• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Galicia, segunda na Copa de España Júnior de Taekwondo

A expedición galega regresou de Benidorm con 17 medallas nesta categoría, nove delas, femininas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/04/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Galicia Selección Galega junior / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Selección Galega junior / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

290
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As nosas seleccións galegas (feminina e masculina) conseguiron éxitos na Copa de España da categoría júnior de taekwondo que se celebrou en Benidorm. En total, as e os deportistas lograron 17 medallas (5 ouros, 4 pratas e 8 bronces) e Galicia logrou a segunda posición na clasificación xeral por equipos na categoría feminina.

Copa de España de Taekwondo / FETAEKWONDO
Copa de España de Taekwondo / FETAEKWONDO

Na categoría feminina, as nosas deportistas acadaron a segunda posición na clasificación xeral por equipos, cun total de 9 medallas (3 ouros, 3 pratas e 3 bronces), segundo informa a Federación Galega de Taekwondo.

Final galega nos -62 kg con Cloe Iglesias e Irene Montemuíño

En -62 quilogramos tivemos final galega. Cloe Iglesias (Patiño) volveu amosar as súas credenciais e venceu con absoluta rotundidade. En cuartos de final enfrontouse a Nerea Portillo (2-26, para a galega); en semifinais a Neus Valdebuena (2-23) e na final veuse as caras coa súa compañeira de selección, Irene Montemuíño (Natural Sport Ribeira), á que tamén superou con claridade (3-18).

Pola súa banda, Irene, para plantarse na final con Cloe, tivo que vencer á catalá Julia Fernández (23-2) e a Lisette Cintado (19-13). Ouro e prata galegas neste peso.

Máis ouros galegos femininos na Copa de España

Ainhoa García (Couto) mostrou a súa superioridade en -68 quilogramos. A galega non tivo oposición. Gañou a Mariam Calvo (Melilla) por 0-7; na semifinal eliminou a Martina Campo (Navarra) por 12-1 e na final deu conta de Inés de Benito por 0-11.

O terceiro ouro feminino galego foi para Nuria Cernadas (Natural Sport Ribeira) no peso pesado. Tres combates para a galega e outros tantos triunfos. Superou á galega Helena García en cuartos (10-7), en semifinais á andaluza Julia Perales (6-3) e na final á tamén andaluza Yasmina Deniz (0-3).

En -55 quilogramos, Yadira Reimúndez (Mat´s) logrou a medalla de prata tras gañar tres combates e perder a final. Eliminou a Judith Palacios (23-9), Maider Jiménez (Navarra) por 22-0 e na semifinal a Nerea Fernández no punto de ouro. Na final, non puido coa húngara Ivana Martón (7-3).

Prata da galega María Ferreira na Copa de España de Taekwondo / FETAEKWONDO
Prata da galega María Ferreira na Copa de España de Taekwondo / FETAEKWONDO

A terceira prata galega foi para María Ferreiro (Couto) en -49 quilogramos. Cómodo triunfo fronte a Marta Comas (Baleares) por 4-24; posteriormente superou a Lucía Martínez (29-8) e a Erika Babiana (Cataluña) por 12-21. Perdeu na final ante Elsa Hernández.

Tres bronces para as galegas

E tamén houbo tres bronces galegos. Iria Seijo (-52, Patiño) venceu nos cuartos á galega Sara Pena (15-5) e perdeu en semifinais contra Laura Rodríguez. Pola súa banda, Carla Diéguez (-42, Boud Sport) logrou o bronce ao eliminar en cuartos a Silvia Otero (7-5), pero non puido con Sofía García, que finalmente acadou a medalla de ouro.

E rematamos co terceiro bronce feminino da expedición de Galicia. O metal correspondeu a Vanesa Roo (Natural Sport) tamén en -42 quilogramos. Vanesa gañou a Marta Báez (13-14) e perdeu ante Marta Rodríguez (25-4). Na categoría masculina tivemos un total de oito medallas (2 ouros, 1 prata e 5 bronces).

