• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Máis balonmán

Galicia xa ten unha selección clasificada para cuartos de final no CESA 2023

As seleccións cadetes feminina e masculina, con dous magníficos partidos, acadaron o pase para a eliminatoria polo ascenso de categoría | Houbo derrotas das seleccións xuvenís e da infantil feminina, que se clasificou igual para a fase de ascenso

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

62
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A selección galega infantil masculina xa garantiu na segunda xornada de competición a súa clasificación para os cuartos de final do CESA 2023.

O equipo dirixido por Adrián Menduíña deu boa conta de Catalunya e sumou a segunda vitoria en dous días. Ademais, hai que destacar os triunfos dos combinados cadetes (masculino e feminino) que volveron a facer un gran traballo para así garantir a súa clasificación para a fase de ascenso ao Campionato de España.

Pero non todo foron alegrías para as seleccións galegas da Federación Galega de Balonmán. Perderon os dous conxuntos xuvenís (o feminino no Campionato e o masculino en Copa) e tamén a selección infantil feminina, que aínda así xogará a fase de ascenso, como mellor segundo.

Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Infantil masculina: Galicia, 26 – 19, Catalunya

Segundo partido e segunda vitoria para a selección galega infantil masculina, que xa asegurou a súa clasificación para os cuartos de final do CESA. Non foi un partido sinxelo. Nos primeiros minutos, Catalunya, cunha defensa presionante 3:3, freou o ataque galego, pero o rival tampouco podía coa defensa galega.

Así o choque foi avanzando bastante igualado ata mediada esta primeira parte. A partir de aí, Catalunya baixou un pouco a defensa e os minigalaicos, lograron abrir unha pequena brecha de tres ou catro goles, coa que chegaron ao descanso.

Na segunda parte, Catalunya recuperou a defensa 3:3, que era a que máis complicaba o xogo dos nosos, pero Galicia, xogando con moita intensidade, logrou manter a distancia, nun primeiro momento, e nos minutos finais, aproveitaron boas transicións en ataque e as fantásticas paradas do meta galego, para abrir brecha no marcador ata o 26-19 final.

26) GALICIA: Hugo Carreira, Christian Ferradas, José Enrique Portas (1), Xurxo Otero (1), Xoan Canedo, Lucas Díaz (5), Martín Vázquez (8), Manuel Souto (1), Xoel Lago (5), Lois Alonso (1), Luis Martínez (2), Matías Gestido, Marcos Carlón, Saul Fuentefría, Dimitrije Doder (2), Pablo Pardo.

19) CATALUNYA: Marti Serra (2), Leo González (1), Pol Peral, Álvaro González (1), Roc Calvo, Roger Serramia (5), Martí Casadella (1), Guillem Buded (1), Au Blanco, Pere Martí, Arnau Ndour (4), Jan Segu (3), Eric Anselmo, Cristian Filimonov (1), Marc Castella.

EQUIPO ARBITRAL: Jonathan Hinojosa e Daniel Álvarez. Excluíron dous minutos aos galegos Xurxo Otero (2), Xoan Canedo (2), Xoel Lago e Luis Martínez, e os catalás Leo González e Pere Martí.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 2-3, 5-5, 8-7, 10-8, 13-9 – descanso – 15-12, 17-14, 19-15, 23-15, 26-19.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada do Campionato de España Infantil Masculina, grupo a, celebrado no Pabellón Pau Gasol.

Mañá, Navarra-Galicia (16:00 horas).

🏆 CESA COSTA BLANCA 2023

🤾🏻‍♀️INFANTIL MASCULINA
🔵CAMPEONATO
🕛 Final
🆚 GALICIA 26:19 @fedcathandbol

Esta selección invita a soñar! Partidazo dos nosos infantís. #SomosFamilia#ConSeloGalego pic.twitter.com/3xGTEVwdrB

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 4, 2023

Infantil feminina: Cantabria, 22 – 18, Galicia

Duro mazazo para a selección galega infantil feminina que caeu derrotada no segundo partido da Copa ante Cantabria, nun choque no que os erros en ataque foron claves. A pesar de todo, acadaron a clasificación para a fase de ascenso como mellor segundo clasificado da Copa.

