• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

As galegas brillan na Copa de España Cofidis GP Pontevedra cun triunfo e dous segundos postos nesta proba de ciclismo en estrada

Vitoria nas máster-40 para a galega Marina González | A cadete Lorena Patiño do XSM rematou segunda, que foi o mesmo resultado que obtivo a súa compañeira de equipo María Filgueiras na proba júnior

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/03/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
A ciclista galega Lorena Patiño, 2ª cadete no GP Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño, 2ª cadete no GP Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

252
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A terceira edición do GP Pontevedra de ciclismo tivo nas corredoras galegas a algunhas das principais protagonistas en dúas das tres carreiras celebradas este domingo para esta cita coa dúas rodas en estrada.

Lorena Patiño (XSM) rozou a vitoria na competición cadete ao igual que a súa compañeira de equipo María Filgueiras na proba júnior, unha quenda na que Marina González (Illas Cíes) acadou o triunfo entre as máster-40, tal e como recolle a Federación Ciclismo Galego.

Lorena Patiño, chegando a meta 2ª cadete no GP Cidade de Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC
Lorena Patiño, chegando a meta 2ª cadete no GP Cidade de Pontevedra – Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

Foi unha carreira disputada sobre un percorrido chan que ía case todo pegado á Ría de Pontevedra sobre un circuíto que de idas e voltas pola autovía que comunica Marín coa Cidade do Lérez. Na parte final o recorrido estirábase coa subida á Porteliña un porto non moi longo pero con boas rampas para marcar o desenlace da carreira.

A francesa Cécile Lejeune (Massi Tactic), gañadora elite-Sub23, coroouse como a gran raíña da terceira xornada da Copa de España feminina Cofidis.

GP Cidade de Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC
GP Cidade de Pontevedra – Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

A Avenida das Corvaceiras acolleu a saída e a chegada do evento organizado por Noko 360 Sports e que volveu ter o Alto da Porteliña como xuíz principal. As primeiras que o ascenderon foron as cadetes, unha carreira disputada sobre 44 quilómetros e na que dúas ciclistas da nosa comunidade remataron entre as cinco primeiras. A ciclista marinense Lorena Patiño xogouse a vitoria na recta final nun man a man coa navarra Paula Ostiz (Nafarroa), que mantivo a súa condición de líder invicta na Copa de España.

A 14 segundos do dúo de cabeza chegaron tres corredoras con Alejandra Neira (Cambre Caeiro) facendo quinta e sumando 41 puntos que lle permiten subir un posto na xeral para colocarse terceira, dúas posicións por diante de Lorena Patiño. 

A ciclista galega Lorena Patiño pedaleando no GP Cidade de Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC
A ciclista galega Lorena Patiño pedaleando no GP Cidade de Pontevedra – Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

María Filgueiras, segunda entre as Junior no GP Pontevedra

O XSM de Marín, nunha proba que transitaba polo seu concello, tamén soñou co triunfo ata os últimos metros con María Filgueiras nas juniors. A ciclista de Miño, vencedora o domingo anterior en Beasain, abriu oco xunto á líder Ayala Serrano (Zu-K), pero unha caída na última curva impediulle esprintar coa vasca no desenlace dos 65,4 km de percorrido. A corredora galega refíxose a tempo para obter a segunda praza, mesmo posto que agora ocupa na xeral.

A 5″ de María Filgueiras cruzou a liña de meta un grupo de 18 unidades. Neste reducido pelotón Andrea Prado (CCB Becani) conseguiu a oitava posición, entrando esta vez a súa compañeira de club, Xiana Camiña, no posto 22º.

A ciclista galega María Filgueiras, 2ª junior no GP Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC
A ciclista galega María Filgueiras, 2ª junior no GP Pontevedra – Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

Desde un principio as corredoras do CCB-Becani buscaron rodar en postos de cabeza e ben colocadas, traballo incrible o de Sara Veiga que ata a base do porto estivo sempre pendente de levar ás súas compañeiras a cabeza de pelotón, baleirándose por completo e deixándose ir xa neses últimos 10 km.

Unha caída a metade de carreira deixaba un pouco descolocadas a Uxía Gómez, Lucía Ballester e Laura Anes, quedándose en posicións de arriba Andrea Prado e Xiana Camiña, que encaraban as primeiras ramplas do porto moi ben colocadas.

