A Federación Galega de Taekwondo regresou á competición co Campionato de España de Técnica e Freestyle e o fixo da mellor forma posible.
O equipo irmandiño de taekwondo logrou en Benidorm o primeiro posto da clasificación xeral por equipos, tanto en técnica como en freestyle.
Campionato de Técnica
Na xornada de mañá celebrouse o Campionato de España de Técnica. Na categoría cadete, Yaiza Velo, do TKD Sada acadou a medalla de bronce na competición individual. En trío, a mesma taekwondista xunto con Inés Abuín e Ainhoa Rodríguez o equipo galego sumou outro bronce.
No nivel júnior, Laura Álvarez, do Neka, foi campioa de España na súa categoría. En parellas, esta deportista e Daniel Areán lograron tamén o título de campións.

Por último, en sénior, Raquel Guillén, do Tao, colgouse a prata e obtivo o ouro en parellas co seu compañeiro de club, Alejandro Losada.

No sénior 2, Noelia Pérez, do Hebe, obtivo o bronce e Esperanza Fernández, do Couto, sumou un ouro na categoría de máster 2.

Campionato de freestyle
Pola tarde celebrouse o Campionato de España de Freestyle, no que competiu Celia García, do Tao, no torneo de maiores de 18 anos, proclamándose campioa na proba individual.
Así mesmo, Bárbara Di Martino, do Hebe, foi ouro con Manuel Paz en parellas. O dúo formado por Ángela Paz e Iago Gil, do Hebe.
Finalmente, nos quintetos Rubén Gaidó, Uriel Pereira, Ángel López, Zaida Velo e Elena Varela sumaron unha prata, e Antón Sabín, Iago Gil, Hugo Sánchez, Iria Rodríguez e Mara Cid acadaron un bronce.