O inicio das galegas foi bo. Como sempre, coa intensidade defensiva por bandeira, Galicia logrou poñerse por diante no marcador cun 3-7 a favor (min. 11) que provocou o tempo morto de Cantabria. E a partir dese intre, comezaron a sufrir as nosas minigalaicas, que non atopaban a forma de superar á meta cántabra. Así do minuto 11 ao remate da primeira metade so marcaron un gol.

E na segunda metade continuou o bloqueo en ataque, que ía crecendo a medida que pasaban os minutos. Así ao final cinco 7 metros e uns 20 lanzamentos errados, levaron ao noso equipo á derrota.

22). CANTABRIA: Olga Juárez, Sarah Patrón, Lara Soto (3), Carla Navarro, Andrea Arce (3), Sara Juárez (4), Nora Díaz, Elsa Saiz (7), Adriana Diego, Andrea Martín (2), Daniela Fernández, Marta Corral, Daria Mateescu, Elena Mateescu (2), Ariana Mantilla (1).

18) GALICIA: Iria Alonso, Emma Rial (5), Candela Martínez (1), Gabriela Martins (2), Ana Cancelas, Noa Portela (3), Lorena Ngnipa, Iris Santana (6), Sara Limes, Raquel Muñiz, Alba del Valle, Leira Brun (1), Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi, Raquel Blanco.

EQUIPO ARBITRAL: Miguel Sánchez e David Cuevas. Excluíron dous minutos a Elsa Saiz, Daniela Fernández, Elena Mateescu e María Lanza (adestradora) por Cantabria e a Noa Portela (2) e Raquel Muñiz (Galicia).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 0-2, 3-5, 4-7, 6-7, 9-8 – descanso – 10-9, 14-10, 16-13, 19-15, 22-18

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada da Copa de España Infantil Feminina, grupo B, celebrado no Pabellón Callosa D´en Sarriá.

Mañá, Asturias-Galicia (11:00 horas)

🏆 CESA COSTA BLANCA 2023

🤾🏻‍♀️INFANTIL FEMININA
🔵COPA
🕛 Final
🆚 CANTABRIA 22:18 GALICIA

Non puido ser, as minigalaicas caen nun partido cheo de intensidade e agardan ao cruze de copa de mañá.#SomosFamilia#ConSeloGalego pic.twitter.com/AIaIcEhCsT

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 4, 2023

Cadete feminina: Murcia, 18 – 40, Galicia

Impresionante o partido que fixo a selección galega cadete feminina contra Murcia. O rival era máis complicado que o de onte, pero Galicia defendeu a un altísimo nivel, cunha intensidade fora de serie, así que a vitoria só tiña un dono.

Nos primeiros minutos, estiveron un pouco máis atascadas en ataque, pero se mantiveron no choque grazas a defensa 6:0 e a medida que avanzaba o choque, foron atopando o seu mellor xogo, tanto en defensa como en ataque, para ir escapándose pouco a pouco.

Ao descanso, o marcador (8-15) xa o dicía todo. E na segunda metade, máis e mellor. Con esa confianza que da o traballo ben feito, o equipo dirixido por Adrián Pumar seguiu medrando no seu xogo e desfrutando na pista para chegar ao 18-40 final.

Primeiro paso dado, pero agora toca confirmalo acadando o obxectivo marcado: O ascenso.

18) MURCIA: Alejandra Martínez, Mónica Pérez, Alejandra Hernández (2), Antonio Carrillo (1), María José Ortiz (1), Gabriela Moscat (1), Ángela Serrano (1), Paula Segado (1), Consuelo Rubio (1), Gloria Giménez (3), Sofía Ramírez (2), María Ros, Inés Sáez (2), Marta García (3).