Andrea Prado encaraba esa subida nos postos controlando sempre aos seus rivais e cedendo só 20 segundos co grupo de 4 corredoras que coroaban, Xiana Camiña, nun segundo grupo quedaba a pouco máis de 30 segundos da cabeza de pelotón.

Corredoras do CC Betanzos BECANI no GP Pontevedra da Copa de España de ciclismo en estrada / LUZ IGLESIAS
Corredoras do CC Betanzos BECANI no GP Pontevedra da Copa de España de ciclismo en estrada / LUZ IGLESIAS

Formábanse así 3 grupos con 4 corredoras por diante, un segundo grupo no que rodaba Andrea Prado e un terceiro grupo no que se colocaba Xiana Camiña, as corredoras do Betanzos lideraban moi ben os seus grupos entrando Andrea Prado nunha meritoria 8ª posición e Xiana Camiña no posto 22, levándose o sprint do grupo no que ela entraba.

Segundo relatan desde o CCB-Becani “por atrás unha avaría obrigaba a Uxía Gómez a cambiar de bici. Na subida ao porto o ir tan atras lastrábaas moito encarando os últimos 5 km as tres xuntas, nese momento unha fochanca que non vía Laura tirábaa ao chan nunha dura caída na que a súa bici sufria varias danos, obrigándoa a cambiar de montura, a dureza da caída non amedrentaba nada á corredora lucense que chegaba a meta coa camisola rota e unha fenda no casco”.

Laura Anes, CC Betanzos BECANI no GP Pontevedra da Copa de España de ciclismo en estrada / LUZ IGLESIAS
Laura Anes, CC Betanzos BECANI no GP Pontevedra da Copa de España de ciclismo en estrada / LUZ IGLESIAS

“As seis corredoras do CCB-Becani lograban entrar dentro do control de peche da proba, logrando o obxectivo marcado desde un principio, seguir sumando puntos para o equipo e collendo experiencia nunha competición de moito nivel”, explican con satisfacción desde o club betanceiro.

Outra galega nesta carreira foi Fabiola Salgado Lago do LYNALFA- C.C. Ponteareas que finalizou no posto 56º.

Éxitos das ciclistas máster galegas

Dúas máster-40 dilucidaron a vitoria no seu grupo de idade. A pugna non puido estar máis emocionante. Marina González entrou a décimo cuarta e a canaria Montserrat Pereira (Arrival Tenerife), a decimoquinta. Deste xeito, a verinense residente en Vigo debutou nesta edición da Copa de España feminina Cofidis subindo ao máis alto do podio.

Outras tres masters galegas se clasificaron entre as dez primeiras das súas categorías: sexta Pilar González (Bici O Con) nas 40, e sétima e décima, respectivamente, Iria Nieto (Compostelano) e Judit Jácome (Maese Riders) nas 30.

O Gran Premio Cidade de Pontevedra pechouse coa carreira Elite-Sub23 sobre 99 km. O dobre paso pola Porteliña deixou á fronte a un trío formado por Cecile Pauline e dúas representantes do Laboral Kutxa. Malia a súa inferioridade numérica, a francesa superou a Alba Teruel e a Eneritz Vadillo. Como primeira galega concluíu Irene Trabazo (XSM) na 35ª posicion.

A Copa de España feminina Cofidis tómase agora un respiro e regresará o 22 de abril no municipio leonés de Villaquilambre.

  • Máis información do Gran Premio Cidade de Pontevedra
  • Páxina da Copa de España – Cofidis
  • Clasificación GP Pontevedra – Élite
  • Clasificacións GP Pontevedra – Junior e máster
  • Clasificación GP Pontevedra – Cadete
A ciclista galega Lorena Patiño, 2ª cadete no GP Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC
A ciclista galega Lorena Patiño, 2ª cadete no GP Pontevedra – Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC
Etiquetas Cambre-CaeiroCC PonteareasCCB-BecaniciclismoCopa de EspañaIllas CíesIrene TrabazoLorena PatiñoMaría FilgueirasMarina GonzálezPontevedraXSMXSM de Marín
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

No podio da IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor que se integra na Copa de Galicia de XCM estiveron Lara Lois, Mar Delgado e Raquel Román / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lara Lois e Ángel Maneiro, vencen na proba de Piñor da Copa Galicia XCM

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Lara Lois impúxose con claridade ás súas rivais na IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor. A proba...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.