• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

A expedición galega estará conformada por 64 persoas entre xogadores, xogadoras e corpos técnicos, consolidándose como unha das delegacións internacionais máis numerosas da cita

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/07/2026
en Fútbol, Máis fútbol
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

57
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario desta modalidade deportiva: os World Games. 
  • Do 13 ao 17 de xullo xuntaranse uns 2.000 deportistas de cinco continentes no que será unha enorme celebración do deporte e da cultura gaélica. 
  • A AGFG puxo en marcha un Crowdfunding para custear o desprazamento e tamén conseguiu o apoio de institucións como Turismo de Galicia, Deporte Galego, Real Federación Galega de Fútbol, e diferentes empresas entre as que cómpre destacar a PuntoGal. Ademais vaise facer promoción da provincia da Coruña da man da Deputación.

Galicia competirá nos World Games 2026 de fútbol gaélico. A competición terá lugar do luns 13 ao venres 17 de xullo na localidade irlandesa de Waterford. Catro seleccións galegas (dúas femininas, e dúas masculinas) estarán loitando con equipos chegados de cinco continentes. Galicia é unha das poucas seleccións que estiveron en todas as edicións desta competición o que dá conta da importancia da modalidade no noso territorio e da proxección internacional das nosas seleccións.

Arredor de 2.000 deportistas tomarán parte nestes World Games 2026 que convertirán Waterford no epicentro do fútbol gaélico e da cultura gaélica no ámbito internacional.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Acontravento (@acontravento)

Asociación Galega de Fútbol Gaelico (AGFG) envía unha delegación composta por 64 integrantes entre futbolistas e corpos técnicos. Viaxan 14 futbolistas por equipo, 2 reservas, 4 técnicos e 2 persoas do staff. Será unha das máis numerosas dando conta da fortaleza que o fútbol gaélico ten acadado no noso territorio na última década. Esta disciplina medrou en resultados deportivos e practicantes. O traballo realizado desde as Gaélico Escolas PuntoGal achegou o fútbol gaélico a novas xeracións garantindo unha remuda xeracional nesta disciplina e o posicionamento de Galicia como un referente do fútbol gaélico fóra de Irlanda.

Baixo o nome Galicia A competirán uns futbolistas e coa denominación Galicia B outros. En ambos os dous casos búscase acadar a mellor clasificación posible, pero o enfoque dos equipos B, tanto no caso masculino, coma no feminino, estará máis orientado á formación, primando unha mestura de perfís de deportistas veteráns e outros máis novos que constitúan unha aposta de futuro.

Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO
Imaxe de arquivo da Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións galegas partirán de Santiago de Compostela o sábado 11 cara a Dublín, onde farán noite. Xa o domingo, trasladaranse a Waterford e o luns comezarán osWorld Games 2026 de fútbol gaélico. A maior parte da competición disputarase nas instalacións da South East Technological University (SETU Waterford – Carriganore), mentres que as finais celebraranse no histórico Walsh Park, un dos estadios máis emblemáticos dos deportes gaélicos en Irlanda.

Estas son as convocatorias dos equipos masculinos e femininos de Galicia para os World Games 2026 de fútbol gaélico.

SELECCIÓN MASCULINA GALEGA

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Gaélico Galego (@gaelicogalego)

GALICIA A

Corpo técnico

  • David de la Torre

Xogadores

  1. Mateo Fernández (Estrela Vermelha)
  2. Pablo Mascareñas (Estrela Vermelha)
  3. Gábor Pazos (Estrela Vermelha)
  4. Adrián Ambrosio (Keltoi GAC)
  5. Borja González (Keltoi GAC)
  6. Pablo Bermejo (Keltoi GAC)
  7. Víctor Mera (Estrela Vermelha)
  8. Iago Couso (Estrela Vermelha)
  9. Brais García (Keltoi GAC)
  10. Ismael Méndez (Turonia GFG)
  11. Adriano Quiroga (Estrela Vermelha)
  12. Samuel Lagoa (Estrela Vermelha)
  13. Santi Rodríguez (Auriense)
  14. Roi Mira (Estrela Vermelha)

GALICIA B

Corpo técnico

  • David de la Torre

Xogadores

  1. Quim Fabrés (Keltoi GAC)
  2. Raúl Barreiro (Keltoi GAC)
  3. Diego Rama (Estrela Vermelha)
  4. Lois García (Keltoi GAC)
  5. Pablo Durán (Turonia GFG)
  6. Adrián Rey (Estrela Vermelha)
  7. Martín Giao (
  8. David Dios (Keltoi GAC)
  9. Bruno López (Fillos de Breogán)
  10. Noé Asensio (Turonia GFG)
  11. Julio Docampo (Keltoi GAC)
  12. Ismael Pereira (Keltoi GAC)
  13. Cristian Costas (Turonia GFG)
  14. Alexandre Louzao  (Estrela Vermelha)

SELECCIÓN FEMININA GALEGA

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Gaélico Galego (@gaelicogalego)

GALICIA A

Corpo técnico

  • Pablo da Silva
  • Juan Fernández

Xogadoras

  1. Silvia Álvarez (Turonia GFG)
  2. Loreto Alonso (Grovias)
  3. Ánxela Estévez (Estrela Vermelha)
  4. Vicky Estévez (Auriense)
  5. Iria Labandeira (Auriense)
  6. Eva Lago (Fillas de Breogán)
  7. Sara López (Fillas de Breogán)
  8. Laura Nercellas (Estrela Vermelha)
  9. Vanesa Puente (Fillas de Breogán)
  10. Alba Rodríguez (Auriense)
  11. Emma Rojas (Estrela Vermelha)
  12. Leti Zapata (Fillas de Breogán)
  13. Antonella Larrascq (Turonia GFG)
  14. Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermelha)

