• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O fútbol sala feminino reclama o seu Mundial mentres o masculino prepara a 10ª edición

As futbolistas esixen á FIFA "un compromiso real dunha vez por todas", denuncian un "trato discriminatorio" e avisan: "a igualdade de xénero non se acada con promesas baleiras" | Afirman que agardan, sen éxito, unha resposta da FIFA desde hai un ano

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/11/2022
en Máis FutSal, Fútbol Sala
Natalia Orive, presidenta da Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (AJFSF), esixe á FIFA un Mundial de futsalfem / AJSF

Natalia Orive, presidenta da Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (AJFSF), esixe á FIFA un Mundial de futsalfem / AJSF

162
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (AJFSF) reclama á FIFA a celebración dun Mundial feminino desta disciplina deportiva. Mentes no cinco contra cinco os homes preparan a décima edición do seu Mundial, as mulleres non obteñen resposta sobre por que eles si, e elas non.

Natalia Orive, presidenta da AJFSF explica nun vídeo publicado nas redes sociais da Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala os motivos que lles levan a facer pública esta reivindicación. Segundo denuncian, hai un ano que as súas peticións formais ante a FIFA non obteñen resposta algunha.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Asociación de Jugadoras (@ajfs_femenino)

Explicaba hai uns días Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (AJFSF) nun comunicado publicado en internet:

Desde o 2015 a Asociación de Xogadoras de Fútbol sala denunciou a inexistencia dunha Copa do Mundo de Fútbol sala Feminino.

Desde ese ano reunímonos en varias ocasións cos responsables da disciplina dentro de FIFA, quen prometeu en cada un dos encontros a realización dun Mundial.

Decidimos romper a confidencialidade das reunións xa que ningunha das promesas leváronse a cabo.

Por esta mesma razón, o 2 de novembro desde a AJFSF Internacional reunirémonos en conferencia de prensa xunto a distintas xogadoras recoñecidas a nivel mundial.

Porque se non nos quixeron escoitar.
Agora terannos que ver.

É dicir, que, fartas de promesas que non se materializaban desde a AJFSF deciden optar por facer públicas non só as súas reivindicacións, se non tamén o incumplimento por parte da FIFA que, aseguran, “prometeu en cada un dos encontros a realización dun Mundial”.

Se isto fose un partido, o futsalfem vai perdendo por 10-0 fronte ao masculino. Esa é a diferencia de edicións entre competicións mundialistas dunha mesma disciplina deportiva se miramos o xénero. Segundo explica a AJFSF hai un ano que o colectivo de futbolistas reclamaba novamente á FIFA a organización desta competición inexistente, até o de agora, para a categoría feminina. Falan de “trato discriminatorio”.

Hai uns días avisaban nas súas redes: “Se antes non nos quixeron escoitar… agora vannos ter que ver”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Asociación de Jugadoras (@ajfs_femenino)

A advertencia fíxose realidade hoxe coa publicación de dous vídeos. Nun deles Natalia Orive, presidenta da AJFSF aparece rodeada de futbolistas de diferentes nacionalidades como a arxentina Julia Dupoy (que xoga no Pescados Rubén Burela FS), a brasileira Amandinha ou a ucraína Vika Kyslova (que xogan no o Melilla Sport Capital Torreblanca FS que adestra o galego  Morenín) e a española  Anita Luján (que xoga no Fútsi Atlético Navalcarnero).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Asociación de Jugadoras (@ajfs_femenino)

Na outra peza audiviovisual as protagonistas son directamente xogadoras internacionais de diferentes nacionalidades. Participan futbolistas das seleccións de Brasil (Amandinha), Arxentina (Julia Dupoy), España (Anita Luján), Ucraína (Vika Kyslova), Paises Baixos (Nancy Loth), Xapón (Chikage Kichibayashi), Portugal , Uruguay (Fátima Villar), Irán (Zahra Loffabadi) e Italia (Ersilia D´Incecco).

Entre todas as xogadoras van ligando frases nas que, como un equipo cheo de estrelas internacionais, lanzan a seguinte mensaxe conxunta como unha soa voz:

  • “En 1989 FIFA organizou o primeiro Mundial de Fútbol Sala masculino”
  • “E o noso?
  • “Ano tras ano prométennos unha Copa do Mundo!”
  • “A igualdade non puede ser una promesa”
  • “Tener un Mundial, tampouco”
  • “E aquí seguimos”
  • “Entrenando, entrenando, entrenando, entrenando”
  • “Ata cando?”
  • “Nós tamén xogamos”

O vídeo remata co texto:

“FIFA organiza o Mundial de futsal masculino número 10.

As xogadoras seguen sen ter un”.

