• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Galicia, primeira na xeral do Campionato de España júnior de taekwondo

A nosa comunidade acadou 6 ouros, 3 pratas e 3 bronces | Na cita estiveron tamén os árbitros galegos Yago Bernárdez, Adrián Maceiras, María Bautista e Concepción Martínez

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/03/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Expedición de Galicia no Campionato de España Júnior / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Expedición galega no Campionato de España Júnior / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

215
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Galicia logrou a primeira posición na clasificación xeral por equipos do Campionato de España Júnior de taekwondo, que se celebrou esta fin de semana en Jaén. En total as e os nosos deportistas acadaron 6 ouros (Noa Romero, Javier Otero, Samuel Meilán, Adrián Salanova, Iago Mallo e Sergio Troitiño), 3 pratas (Silvia Otero, Sara Soneira e Helena García) e 3 bronces (Ekaterina Rebón, Carme Santamaría e Inés González), logrando a primeira posición na clasificación masculina e na xeral e a terceira na feminina.  E tamén queremos destacar a participación dos árbitros galegos Yago Bernárdez, Adrián Maceiras, María Bautista e Concepción Martínez.

Na categoría feminina, Galicia acudía cun equipo moi renovado, pero aínda así acadaron magníficos resultados con 1 ouro, tres pratas e tres bronces, e a terceira posición na clasificación por equipos femininos.

O ouro galego feminino foi para Noa Romero (-46, Natural Sport), que segue imparable a pesar do salto de categoría. En primeira rolda eliminou á extremeña Adriana Nuevo (28-8), para continuar avanzando ante Maite Molina (Cataluña), á que superou por 28-8. A semifinal foi a proba máis dura para a nosa deportista, que se enfrontou a Ainara Rojas (Andalucía). A vitoria tivo que decidirse no punto de ouro, e Noa non fallou para avanzar ata a final, onde esperaba Irene Rodríguez, de Andalucía. Romero dominou (11-1) o combate dende o inicio e logrou o título de campioa de España para Galicia.

En -44, Silvia Otero (Mat´s) conseguiu a medalla de prata. A galega non puido superar na final á catalá Ana López nun axustadísimo combate. Antes Silvia gañou a Elena Serrano (Andalucía) por 4-11 e á navarra Erkuden Moreno (6-17).

Dobrete galego en +68, con prata para Helena García (Dobok) e bronce para Inés González (Polc TKD International Team). Helena venceu a Nerea Esteban (Castela a Mancha) sen paliativos (12-0) e á andaluza  Yasmina Deniz (9-0). Na final non puido coa catalá Julia Fernández, nun axustado e fermoso combate que se decidiu por detalles (4-2).

Pola súa banda, Inés venceu a Tesaida Morales (Canarias) cun claro 13-0 e a continuación á madrileña Irene Paños por 3-8. Julia Fernández tamén foi a verdugo da outra representante de Galicia e tamén nunha loita moi axustada (2-5). Estos resultados falan dun “gran papel das nosas deportistas”, sostén a Federación Galega de Taekwondo. 

A terceira prata galega foi para Sara Soneira (BoudSport) en -55 quilogramos, con tres triunfos para plantarse na gran final. Gañou á extremeña Irene García (21-1); á Noelia Rodríguez de Castela a Mancha (10-18) e a Aitana Romero (Castela e León de forma moi contundente (19-41). Na final, a nosa deportista caeu derrotada ante Irene Maroto (Madrid) por 26-13.

En -59 quilogramos tivemos a dúas galegas no podio. Ekaterina Rebón (Número Phi) e Carme Santamaría (Natural Sport Ribeira) acadaron o bronce. Rebón gañou a Charlotte Gil (Cataluña) en primeira rolda por 19-4, e nos cuartos a Sofía Potapova (Euskadi) por 7-2. Caeu na semifinal ante Paula Pizarroso (Madrid) nun axustadísimo combate (10-12).

Pola súa banda, Santamaría Superou á canaria Gerardine Herrera (1-24) e a Maitane Rábanos (Euskadi) por 1-21. Na semifinal caeu ante Luana Martón (Castela a Mancha), que foi a que se proclamou campioa de España.