Dous ouros, unha prata e 5 bronces masculinos para Galicia 

Polo que respecta á representación galega na Copa de España Júnior, Sergio Troitiño (Mat´s) proclamouse vencedor no peso pesado. O galego superou catro combates para poder facerse coa primeira posición. Así venceu a Juan Francisco Castro (18-9) e Daniel Ortuño (0-13) nas primeiras eliminatorias. En semifinais gañou de forma clara tamén a Jorge Mallo (14-5) e rematou a súa estelar actuación contra Marcos Bailez por 20-0.

O segundo ouro galego foi para Javier Otero (-45 quilogramos, Kae Sport), que comezou a súa competición enfrontándose ao galego Anxo Vidal, ao que superou por 20-8. Na semifinal eliminou con claridade a Emanuel Segado e na final tamén foi moi superior a Rubén Navarro (18-11). Ouro para o noso deportista.

Galicia na Copa de España de Taekwondo / FETAEKWONDO
Galicia na Copa de España de Taekwondo / FETAEKWONDO

Adrián Salanova (Maniotas-Noia) logrou a medalla de prata en -68 quilogramos, despois de superar a Enric Salvador (3-23) e Adrián Villa (6-19). Así, con esta facilidade logrou plantarse na final onde esperaba o representante da Federación Catalana, Marcos Aguilar. Foi un combate moi disputado ata o último segundo, no que o catalán logrou poñerse por diante para vencer a final (14-13).

Ademais, houbo cinco bronces da Selección de Galicia na categoría masculina. Martín Conde (-73, Couto) logrou a medalla tras vencer nos cuartos ao catalán Arnau Fumado (6-7), pero perdeu na semifinal contra Juan Antonio Milán (Murcia), que foi quen se proclamou campión.

Samuel Méndez (-63, Maniotas-Noia) venceu en cuartos a Iker Abad nun fermoso combate (15-12), pero perdeu en semifinais ante Nicolás Jiménez (Andalucía) tamén de forma moi axustada (3-6). Diego Álvarez (-59, Taekwondo Sada) superou a Nicolás Sánchez (Valencia) por 15-9 e nos cuartos a Jorge Milán (Murcia) por 11-9. Na loita por entrar na final caeu ante Jesús Fraile, que foi quen acadou o ouro finalmente.

As cadetes galegas, campioas na Copa de España de Taekwondo

Revive a Copa de España Júnior de Taekwondo

Copa de España Junior Pista 1

Copa de España Junior pista 2

Copa de España Junior pista 3

Copa de España Junior pista 4

Copa de España Junior pista 5

Copa de España Junior pista 6

Etiquetas BenidormCopa de Españataekwondo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Podio da Ruta do Lacón dentro da Copa de España de Cross Country Maratón (XCM) coas galegas Lara Lois e Tamara Seijas / LUZ IGLESIAS

Natalia Fischer imponse por diante de Lara Lois e Tamara Seijas na Ruta do Lacón

por Redacción As Nosas
19/05/2025
0

  Coa mirada posta no Campionato de España que se celebra en León o vindeiro domingo, este pasado sábado 17...

Selección de Galicia de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Galicia proclámase campioa do Open de España de técnica e freestyle de taekwondo

por Redacción As Nosas
05/04/2024
0

  Galicia proclamouse en La Nucía (Alacante) campioa do Open de España nas modalidades de técnica e freestyle de taekwondo....

XVIII Copa Cidade da Coruña de Taekwondo / CONCELLO DA CORUÑA

A Copa Cidade da Coruña de Taekwondo xuntará uns 1.000 deportistas esta fin de semana no Coliseum

por Redacción As Nosas
07/02/2024
0

  O Coliseum da Coruña acollerá esta fin de semana a XVIII Copa Cidade da Coruña de Taekwondo, que contará...

Alma Pérez acada o bronce na Universiada / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A taekwondista galega Alma Pérez, bronce na Universiada

por Redacción As Nosas
04/08/2023
0

  A taekwondista galega Alma Pérez (-53, Suh Sport) acadou a medalla de bronce nos Xogos Mundiais Universitarios, que se están...

Gala do Taekwondo galego 2022 / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Monforte acolleu a Gala do Taekwondo Galego 2022

por Redacción As Nosas
30/07/2023
0

  O sábado 29 de xullo celebrouse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos a Gala do...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.