- A madridista Teresa Abelleira forma parte da lista de futbolistas convocadas por Jorge Vilda para dous partidos amigables que a Selección Española vai xogar neste mes de novembro. Nesta ocasión non está na relación de citadas a tamén galega Nuria Rábano (FC Barcelona).
O seleccionador estatal, Jorge Vilda, anunciaba hoxe, venres 4 de novembro, a lista de futbolistas convocadas pola Selección Española Feminina de Fútbol para os partidos amigables que servirán como preparación ao combinado estatal para a cita mundialista do próximo ano 2023 en New Zealand.

Na convocatoria repite unha das nosas, a pontevedresa Teresa Abelleira, que milita no Real Madrid. Quen non está desta volta é a tamén galega Nuria Rábano. A compostelá levou o dorsal 20 na anterior convocatoria da Selección Española.
A concentración de España arricará o vindeiro luns 7 de novembro. Posteriormente o equipo que adestra Jorge Vilda, medirase o venres día 11 de novembro a Argentina ás 20:00 horas no Estadio Municipal Álvarez Claro de Melilla e á mesma hora, catro días despois (martes 15 de novembro), a Japón no estadio da Cartuja de Sevilla.
Esta é a convocatoria completa na que están varias ex xogadoras do Dépor ABANCA como Misa, María Méndez, Athenea del Castillo e a propia Teresa Abelleira:

As entradas para asistir a ambos os dous partidos da Selección Española de fútbol xa se poden mercar en liña (podes picar aquí para ver a ligazón). Pero para aquelas persoas ás que non lles sexa posible trasladarse ata Melilla ou Sevilla, tanto o partido contra a selección albiceleste como contra a nipona van ser retransmitidos en directo pola canle de televisión pública Teledeporte.
CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL NA QUE ESTÁ TERESA ABELLEIRA
| Club | Xogadora |
|---|---|
| Athletic Club | María Asunción Quiñones Goikoetxea |
| Real Madrid CF | María Isabel Rodríguez Rivero |
| Valencia Féminas CF | Enith Salon Marcuello |
| Real Madrid CF | Ivana Andrés Sanz |
| Real Madrid CF | Rocío Gálvez Luna |
| Levante UD | María Méndez Fernández |
| Club Atlético de Madrid | Sheila García Gómez |
| Athletic Club | Oihane Hernández Zurbano |
| Real Madrid CF | Olga Carmona García |
| Real Sociedad de Fútbol | Alejandra Bernabé de Santiago |
| Real Sociedad de Fútbol | Ana Tejada Jiménez |
| Valencia Féminas CF | Anna Torrodà Ricart |
| Club Atlético de Madrid | Maitane López Millán |
| Real Madrid CF | Maite Oroz Areta |
| Real Madrid CF | Teresa Abelleira Dueñas |
| Real Madrid CF | Claudia Zornoza Sánchez |
| Valencia Féminas CF | Fiamma Benítez Lannuzzi |
| Club Atlético de Madrid | Marta Cardona De Miguel |
| Sevilla FC | María Inmaculada Gabarro Romero |
| Levante UD | Alba Redondo Ferrer |
| Real Madrid CF | Athenea Del Castillo Beivide |
| FC Barcelona | Salma Celeste Paralluelo Ayingono |
| Real Madrid CF | Esther González Rodríguez |
Jorge Vilda defende que “a estratexia da RFEF é estar á vangarda do fútbol feminino”
Minutos despois de facer pública a lista de convocadas para os encontros preparatorios deste mes de novembro fronte a Argentina e Japón, o seleccionador Jorge Vilda respondía en rolda de prensa ás preguntas dos medios.
O adestrador amosábase optimista e aseguraba: “grazas ao impulso que a RFEF lle dá ao Fútbol Feminino temos unha gran Selección e estamos moi orgullosos do que fixo a Sub-17″, en referencia ao título mundial logrado o pasado domingo nesta categoría.
Jorge Vilda, adestrador da Selección Española de fútbol: “O noso estilo está feito para gañar. Somos o equipo con máis posesión e o segundo que máis ocasións de gol xera. Estamos no camiño correcto”
Na opinión do técnico Jorge Vilda: “O noso estilo está feito para gañar. Somos o equipo con máis posesión e o segundo que máis ocasións de gol xera. Estamos no camiño correcto”. Con ese marcado optimismo, declaraba tamén o técnico da Selección Española de fútbol feminino: “Temos a mellor canteira do mundo”.





















