Non foi a desta fin de semana unha xornada propicia para o futsalfem galego na Primeira División da RFEF. Nin unha soa vitoria colleitada. Derrotas para Poio Pescamar e Marín Futsal, e táboas para Ourense Envialia e Pescados Rubén Burela. Con todo, os conxuntos galegos continúan a ocupar postos cómodos ou destacados na táboa clasificatoria da máxima categoría.
A quen máis lle cundiu o resultado desta fin de semana foi ao Pescados Rubén Burela, que empataba 1-1 na cancha do Arriva AD Alcorcón FSF, Los Cantos. Deste xeito, as da Mariña afiánzanse na segunda praza e poñen un punto máis por medio cos seu rival desta xornada, que seguen terceiras.
O rival da vindeira semana das futbolistas que adestra Lucas é o Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF que é décimo (sábado 28/11/21, 20:00h). O Burela repite como visitante. Antes catro Guerreiras Laranxas estarán coa Selección Española de Fútbol Sala: Peque, Ale de Paz, Dany Domingos e Irene. A rojilla xoga amistosos con Portugal.
📸 Aquí os dejamos algunas fotografías del duelo en el podio de este mediodía con empate 1-1 🆚 @ADAlcorconFSF
©️ @jorgequesadaphoto#Burela #Futsal #SomosFutsal y pic.twitter.com/0FY27xU5nL
— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) November 21, 2021
O outro empate foi para o Ourense Envialia que finalizou o seu partido co CD Leganés 4-4 no pavillón dos Remedios. Aquí temos un caso de empate a goles no paratido e empate a puntos na táboa. Ambos os dous conxuntos atesoran 11 puntos tras tras vitorias, dous empates e tres derrotas. O golaverage posiciona ao Ourense Envialia 5º e ao CD Leganés 8º. As xogadoras que adestra Gonzalo Iglesias Morenín, meteron a directa e están imparables. Arrincaron a tempada perdendo tres partidos seguidos pero desde a 4ª xornada non saben o que é caer derrotadas. Dous empates e tres vitorias. Suma e segue para a manda de #AForzaDoLobo.
A vindeira semana as ourensás terán que visitar ás líderes, o Atlético Navalcarnero na súa cancha. Será o sábado 27 ás 18:30 horas.
Por su competitividad, por sus clubes, por sus jugadoras y por jugadas cómo esta por eso podemos decir que estamos en la mejor Liga del mundo. #SomosFutsal ⚽ #FSF @OUenvialiaFSF @SomosFutsal @live_vuvuzela @ACFSFfutsal pic.twitter.com/n9JRiAwNP2
— Ourense CF #conOdeOurense 👌 (@Ourense_CF) November 21, 2021
Tropezou o Poio Pescamar na casa contra o Atlético Navalcarnero. Unha derrota que entra nos cálculos de case todos os equipos da categoría. As madrileñas son doutra galaxia. O conxunto conserveiro caía por un 2-6 coas líderes na Seca. Querían as galegas seguir polo camiño das vitorias que retomaran con CD Leganés a xornada previa, pero o Futsi Atlético Navalcarnero non era un rival propicio para iso.
Empezaron anotando as visitantes que chegaron a poñerse 0-2 con goles de Ari e Becha. Reduxo distancias Dupuy (1-2) e volveu á carga o Futsi cun gol de Laura Córdoba (1-3). O 1-4 foi de Irene Córdoba. Todo queda na casa. Luci anotaba para as conserveiras o 2-4 e finiquitaba a conta anotadora do Poio Pescamar. Quen seguiu marcando foi o Atlético Navalcarnero que anotaría dous tantos máis por medio de Ame Romero e Anita Luján (2-6).
O seguinte reto das conserveiras será viaxar a xogar con Melilla Sport Capital Torreblanca FS. Sobre o papel estamos ante un rival moito máis asequible, pero haberá que velo na cancha melillense o sábado 27 a partir das 19:00 horas.
O Marín Futsal perde xusto antes de ir visitar ás líderes
Perdía na cancha do FSF Móstoles o Marín Futsal que caían na táboa un par de postos pero sen meterse en complicacións nunha tempada que está demostrando as súa clara intención de manterse na élite. O rival desta ocasión marcha cuarto por algo. Así que non o tiña doado o conxunto que adestra Raúl Jiménez. Conste que as galegas puxéronse por diante no marcador no arranque cun gol de Café. Pero logo Santos, Celia e Rafaela anotaban para o FSF Móstoles poñendo o choque 3-1 no descanso. O intento do Marín Futsal de recuperar o control do partido tivo o efecto contrario. As locais puxéronse 6-1. No final do choque, María anotaba un tanto máis para as galegas.
21-8J 1ª RFEF FSF (📺 Goles)
Móstoles mantiene el puesto y las gallegas bajan 2 en la clasificación:
4⃣ @FSFMostoles 6-2 9⃣ @marin_futsal
6-1 ⚽️⚽️ Sara Santos 39′
Toda la información, I❤️Futsal …https://t.co/bVLNehbc8h pic.twitter.com/siAhMDFBpO
— Esimportante.es – Futsal Femenino 🇪🇸 (@esimportante_es) November 22, 2021
Non o van ter máis doado as futbolistas que adestra Raúl Jiménez a vindeira fin de semana xa que terán que visitará a súa cancha o Arriva AD Alcorcón FSF. Outro dos clubs madrileños da zona alta. As terceiras da clasificación sen ir máis lonxe. O partido será o sábado 27 de novembro ás 17:00 horas e abrirá a novena xornada na Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF.