• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

A Gala do Ciclismo Galego regresou con Mención Especial para o Team Farto BTC

A Federación autonómica entregou máis de 170 premios por resultados dos dous últimos anos e a título póstumo rendeu tributo a tres figuras históricas: Guillermo Sande, Ernesto Falcón e Adolfo Soliño | Distinguise ao Team Farto-BTC, por ser o primeiro equipo profesional galego feminino

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/01/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
Ciclismo Galego recuperou a súa Gala no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ

Ciclismo Galego recuperou a súa Gala no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ

104
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Tras non poder celebrarse no 2021 por mor da pandemia, o Ciclismo Galego recuperou este sábado a súa Gala no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Entre os premios houbo unha mención especial ao Team Farto-BTC, por converterse no primeiro equipo profesional galego feminino.

Foi un serán cargado de emoción coa homenaxe póstuma a tres figuras históricas: Guillermo Sande, Ernesto Falcón e Adolfo Soliño. Nun acto no que a Federación Ciclismo Galego (FCG) quixo pór en valor o esforzo conxunto de todos os estamentos para seguir pedaleando durante a pandemia, entregáronse dezaoito Mencións Especiais e máis de 170 premios polos resultados dos dous últimos anos.

A elección de Vilagarcía como escenario da Gala serviu á FCG para distinguir a este concello polo seu modelo de mobilidade sostible apostando polas ciclo vías e promocionando o uso da bicicleta.

A outra Mención Especial concedida á capital de Arousa recaeu nun dos seus veciños máis ilustres. Gustavo César Veloso puxo a finais do 2021 o punto final a unha excepcional traxectoria de 20 anos como corredor profesional. No día do seu 42 aniversario, o dobre gañador da Volta a Portugal e da Volta a Cataluña 2008 non puido asistir a recoller o galardón á súa carreira debido ás súas obrigas como director deportivo do conxunto portugués Tavfer-Measindot-Mortágua e no seu lugar recibírono a súa muller e o seu fillo.

A @F_Gal_Ciclismo celebrou en Vilagarcía a Gala Ciclismo Galego

👏 Mención especial para Gustavo César Veloso, logo de 20 anos de profesional

👉 Tributo a tres históricos: Guillermo Sande, Ernesto Falcón e Adolfo Soliño

✍️ Premio á @TVGalicia pola difusión do ciclismo galego pic.twitter.com/aogDdwD360

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 30, 2022

A un dos pais deportivos de Veloso, a Ernesto Falcón, tamén se lle rendeu tributo, pero de xeito póstumo. O eterno presidente do Club Ciclista Cambados, e vicepresidente da Federación autonómica durante 16 anos, faleceu o pasado mes de decembro, días despois do pasamento doutro dirixente inesquecible como Adolfo Soliño, presidente dende 1987 do Club Ciclista Cangas.

A emoción tampouco se puido conter ao lembrar a Guillermo Sande. O pasado 10 de xaneiro cumpriuse o primeiro aniversario da morte de quen dedicou case 25 anos da súa vida a traballar a prol do ciclismo exercendo de técnico da Federación de Ciclismo de Galicia .

“O 2021 foi un ano cruel de principio a fin co noso ciclismo” resumiu Terio Carrera, presentador da Gala e que estivo acompañado na animación polo humorista Pepo Suevos. A FCG outorgou catorce Mencións Especiais máis.

Nesas mencións especiais estiveron: Sinesio Vázquez e a José Luis Padín, ao xubilarse como árbitros; a Ángel Suárez, como mellor ciclista galego a nivel internacional no 2021; ao Team Farto-BTC, por converterse no primeiro equipo profesional galego feminino; a Carlos Canal, Samuel Blanco e Guillermo García Janeiro, por dar o salto ao pelotón profesional; ao Vigo-Rías Baixas e ao Supermercados Froiz, gañador e segundo clasificado, respectivamente, do Ranking Élite español 2021; ao Aluminios Cortizo e ao Vigo-Rías Baixas, vencedor e segundo clasificado, respectivamente, do Ranking Élite español 2020; á TVG2, pola súa difusión do ciclismo; e a Protección Civil de Galicia-AXEGA, pola súa colaboración nos eventos de ciclismo.

