quere facelo en categoría masculina e feminina.
As Seleccións Galegas infantís de fútbol sala feminina e masculina xa coñecen aos seus rivais nas semifinais do Campionato de España que se está celebrando en Salou. Tanto Os Nosos como As Nosas certificaron durante a xornada o seu billete para a antesala da gran final tras superar a Andalucía (2-6) a masculina e a Aragón (5-0) a feminina.
As nosas, dirixidas polo dúo de adestradores que conforman Manuel del Castillo e María Bardanca, lograron a clasificación para as semifinais como segundas do seu grupo tras a vitoria ante Aragón.
O rival da Selección Galega feminina será Madrid e o choque terá lugar este xoves 14 de abril a partir das 12 horas. A outra semifinal enfrontará a Andalucía e a Cataluña.
A Selección de Galicia Infantil masculina
O combinado masculino que dirixe Gael Madarnas loitará por unha praza na gran final ante Baleares, informa a Federación Galega de Fútbol, a futgal. O encontro disputarase este xoves día 4 de abril ás 10 horas. A outra semifinal enfrontará a Cataluña e Ceuta.