• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Galicia regresa do Campionato de España Sub-18 con 12 medallas

A expedición galega en Castelló estivo formada por 56 atletas | Aitana Capeáns, dobre campioa de España nas probas de peso e disco,

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/07/2026
en Máis Deporte, Atletismo
A lanzadora de Galicia Aitana Capeáns / RFEA SPORTMEDIA

A lanzadora galega Aitana Capeáns / RFEA SPORTMEDIA

19
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O atletismo galego volveu deixar unha pegada fonda no panorama estatal grazas á extraordinaria actuación protagonizada pola súa canteira no Campionato de España Sub-18, disputado esta fin de semana en Castelló. A expedición de Galicia, formada por 56 atletas, regresou cun balance espectacular de 12 medallas (oito ouros, tres pratas e un bronce), 15 postos de finalista e catro récords de Galicia, nun campionato que confirma, unha vez máis, o excelente momento de saúde do noso atletismo de base e o prometedor futuro que agroma con forza en Galicia.

Canteira: ‘Galicia Calidade’

Os resultados acadados en Castelló non son froito da casualidade, senón o reflexo do gran traballo que se vén desenvolvendo desde hai anos nos clubs, nas escolas e no conxunto da estrutura do atletismo galego.

A actuación das nosas e dos nosos atletas neste Campionato de España Sub-18 supón unha magnífica mostra do talento, da ambición competitiva e da progresión dunha xeración chamada a seguir levando o nome de Galicia ao máis alto.

Entre as grandes protagonistas do campionato dentro da expedición de Galicia destacou a lanzadora do SaniSec-Ourense Aitana Capeáns, que asinou unha actuación memorable ao proclamarse dobre campioa de España nas probas de peso e disco, con marcas de 15.38 e 42.01 metros, respectivamente. A atleta bañense continúa a súa progresión imparable e consolídase como unha das grandes dominadoras estatais do sector de lanzamentos.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Aitana Capeáns (@aitana_capeans)

No fondo, outra das referencias do campionato foi Sabela Castelo, do Sanisec-Ourense, quen volveu demostrar a súa enorme autoridade nos 3.000 metros. Despois do título conquistado na tempada indoor, a atleta galega repetiu ouro ao aire libre cun rexistro de 9:50.27, superando en máis de cinco segundos á segunda clasificada. Na mesma distancia, Alejandro Santos Adrover completou unha excelente actuación ao facerse coa medalla de prata grazas a un gran tempo de 8:25.07.

No sector dos valos, o nome propio foi o de Mauro Seguín, que continúa a confirmar unha progresión espectacular nos 400 metros valos. O atleta galego proclamouse campión de España cun rexistro de 50.51, unha marca que supón ademais un novo récord galego sub18 e que o sitúa entre os grandes valores emerxentes da especialidade.

Tamén nos valos curtos chegou outro dos grandes resultados do campionato da man de Guillermo Piñeiro, da Gimnástica, que asinou unha competición sobresaliente. O atleta galego lograba nas semifinais o mellor tempo, rexistro que xa supuña un novo récord galego e lle daba o pase á final. Na loita polas medallas volveu superarse para deixar a nova plusmarca galega en 13.41, acadando a medalla de prata e cedendo unicamente ante o vencedor da proba, que chegou a establecer o récord de España.

Na proba raíña da velocidade, os 100 metros lisos, emerxeu con forza a figura de Mateo Refojo, un dos nomes a seguir moi de preto no atletismo galego. O velocista do Rías Baixas logrou meterse nunha final de altísimo nivel e, unha vez nela, parou o crono en 10.81, marca que lle valeu un extraordinario subcampionato de España e unha nova mellor marca persoal.

Galicia, protagonista tamén no medio fondo

Se a velocidade deixou grandes noticias, o medio fondo confirmou que esta disciplina segue a falar con acento galego. Nos 1.500 metros, tanto en categoría masculina como feminina, Galicia asinou un brillante dobrete de ouro que reforza o enorme nivel competitivo da nosa canteira, segundo informa a Federación Galega de Atletismo. 

