De “excelente comportamento” cualifican desde a Federación Galega de Atletismo á actuación das e dos atletas que integraron a Selección Galega Sub-16 de atletismo que tomaron parte no Campionato de España por Comunidades Autónomas do CSD
As nosas e os nosos lograban en ambas categorías unha un moi boa sexta posición para a Selección Galega Sub-16 de atletismo dun total de dazaoito equipos participantes con triunfos finais para os combinados catalán na masculina e andaluz na femenina.
Por parte da Selección Galega Sub-16, Nerea Martínez nos 100 m. con 12.78 lograba un moi boa segunda posición, destacando tamén os rexistros na especialidade dos 300 valos de Leo Rodríguez con 40.32 e de Celia Fernández nos 100 valos con 15.33, segundo e terceira respectivamente.
A proba dos 600 m. contou con dobre presenza galega no segundo posto do podio por parte de Celia Castro con 1:37.62 na categoría femenina e de Daniel Salgueiro con 1:24.56 na masculina
Outra das especialidades onde os nosos representantes de Galicia Sub-16 lograron bos rexistros foi os 3.000 m. con Amparo Corredoira e Teo de Frutos entrando na línea de meta no cuarto lugar moi preto dos metais.
Segundo posto da remuda 4x100m feminina no Campionato España Sub-16 en pista
Estivo moi ben a actuación dos equipos de remudas cun segundo lugar para o cuarteto que disputou a proba dos 4×100 feminino que estivo conformado polas atletas: Marta Caamaño, Nerea Martínez, Celia Fernández e Valeria González. Tamén cabe subliñar o terceiro posto acadado pola remuda masculina da proba dos 4×300 m integrada polos atletas: Hugo Couñago, Leo Rodríguez, Daniel Salgueiro e Antón Cillero.
Por último, non menos destacadas foron as segundas posicións tanto de Gema Dacosta que estivo ao fronte da proba de peso ata o último lanzamento, como de Mar Simón en disco con 43.75 m. e que nada poido facer ante o récord do campionato da gañadora cántabra de 45.56 m.
No resto de actuacións neste Campionato de España por Comunidades Autónomas do CSD Sub-16 cabe salientar os postos de finalista logrados por Sabela Martínez e Asahber Díaz nos 1.000 m.; Valeria González e Simón Novoa en lonxitude; Aixa Corbacho en martelo; Enrique Polo en pértega; Eloy Acuña en peso; Sergio Fernández en disco; Andrés González nos 5.000 marcha; Martina Gutiérrez en altura; Marina Artemia en triplo; Antía Otero en xavelina; Julia Fernández e Antón Cillero nos 300 m. e Lucas Huertas nos 100 v.