O Team Farto BTC, primeiro equipo ciclista galego feminino profesional / XUNTA
O Team Farto BTC, primeiro equipo ciclista galego feminino profesional / XUNTA

Na Gala do Ciclismo Galego fíxose entrega de 170 diplomas 

A Gala tamén serviu para premiar os resultados deportivos máis sobranceiros dos dous últimos anos. Entregáronse máis de 170 diplomas. Polo escenario do auditorio vilagarcián desfilaron as gañadoras e os gañadores dos Rankings FCG 2021 de Estrada, BTT e Ciclocrós; as ciclistas e os ciclistas que conseguiron medallas nos Campionatos de España, e aquelas e aqueles que subiron aos podios finais das Copas e dos Opens de España tanto no 2020 como no 2021.

Ademais, de xeito excepcional coroouse ás tres primeiras e aos tres primeiros da Copa Galicia Cadete de Estrada, unha cerimonia que no seu día non se puido realizar nas mellores condicións.

“Detrás dos deportistas hai moita xente traballando e nesta época de adversidades o ciclismo galego sóubose inventar de novo e traballar cóbado con cóbado para saír ás estradas e facer eventos con garantías sanitarias”, sinalou Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego, que subliñou dous datos: “As licenzas aumentaron un 20% no último ano e para esta temporada 2022 temos no calendario uns 180 eventos”.

A directiva e o equipo de traballo da Federación de Ciclismo de Galicia estiveron acompañados por representantes de entidades públicas e privadas: Tanía García, tenente alcaldesa de Vilagarcía; Miro Senén, concelleiro de Deportes; Ramón Pereiro, xefe territorial da Consellería de Presidencia Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra; Daniel Benavides, xefe do servizo da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra;  Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes da Deputación de Pontevedra; Cristina Fernández, alcaldesa de Ponteareas; Miguel Bouzó, concelleiro de Deportes de Ponteareas; e Manuel Tanoira, xefe de ventas de Toyota Compostela Móvil.

Etiquetas ciclismoFCGFederación Galega CiclismoGALATeam Farto BTCVilagarcía de Arousa
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño integrante da Selección de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

A Selección de Galicia feminina de ciclismo cruza a raia e compite en Portugal

por Redacción As Nosas
20/07/2022
0

  A aposta da Federación Galega de Ciclismo polo ciclismo feminino traspasa fronteiras. A Selección de Breogán cruzará esta fin de...

A ciclista galega María Filgueiras / RFEC

María Filgueiras vence a carreira contra o reloxo do Campionato de España Escolar de ciclismo cadete

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

  Celebráronse os Campionatos de España Escolares e o Campionato de España Júnior. A miñense María Filgueiras conquistou a medalla...

Lorena Patiño integrante da Selección de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lorena Patiño, campioa de España Escolar cadete de XCO

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

  A ciclista pontevedresa Lorena Patiño venceu con autoridade no circuíto de Valladolid, onde os dous conxuntos cadetes da Selección...

Filgueiras, terceira na Copa de España / RFB

María Filgueiras, terceira na clasificación final da Copa de España Feminina

por Redacción As Nosas
23/06/2022
0

  María Filgueiras remata a última proba da Copa de España feminino en segundo lugar acadando o terceiro posto na...

Susana Rodríguez Gacio na Copa do Mundo de paratriatlón na Coruña con Sara Loehr / ÍÑIGO ROLÁN

Susana Rodríguez Gacio vence na categoría PTVI Women na Copa do Mundo de Paratriatlón A Coruña 2022

por Redacción As Nosas
19/06/2022
0

  A paratriatleta galega Susana Rodríguez Gacio triunfa na Coruña na categoría PTVI Women da Copa do Mundo de Paratriatlón...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

12/08/2022
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.