Cinco ouros masculinos para Galicia neste Campionato de España Júnior

Na categoría masculina, fantástico o papel da nosa selección, cun total de cinco ouros, o que lle permitiu acadar o primeiro posto na clasificación por equipos masculinos.

En -48 quilogramos, Javier Otero (Kae Sport) proclamouse campión de España. En cuartos de final eliminou a Vicente Frontino (Andalucía) con claridade (1-21); na semifinal deu conta de Rubén Navarro (Madrid) por 10-30 e na final superou ao andaluz Pablo Jiménez (10-18).

Ouro para Samuel Meilán (Tao) en -59 con catro magníficos combates. Superou a Juan Diego Jiménez (Andalucía) por 31-15; a Jordi Costa (Cataluña) por 23-9; a Iván Albert (Comunidade Valencia) por 16-7, para rematar na final ante Sergio Reguera (Castela a Mancha) no combate máis axustado por 14-19.

Adrián Salanova (-68, Maniotas, Noia) logrou o ouro cunha actuación incontestable, vencendo nos catro combates feitos. Comezou a competición ante Juan Rodríguez (Castela e León) cun contundente 25-3 e a continuación superou a Antoni Pujol (Federación Balear) por 18-24. Na semifinal o rival foi Abraham Rastrero (Andalucía) e novo triunfo do galego (1-31) para finalizar ante Ramón Benítez (Aragón) cun 35-13, que non deixa lugar a dúbidas.

En -78, Iago Mallo (Tao) logrou proclamarse campión de España tras vencer en tres fantásticos combates. En cuartos de final superou a Gabriel Arpe (Cataluña) de forma clara (22-8), na semifinal foi moi superior a Alejandro Martínez (Castela a Mancha) e na final deu conta de Mikel Fernández (Castela e León). 

Os ouros de Galicia en categoría masculino rematan no peso pesado con Sergio Troitiño (Mat´s) como gran protagonista. O galego venceu ao madrileño Miguel Ángel Pérez (23-0); na semifinal a Ayonal Hernández (Canarias) por 26-3 e na final a Lucas Vera (Canaria) por 10-1.

Etiquetas Campionato de EspañaJaénjúniortaekondo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil proclámase por quinta vez campioa de España de lanzamento de peso / RFEA

Quinto título de campioa de España para Belén Toimil

por Redacción As Nosas
30/06/2024
0

  A superioridade de Belén Toimil no ámbito estatal no lanzamento de peso é notoria. A galega vén de acadar...

Ourense acollerá o Campionato máster. Pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) / SABELA MOSCOSO

Un total de 69 medallas para os máster galegos no campionato de España indoor

por Redacción As Nosas
06/03/2024
0

  A suma das medallas do atletismo galego no Campionato de España Indoor máster ascende a 69. Un total de...

Antía Mayo e Paula Novo están na Selección Galega de fútbol Sub-17 / RFGF

Ata 17 equipos achegan futbolistas ás convocatorias das Seleccións Galegas Sub-15 e Sub-17 femininas para o CESA que se disputará en Murcia

por Redacción As Nosas
27/02/2024
0

  Equipos de toda Galicia achegan xogadoras ás Seleccións Galegas Sub-15 e Sub-17 femininas da cara ao CESA (Campionato de...

Ana Peleteiro, no Campionato de España Short Track celebrado en Expourense / MIGUELEZ TEAM - - RFEA

Ana Peleteiro, campioa de España de triplo salto alcanzando os 14,32 metros

por Redacción As Nosas
19/02/2024
0

  Ana Peleteiro acada o ouro no Campionato de España Short Track celebrado en Expourense cun salto de 14,32 metros....

Aragón vs Selección Galega no Campionato de España de fútbol Sub-17 2023 / RFEF

A Selección Galega Sub-17 entra na fase ouro do Campionato de España

por Redacción As Nosas
17/12/2023
0

  A Selección Galega Sub-17 de fútbol feminino vén de acadar, un ano máis, o seu paso á fase ouro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.