40) GALICIA: Carmen Magallanes (8), Leire González, Isis Moreno (1), Iria López (1), Ainé Roca (1), Naihara Costas (6), Salma Aakcha, Celia Pérez (1), Alba Pérez (3), Paula Diéguez, Uxía Fernández (7), Iria Augusto (5), Alejandra Montenegro, Isabel Álvarez (2), Leticia Santos (2), Iria Benaches (3).

EQUIPO ARBITRAL: José Herrera e Alejandro Calderón. Descalificaron a Gabriela Moscat (min. 34). Ademais, excluíron dous minutos a Mónica Pérez, Gloria Giménez e Marta García (2), por Murcia e á galega Iria Benaches.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 2-1, 3-4, 3-6, 4-7, 5-11, 8-15 (descanso), 8-21, 10-23, 12-25, 13-28, 15-34, 18- 40.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada da Copa de España Cadete Feminina, grupo B, celebrado no Polideportivo Municipal de Sant Joan.

Mañá, Galicia- Asturias (09:00 horas).

🏆 CESA COSTA BLANCA 2023

🤾🏻‍♀️CADETE FEMININA
🔵COPA
🕛 Final
🆚 MURCIA 18:40 GALICIA

Estas rapazas teñen moita fame, e de seguro non quedaron a gusto con esta vitoria. Imos a por máis!!!!! #SomosFamilia#ConSeloGalego pic.twitter.com/E6s6cEeWS5

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 4, 2023

Cadete masculina: Cantabria, 31 – 39, Galicia

Novo gran partido da selección galega cadete masculina. Enfronte estaba un duro rival, Cantabria, que destacaba polo seu sete inicial, capaz de competir con calquera. Así que Galicia buscou o desgaste do rival. O combinado dirixido por César Armán é un grupo moi forte, no que todos aportan e onde se poden facer cambios sen que se resinta o equipo e iso foi decisivo.

Na primeira metade o choque avanzou moi igualado, con distancias mínimas a favor dun ou outro equipo e constantes empates. Ao descanso, 18-19 para Galicia. Pero na segunda metade, a selección galega non deu opción cunha gran defensa e a aportación da portería. Ademais, no aspecto ofensivo destacou Iago López con 13 tantos. Cantabria acusou o esforzo e Galicia seguiu xogando ao mesmo nivel durante os 60 minutos de xogo. Esa foi a clave do triunfo.

Primeiro obxectivo cumprido e agora hai que ir a polo segundo, o ascenso ao Campionato.

31) CANTABRIA: Juan Pérez, Diego Solar, Alberto San Millán (1), Manuel Garrido (3), Yeray Pablo (2), Marcos Casado (11), Eduardo Cofiño, Pablo Gómez, Víctor García (4), César Castresana (1), Pablo Manuel Traspuesto, Pol Sanz, Samuel Mantecón (7), Lucas Osorio (2), Lucas Abascal.

39) GALICIA: Alonso Martínez, Atalo Bello (2), Marcos Suárez (3), Nicolás Cancela, Yago López (13), Iván Sánchez (1), Manuel Hernández (1), Marcos Varela (1), Daniel Periscal (1), Roque Estévez (2), Pablo Pazos (2), Jaime Serrano, Samuel Seijas (6), Henrique Traba (7), Diego Mourelle, Adrián Chapela.

EQUIPO ARBITRAL: Adrián Simo e Áñvaro Padilla. Excluíron dous minutos a Marcos Casado, César Castresana, Pablo Traspuesto (2), Samuel Mantecón e Lucas Osorio (2), por Cantabria e a Iván Sánchez, Manuel Hernández, Marcos Varela, Pablo Pazos eHenrique Traba (3, descualificado no minuto 56:35), por Galicia.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 4-2, 7-5, 9-10, 12-13, 16-15, 18-19 (descanso), 22-24, 24-26, 26-29, 28-32, 30-36, 31-39 (final)

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada da Copa de España Cadete Masculina, grupo A, celebrado no Pavillón Ginés Alenda.