GALICIA B

Corpo técnico

  • Pablo da Silva
  • Juan Fernández

Xogadoras

  1. Caridad de Santiago (Grovias)
  2. Antía Iglesias (Lavandeiras de San Simón)
  3. Rocío Aldrey (Estrela Vermelha)
  4. Noa Alonso-Macías (Grovias)
  5. Cloe Amor (Auriense)
  6. María Arias (Auriense)
  7. María Estrada (Grovias)
  8. Lucía Fernández (Auriense)
  9. Alex Figueroa (Turonia GFG)
  10. Sara Lomba (Grovias)
  11. Nicolle Lugo (Auriense)
  12. Aldara Montero (Fillas de Breogán)
  13. Uxía Otero (Estrela Vermelha)
  14. Lourdes Rey (Estrela Vermelha)

Así será o sistema de competición dos World Games

As nosas seleccións competirán na categoría “International”. As dúas Galicia A farano na primeira división, mentres que os combinados Galicia B competirán na segunda división. Os World Games 2026 de fútbol gaélico estrutúranse en termos competitivos do seguinte xeito:

Masculino División 1

Consta de dous grupos de 5 equipos. O gañador de cada grupo avanzará directamente a semifináis. O 2º e 3º clasificados xogarán entre eles un partido de cuartos de final polos postos restantes nas semifináis. O 4º e 5º avanzarán ás semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo A dos World Games 2026 de fútbol gaélico. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/masculino

Masculino División 2

Haberá dous grupos de 6 equipos. O gañador de cada grupo avanzará directamente a semifináis. O 2º e 3º clasificados xogarán entre eles un encontro de cuartos de final polos postos restantes nas semifináis. O 4º avanzará ás semifináis Shield. O 5º e 6º xogarán entre eles uns “cuartos de final” polos outros postos das semifináis.

Galicia competirá no grupo A dos World Games 2026 de fútbol gaélico. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/masculino/

Seleccións Galegas feminina e masculina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO
Imaxe de artivo das Seleccións Galegas feminina e masculina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Feminino División 1

Os conxuntos participantes repártense en dous grupos, grupo A con 5 equipos e grupo B con 4 equipos. 1º e 2º do grupo A, e 1º do grupo B, avanzan a semifináis. 3º grupo A vs 2º grupo B como cuartos de final. 4º e 5º grupo A e 3º e 4º de grupo B xogarán as semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo B dos World Games 2026 de fútbol gaélico. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/feminino/

Feminino División 2

Nesta categoría dos World Games 2026 de fútbol gaélico haberá dous grupos, grupo A con 4 equipos e grupo B con 5 equipos. 1º e 2º do grupo B, e 1º do grupo A, avanzan a semifináis. 3º grupo B vs 2º grupo A como cuartos de final. 4º e 5º grupo B e 3º e 4º de grupo A xogarán as semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo B dos World Games 2026 de fútbol gaélico. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/feminino/

Un crowdfunding para custear o desprazamento de Galicia

 Asociación Galega de Fútbol Gaelico (AGFG) puxo en marcha a iniciativa . Crowdfunding World Games 2026 para recadar cartos que permitiran custear o desprazamento das 64 persoas que integran a delegación galega. Acudir á competición supón un importante desafío económico.

Grazas á colaboración da marca galega Acontravento, a campaña contou con diferentes recompensas relacionadas coa roupa oficial da selección galega de fútbol gaélico.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Acontravento (@acontravento)

A resposta da comunidade do gaélico galego a esta proposta foi significativa, chegando a acadarse unha cifra próxima aos 14.000 euros sumando o programa de empresas amigas.

Esta iniciativa busca construír unha ampla rede de colaboración arredor dun proxecto que representa valores como o traballo colectivo, a igualdade, a inclusión, o compromiso co deporte de base e a promoción da lingua e da cultura galega.

Ademais, de cara á participacion nos World Games 2026 de fútbol gaélico, cóntase co apoio de institucións como Turismo de Galicia, Deporte Galego e a Real Federación Galega de Fútbol, así como da firma PuntoGal . Neste desprazamento, a expedición galega fará promoción da provincia da Coruña da man da Deputación.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Gaélico Galego (@gaelicogalego)

Que é a AGFG?

A Asociación Galega de Fútbol Gaelico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

Etiquetas AGFGAsociación Galega de Fútbol GaélicoFútbol Gaélicoselección galega
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Seleccións Galegas de fútbol gaélico nos World Games 2026 desfile / AGFG

Galicia regresa dos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con tres trofeos

por Redacción As Nosas
17/07/2026
0

Tres dos catro equipos que presentaba Galicia aos World Games 2026 de fútbol gaélico conseguiron cadansúa final. Pablo da Silva,...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Foto de arquivo da copa galega 2026 feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

O municipio de Xove acolle á I Celtic Cup U17 de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

Trátase da primeira competición desta categoría de base do fútbol gaélico en territorio galego. Unha alerta vermella por altas temperaturas...

Selección Galega de Fútbol sala Sub-16 / RFGF

Coñece as convocatorias da Selección Galega Absolutas de fútbol sala, feminina e masculina, para os amigables con Cataluña que se celebran en Lugo

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A Real Federación Galega de Fútbol fixo públicos os nomes das e dos futbolistas que defenderán a camiseta da Selección Galega...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.