Na categoría masculina, Xoel Franco, do Celta Atletismo, protagonizou unha carreira intelixente e de enorme madurez táctica. O atleta galego soubo ler á perfección o desenvolvemento da proba e impúxose nunha emocionante chegada para proclamarse campión de España cun tempo de 4:01.04.

Na categoría feminina, a tamén atleta do Sanisec-Ourense Irma Veiguela completou unha actuación soberbia. Correndo con personalidade, valentía e unha gran xestión dos tempos de carreira, logrou o título de campioa de España cunha marca de 4:29.11, que supón ademais a súa mellor marca persoal e a confirmación do seu enorme potencial.

Saltos, marcha e obstáculos: máis talento para o futuro

Nos saltos, segue medrando con paso firme Bruno Castro, do Coruña Comarca, un dos nomes con maior proxección do atletismo galego. Despois de brillar na pista cuberta, volveu exhibir a súa enorme calidade no triplo salto, onde se proclamou campión de España cunha magnífica marca de 15.28 metros, novo tope persoal e triunfo incontestable.

A marcha volveu achegar outra alegría ao atletismo galego da man de Natalia González, do Celta Atletismo, que logrou a medalla de bronce nos 5.000 metros marcha. A atleta galega completou unha gran actuación e baixou por primeira vez da barreira dos 25 minutos, rematando en 24:59.52, nun rexistro que reafirma a boa saúde desta especialidade en Galicia.

Nos obstáculos chegou tamén outro dos títulos do campionato, desta vez por medio de Pablo Vázquez, do Atletismo Narón, que se proclamou campión de España cun excelente rexistro de 5:42.12. A marca supón, ademais, un novo récord galego, e confirma a consolidación dun atleta chamado a ser unha das grandes referencias futuras da disciplina.

Cómpre salientar igualmente a actuación de Joel Santana no decatlón, onde conseguiu un novo récord galego ao sumar un total de 6.293 puntos, resultado que lle permitiu ademais finalizar na sexta posición e entrar entre os finalistas do campionato.

Ademáis lograron pstos de finalistas os seguintes atletas de Galicia: Laura Pereira do Ben-Cho-Shey en xavelina; Mateo Valcarce do ADAS CUPA nos 5000 mcha. Javier Cid do Sanysec-Ourense en martelo; Beltrán Rivas do At. Deza nos 110 valos; Jimena Outes do Coruña Comarca nos 800 m.; Lidya Valdés do At. Sada en martelo; Mario Lorenzo do Sanysec-Ourense nos obstáculos; Sergio Gil do Celta At. e Sara Faraldo do At. Sada en altura; Miguel A López do Celta At en peso e disco e Sabela Vázquez do Sanysec-Ourense en peso.

Un futuro ilusionante para o atletismo de Galicia

Máis alá do extraordinario medalleiro, do número de finalistas ou dos récords acadados, o gran valor deste Campionato de España Sub18 está na imaxe que deixa o atletismo galego  de contar cunha canteira sólida, competitiva e con enorme proxección de futuro. O rendemento exhibido en Castelló é a mellor proba do bo traballo que se está a facer desde a base e da capacidade do atletismo galego para seguir xerando talento en todas as disciplinas e modalidades.

O vivido esta fin de semana non é só unha colección de éxitos presentes; é, sobre todo, unha firme declaración de futuro. O atletismo galego medra, compite e ilusiona, apoiado nunha xeración de atletas que xa é realidade e que invita a mirar con enorme optimismo ao mañá do noso deporte.

  • Resultados do Campionato de España Sub-18
  • Galería de fotos da RFEA (Sportmedia)
Etiquetas Aitana CapeánsatletismoIrma VeiguelaNatalia GonzálezSabela Castelo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.