Mañá, Galicia-Asturias (16:00 horas).

🏆 CESA COSTA BLANCA 2023

🤾🏻‍♀️CADETE MASCULINA
🔵COPA
🕛 Final
🆚 CANTABRIA 31:39 GALICIA

Galicia avanza con paixón na súa búsqueda do ascenso a campionato. Noraboa! #SomosFamilia#ConSeloGalego pic.twitter.com/3pMrwhmLIc

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 4, 2023

Xuvenil feminina: Galicia, 29 – 38, Catalunya.

As opcións da selección galega xuvenil feminina escapan. Tiña un partido crucial contra Catalunya e esta derrota deixa case imposible a posibilidade de continuar no Campionato.

O equipo galego tardou moito en meterse no encontro. En pouco máis de dous minutos encaixou un parcial de 4-0 e, no minuto 10 o resultado era 3-9 a favor das catalás. Así, sempre foi unha costa arriba. Ademais, a porteira rival estaba moi atinada e cando parecía que podían recortar xurdía a súa figura para frear as opcións.

Ao descanso, 14-19 en contra. Tralo paso por vestiarios, as rapazas dirixidas por Manu López saíron decididas a meterse no encontro, pero outra vez apareceu a figura da meta Gassama, que acabou coa ilusión galega. A medida que pasaban os minutos, as nosas rapazas ían facéndose máis pequenas ante a imposibilidade de recortar, e elas crecían en confianza.

Mañá partido contra Euskadi en busca do milagre.

29) GALICIA: Irene Ríos, Lucía Méndez (9), Ángela Vilaboa (1), Aroa Fernández (2), Lucía Villamarín, Nayara Pereira, Yaiza Gil, Inés Bernárdez (2), Nerez Patiño (13), Lucía Álvarez, Mencía Lorenzo, Carla Vidal, Nerea Arias (1), Lucía Lema, Sara Pereira (1), Iria Sierra.

38) CATALUNYA: Ingrid Fortuño (4), Martina López (6), María Fernández (4), Carolina Blasco (1), María Domínguez, Laia Domingo, Judit Lanceta (7), Judit González (1), Sara Nieto, Carla González (4), Julia Gómez (1), Carlota Martínez (7), Kadiatou Jallow (2), Laia Vives (1), Carla Romero, Goundo Gassama.

EQUIPO ARBITRAL: Sergio Martín y Agustín Mora. Excluíron dous minutos a Aroa Fernández, Lucía Villamarín e Carla Vidal (Galicia) e a Ingrid Fortuño (3, descualificada no minuto 57:06) e Judit Lancela, por Catalunya.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS:: 3-4, 3-9, 6-9, 9-12, 12-15, 14-17 (descanso), 17-20, 20-23, 21-27, 25-30, 28-34, 29-38.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada do Campionato de España Xuvenil Feminino, grupo B, celebrado no Pavillón Camilo Cano (La Nucia).

Mañá, Euskadi-Galicia (10:00 horas).

🏆 CESA COSTA BLANCA 2023

🤾🏻‍♀️XUVENIL FEMININA
🔵CAMPEONATO
🕛 Final
🆚 GALICIA 29:40 @fedcathandbol

As xuvenís volven caer na segunda xornada. Tan só unha vitoria abultada e un resultado desfavorable de Cataluña, mantendrá ás galegas no campionato#SomosFamilia#ConSeloGalego pic.twitter.com/GZoR85G8GN

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 4, 2023

Xuvenil masculina: Asturias, 26- 24, Galicia

Partido de dúas caras o que xogou hoxe a selección galega xuvenil masculina: Na primeira Galicia foi moi superior a Asturias, e na segunda chocou unha e outra vez contra a defensa asturiana e a propia precipitación. Así, Galicia quedou sen opcións para loitar polo ascenso ao Campionato, a pesar de que aínda falta unha xornada.