Efectivamente, como apuntan no vídeo as futbolistas, o primeiro Mundial de futsal masculino xogouse no ano 1989. En 2022 tivo lugar a novena edición que gañou a Selección de Portugal. As seleccións masculinas xa están preparando a 10ª edición da súa Copa do Mundo. As femininas… non están convocadas.

Tirando de retranca e de música poderíamos versionar unha coñecida canción e preguntar algo que parece ter so un incomprensible silencio por resposta: E o feminino para cando? 

Si hai un Campionato de Europa de futsalfem pero non un Mundial

O Europeo é, arestora, a máxima competición internacional que unha xogadora de fútbol sala pode aspirar a disputar.

En moitas partes do mundo existen competicións de futsalfem fortes no ámbito ámbito estatal. Queda clara tamén a demanda por parte das xogadoras para poder disputar esa competición. Pero a resposta da FIFA non chega. Por que?

Texto íntegro do comunicado da AJFSF no que se reclama unha reunión para a posta e marcha dun Mundial de fútbol sala feminino:

En setembro do 2021, dirixímonos á FIFA polo mal trato e abandono público cara ás xogadoras de fútbol sala. Un ano despois, seguimos sen respostas oficiais. Mentres que o fútbol sala masculino prepárase para o seu décimo mundial, a FIFA segue sen organizar a nosa primeira edición.

Estamos reunidas por primeira vez na historia para denunciar publicamente o trato discriminatorio.

Esiximos con urxencia unha reunión oficial co máximo responsable. Necesitamos un compromiso real dunha vez por todas. A igualdade de xénero non se vai lograr con promesas baleiras.

Se antes non nos quixeron escoitar… Agora terannos que ver

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Asociación de Jugadoras (@ajfs_femenino)

Fóra de cámara, a través das súas redes sociais, moitas son as futbolistas galegas ou que militan en clubs galegos, que amosaron o seu apoio á campaña do colectivo de futbolistas compartindo, principalmente vía historia de Instagram a ligazón ás pezas audiovisuais da AJFSF ata conseguir facelas virais.

Nese camiño de reivindicación e apoio a esta acción da A Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (AJFSF ) ante a FIFA atopamos a deportistas como: Antía Pérez, Jozi Oliveira, Dany Domingos, Peque, Sol Pedrera, Elena Aragón, Cami, Uxía Rodríguez, Carla Rodríguez ou Adriana García. Estes nomes son so unha escolla, a lista é moito máis longa.

Téñense sumado tamén a adestradoras como Mondo, que prepara este curso ao Ourense Envialia, e Gonzalo Iglesias Morenín, que ocupaba ese banco ata o pasado ano e dirixe agora ao Melilla Sport Capital Torreblanca FS. Na reclamacións achegan o seu apoio incluso clubs como o Burela FS ou o Atlético Arousana.

É imposible incorporar a lista de todas a voces que no deporte do cinco contra cinco feminino se alzan desde terras galegas compartindo o vídeo da AJFSF para pedir un Mundial de FutSalFem xa!

Etiquetas AJFSFFIFAfútbol salafutsalfemMundialNatalia Orive
Comparte1Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

por Redacción As Nosas
04/02/2023
0

  Este domingo, día 5 de febreiro ás 12.00 horas da mañá, xogan no Pavillón Siglo XXI de Zaragoza o...

Julia Benedetti, na lista de skaters españois convocados para o Mundial / FEP

Julia Benedetti, na lista para o Mundial de skate

por Redacción As Nosas
31/01/2023
0

  O seleccionador nacional, Alain Goikoetxea vén de facer pública a lista de deportistas convocados para os Campionatos do Mundo...

Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

por Redacción As Nosas
29/01/2023
0

  As Guerreiras Laranxas do Burela FS son pentacampioas da Supercopa de España de fútbol sala feminino. Catro deses cinco...

Formación Burela FS semifinal Supercopa de España ante Futsi Atlético Navalcarnero / BURELA FS

As Guerreiras Laranxas do Burela FS levan a semifinal da Supercopa de España ante o Futsi Atlético Navalcarnero (5-3)

por Redacción As Nosas
28/01/2023
0

  Paso adiante do Pescados Rubén Burela FS para erguer o trofeo de campión da Supercopa de España de futsalfem...

Duelo no futsal galego entre Burela Pescados Rubén vs Poio Pescamar / PRBFS

Derbi das costas do futsal co segundo posto en xogo entre o Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
14/01/2023
0

  Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar protagonizan o partido da xornada na Primera División do FutSalFem da RFEF. O...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

04/02/2023
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

03/02/2023
Zona de lanzamentos do CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD de Pontevedra acolle o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub-23

03/02/2023
A atleta galega do Club Ourense Atletismo, