• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Galicia acolle a fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán

Redondela e Bueu serán as sedes da competición que xuntará aos oito mellores equipos de España entre os que estarán os conxuntos galegos: SAR Rodavigo e Lapamán Área de Servizo Bueu Atl. Balonmán

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/05/2025
en Balonmán, Máis balonmán
Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

39
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Esta tarde, ás 17:00 h, tivo lugar na Casa do Deporte de Vigo a presentación oficial do Top 8, a Fase Final do Campionato de España de Balonmán en categoría infantil feminina, que se celebrará do 29 de maio ao 1 de xuño nas localidades pontevedresas de Redondela e Bueu.

O acto contou coa presenza do secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, da vicepresidenta Segunda e Deputada de Deportes, Economía e Impulso ao Emprego da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, do concelleiro de Deportes de Bueu, Ricardo Verde, así como do presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, do presidente do Bueu Atlético Balonmán, Manuel Castro, e do presidente da Sociedade Atlética Redondela, Lito Krook.

Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA
Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

Tamén acudiron os dous equipos galegos clasificados para esta fase final, oLapamán Área de Servizo Bueu Atl. Balonmán e a SAR Rodavigo, acompañados polas súas familias e membros das súas directivas.

O campionato reunirá aos oito mellores equipos de España na categoría infantil feminina:

  1. Handbol Gavà Blau
  2. Eskubaloia Basauri
  3. Atticgo Bm Elche
  4. Fundació Handbol Sant Vicenç
  5. IFEM CBM
  6. AEH Les Franqueses
  7. Lapamán Área de Servizo Bueu Atl. Balonmán
  8. SAR Rodavigo

O Campionato de España de Balonmán en categoría infantil feminina regresa a Galicia tras a edición de 2022, organizada polo Club Balonmán Cangas e a A.D. Carballal. Nesta ocasión, é froito da colaboración entre a Federación Galega de Balonmán, os clubs Bueu Atlético Balonmán e Sociedade Atlética Redondela, e o apoio institucional da secretaría Xeral para o Deporte, da deputación de Pontevedra e dos concellos de Bueu e Redondela.

Durante as intervencións, as autoridades destacaron o orgullo de contar con dous representantes galegos nesta fase final, o enorme esforzo realizado por xogadoras, técnicos e familias ao longo da tempada, e a importancia da cooperación entre administracións públicas e clubs para facer posible este evento de primeiro nivel en Galicia.

Durante a presentación desta fase final do Campionato de España infantil feminino,  José Ramón Lete Lasa asegurou que dende mañá mesmo ata o vindeiro domingo, Bueu e Redondela converteranse no epicentro estatal da base desta modalidade deportiva e desexou sorte a todos os equipos participantes: Handbol Gavá Blau, AEH Les Franqueses e Fundació Handbol Sant Vicenç de Cataluña; Eskubaloia Basauri de Euskadi; Ifem CBM de Andalucía; Atticgo BM Elche da Comunidade Valenciana; e, especialmente, aos dous equipos galegos, o SAR Rodavigo de Redondela e o Lapamán Área de Servicio Bueu Atlético BM, indicando que “xa é todo un éxito que xoguen esta fase final entre as mellores do país”.

Lete Lasa, xunto a representantes dos dous equipos galegos que participarán na fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán:SAR Rodavigo de Redondela e o Lapamán Área de Servicio Bueu Atlético Balonmán / XUNTA DE GALICIA SAR BALONMÁN
Lete Lasa, xunto a representantes dos dous equipos galegos que participarán na fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán:SAR Rodavigo de Redondela e o Lapamán Área de Servicio Bueu Atlético Balonmán / XUNTA DE GALICIA SAR BALONMÁN

Guardés e Porriño, dous exemplos para a base do balonmán

Para todas as rapazas asistentes á presentación, o secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia puxo como exemplo os dous equipos galegos da Liga Guerreras Iberdrola, o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Zendal Porriño BM, dous equipos de “absoluta moda” que xogaron a final da Copa Europea de Balonmán EHF en 2023 e 2025.

Lete Lasa: “O deporte feminino galego está medrando exponencialmente nos últimos anos polo que podedes poñeros metas tan ambiciosas como desexedes, porque as mulleres estades conquistando lugares aos que nunca antes se tiña chegado”

No caso do Porriño que vén de acadar ese subcampionato tras eliminar a cinco equipos de cinco países diferentes, José Ramón Lete Lasa destacou ás xogadoras que se formaron na base galega como Sarai Sanmartín, Alicia Campo, Aitana Santomé, Iria Benaches, Aroa Fernández, Marta Martínez ou Andrea Fernández. “O deporte feminino galego está medrando exponencialmente nos últimos anos polo que podedes poñeros metas tan ambiciosas como desexedes, porque as mulleres estades conquistando lugares aos que nunca antes se tiña chegado”, sentenciou.

O mandatario galego destacou a importancia da base e, nomeadamente, nesta modalidade deportiva que é a terceira federación con máis rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos, tan só por detrás de fútbol e baloncesto, estando estas tres entidades federativas adheridas ao Programa Xogade da Xunta de Galicia.

Etiquetas balonmánFederación Galega de Balonmán
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.