A primeira metade foi excepcional dos nosos, que desfrutaban na pista e facían gozar á bancada (9-15, ao descanso). Pero Asturias tiña que intentar algo e adiantou a defensa moito e Galicia non soubo reaccionar. Quedou moi estática e cometía erros que permitían aos asturianos correr e marcar goles rápidos.

Así comezou a ansiedade do conxunto galego, cada xogador buscaba resolver pola súa conta, e Asturias logrou darlle a volta ao marcador e poñerse por diante. Aínda quedaba tempo para reaccionar e durante uns minutos Galicia igualou as forzas e chegou ao tramo final do partido con opcións, pero non foi posible darlle á volta ao marcador.

🏆 CESA COSTA BLANCA 2023

🤾🏻‍♀️XUVENIL MASCULINA
🔵COPA
🕛 18:00H
🆚 ASTURIAS

🎥 https://t.co/CTzBAQR6Ld#SomosFamilia#ConSeloGalego pic.twitter.com/4mr8Ekdpz1

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 4, 2023

26) ASTURIAS: Alejandro Mariño, Mateo García (1), Alejandro Álvarez, Gonzalo Pulgar (1), Tomás Bautista (3), Álvaro Paino (9), Jorge Lema (1), David Pérez (4), Raúl Álvarez, David Pulgar (4), Joaquín Ignacio (2), Pablo García, Sergio Iglesias, Samuel Arias (1), Alejandro López.

24) GALICIA: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (3), Brais Martínez (2), Iago Rivas, Pablo Fernández (3), Alexandre Gallego, Denis Iglesias (1), Senén Garea (2), Xoan Fernández (4), Carlos Menduiña (1), David Failde, Nuno Loxo (1), Carlos Morales (2), Juan Rodríguez (5), Manuel Soliño.

EQUIPO ARBITRAL: Jesús Valencia e Carlos Campayo. Excluíron dous minutos ao asturiano Jorge Lema e aos galegos Iago Rivas, Alex Gallego e Denis Iglesias.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 1-2, 2-3, 4-6, 5-9, 7-12, 9-15 (descanso), 12-16, 17-18, 22-20, 24-22, 26-24, 25-22

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada da Copa de España Xuvenil Masculina, grupo B, celebrado no Pabellón Els Oms-Mutxamel.

Mañá, Galicia-Aragón (18:00 horas)

Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Etiquetas balonmáncadeteCESAinfantilxuvenil
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

por Redacción As Nosas
01/04/2023
0

  Hoxe, sábado, ás 19.00 horas, o Mecalia Atlético Guardés pechará o seu maratón de abril co sétimo partido en...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

por Redacción As Nosas
01/04/2023
0

  Hoxe, sábado, 1 de abril, ás 19:00 horas no Palacio dos Deportes de La Rioja enfrontaranse o Grafometal La...

AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

O Guardés dá un paso cara á final impoñéndose ao AtticGo Elche (22-23)

por Redacción As Nosas
20/03/2023
0

O Mecalia Atlético Guardés callou unha firme actuación colectiva, chea de compromiso e entrega ante o AtticGo Elche. Patrícia Lima,...

Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño na Sangriña / ATLÉTICO GUARDÉS

Vitoria do Guardés ante o Porriño nun derbi apaixoante (27-24)

por Redacción As Nosas
16/03/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés levou a vitoria diante do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño na festa do balonmán galego,...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “Será un partido emotivo, pero non o imos a encarar pola parte emocional”

por Redacción As Nosas
15/03/2023
0

  A adestradora portuguesa do Guardés, Ana Seabra, recoñece que o seu equipo está “en bo momento” e que “poida...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

01/04/2023
Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

01/04/2023
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

01/04/2023
Vitoria do Dépor ABANCA con triplete de Millene / RCD

Nova final para o Dépor ABANCA coa visita a Abegondo do Granada CF, outro aspirante ao ascenso

01/04/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.