Un total de trinta e dous equipos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de Galicia de Clubs Sub-16 e Sub-20 de atletismo que se desenvolverá nas pistas de Balaídos en Vigo e polas que se agarda que pasen preto de seiscentos atletas.
O campionato que dará comezo as 10.00 horas do sábado, disputarase en dobre xornada, estando reservada a mañá para os atletas Sub20, e a tarde para o campionato Sub-16 a partires das 16:30 horas.
No tocante ao deportivo agárdase unha xornada moi entretida e disputada na que o Real Club Celta sairá na categoría masculina Sub16 e Sub20, a reeditar os títulos logrados na edición do ano pasado en Pereiro de Aguiar.
Como principais opoñentes terá aos conxuntos do Marineda Atlético e da Gimnástica de Pontevedra ocupando os primeiros postos por estadillo na Sub16, sendo o Atletismo Santiago e o Lucus Caixa Rural quen a priori poden pelexar de maneira directa cos célticos polo primeiro posto do podio na Sub-20.
Na categoría feminina, mesmos obxectivos será os que teña o conxunto do Atletismo Narón na Sub-16, quen parte como claro favorito para estar un ano máis na zona alta do podio co permiso da Atlética A Silva e do C.D. La Purísima de Ourense.
Por último na Sub-20, a Gimnástica de Pontevedra terá a priori máis difícil reeditar o título da edición pasado xa é o Ria Ferrol quen lidera por puntos o estadillo clasificatorio, seguidas de Ourense Atletismo e de Lucus Caixa Rural.
Equipos participantes no Campionato de Galicia de Clubs Sub-16 e Sub-20 de atletismo
- Sub16 feminino: Atl. Narón; Club Deportivo La Purísima; Atlética A Silva; Ourense Atl.; Lucus Caixa Rural Galega; Club Atl. Sada; Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Riazor Coruña.
- Sub16 masculino: Marineda Atlético; Sociedad Gimnástica de Pontevedra; ADAS CUPA; Real Club Celta; Ourense Atl.; Club Atl. Sada; Club Atl. Millaraio e Club Deportivo La Purísima.
- Sub20 feminino: Ría Ferrol; Ourense Atletismo; Lucus Caixa Rural Galega; Atletismo Feminino Celta; Club Atl. Sada; Atlética A Silva; Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Club Atl. Santiago.
- Sub20 masculino: Real Club Celta; Club Atl. Santiago; Lucus Caixa Rural Galega; Club Atl. Sada; Marineda Atlético; Ourense Atl.; Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Club Atl. Millaraio.
ℹ️Relación de equipos clasificados para tomar parte esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub20 e Sub16 que se desenvolverá o sábado nas pistas municipais de Balaidoshttps://t.co/Gv7VOLjUBb pic.twitter.com/Tbs6riMQ0i
— Atletismo Galego (@atletismogalego) May 9, 2023