• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Futsi Atlético Navalcarnero non ten piedade do Amarelle (0-11)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/03/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA

O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA

79
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Medíase esta fin de semana o Viaxes Amarelle FSF ás líderes do subgrupo A, o Futsi Atlético Navalcarnero que camiña invicto na competición. As galegas tentaron sorprender ao seu rival co xogo de cinco desde os 20 segundos de xogo. De feito, conseguiron aguantar as arremetidas visitantes na primeira metade que rematou cun 0-3, pero na segunda, o ciclón madrileño endosoulle ás herculinas unha dolorosa derrota por 0-11.

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF que quería dominar o balón e o xogo ante un rival moi superior. Foi por iso que Jorge Basanta optou polo xogo de cinco cando apenas pasaran 20 segundos de xogo. Á procura da sorpresa que non chegou. Tiveron o balón durante algo máis dun minuto e, na primeira oportunidade que tiveron as locais, Ame Romeu, rouba un balón en primeira liña e desde 25 metros anota e o 0-1.

O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA
O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA

A pesar do gol, as herculinas non rebaixaron a súa insistencia no xogo de cinco. Buscaron chegar á portaría defendida por Belén de Uña, pero con pouca fortuna.

Segundo pasaban os minutos, as visitantes empezaban a demostrar todo o seu potencial e empezaban a xerar xogo con perigo, e facerse co tempo do partido. Mentres que as herculinas trataban de exercer unha presión alta sobre o seu rival.

Pouco despois da medianía do primeiro período Irene Córdoba anotaba o 0-2, e a falta de 4 minutos para o tempo de asueto, Leti puña o 0-3 no marcador. Mentres, o cadro galego trataba de recortar distancias sen éxito. Rematou a primeira metade cun 0-3 no luminoso da Sagrada Familia.

O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA
O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA

Na segunda metade as visitantes empezaban máis metidas que nunca no partido e aos dez segundos María Sanz subía o 0-4 ao marcador, e apenas uns segundos máis tarde Gaby facía o propio para subir o 0-5.

Estes goles tan temperáns, desbarataron as intencións das galegas, ante un rival que xeraba moito xogo, ocasións e sobre todo goles.

As galegas trataban de aguantar as arremetidas visitantes e buscar sorprender á contra sen conseguilo. E chegou a medianía do segundo tempo con tres goles practicamente consecutivos para Futsi Atlético Navalcarnero, obra de Ari, Leti e Irene Córdoba, e levar o marcador a un 0-8.

Os ánimos da escuadra herculina estaban baixos ante tal avultado marcador, e a maiores uníase o cansazo tras contar con só tres rotacións no banco, tras as molestias de Cris Lourés durante o partido.

O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA
O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA

Ademais, o equipo laranxa xa con cinco faltas. Chegaron dúas ocasións de dobre penalti para as madrileñas, e mentres o primeiro intento íase por fóra, o segundo puña o 0-9 no marcador, obra de Ju Delgado, a falta de 4 minutos para o final.

E aínda que parecía todo finiquitado, o Futsi Atlético Navalcarnero aproveitou as postrimerías dos últimos segundos de xogo para levar o luminoso até un 0-11, tras goles de Lorrana e Ari.

O seguinte rival do Amarelle será o AE Penya Esaplugues

Logo deste partido o Futsi Atlético Navalcarnero segue líder e as coruñesas continúan terceiras pola cola (7ª posición).

O Viaxes Amarelle FSF regresará o luns aos adestramentos para preparar un difícil encontro contra un dos rivais directos neste tramo final da primeira fase na Primeira División Feminina de Fútbol sala da RFEF.

O cadro herculino disputará a xornada undécima do subgrupo A, que fora aprazada. A cita está fixada para o domingo 14 de marzo de 2021 ás 12:00 horas no Complex Esportiu Municipal Lles Moreres (Esplugues de Llobregat). As contrincantes: as futbolistas da AE Penya Esplugues. As catalanas son o equipo que precede ás galegas na táboa clasificatoria. Ambas as dúas escuadras contan con 10 puntos no seu haber.

Viaxes Amarelle FSF / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF / MANU BOUTUREIRA

FICHA TÉCNICA

VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, María Gómez, Anna Escribano, Patri Corral e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Lau Doce, Cris Lourés, Yaiza e Sofía.

FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO: Belén de Uña, Ju Delgado, Ari, Lorrana e Ame Romero – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Leti, Becha, María Sanz, Anita Luján, Irene Córdoba, Gaby e Marta Balbuena.

GOLES: 0-1 Ame Romero (min. 1); 0-2 Irene Córdoba (min. 12); 0-3 Leti (min. 16); 0-4 María Sanz (min. 21); 0-5 Gaby (min. 21); 0-6 Ari (min. 28); 0-7 Leti (min. 28); 0-8 Irene Córdoba (min. 29); 0-9 Ju Delgado (doble penalti) (min. 36); 0-10 Lorrana (min. 40); 0-11 Ari (min. 40).

ÁRBITROS: Martínez Torres e Ferrero Carballal del Colexio de Árbitros de Galicia. Mesa: Silva Martínez do Colexio de Árbitros de Galicia.

TARXETAS: Amosaron carton amarelo a Diego Rodríguez, Anna Escribano, Sofía e Leti Rojo do Viaxes Amarelle FSF, así como a Alberto Arranz e Leti nas filas do Futsi Atlético Navalcarnero.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á decimosétima xornada do Subgrupo A da Primeira División Femenina de Fútbol Sala da RFEF disputado no Pavillón Municipal de Sagrada Familia, na Coruña.

Etiquetas fútbol salafutsalFUTSI ATLÉTICO NAVALCARNEROViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.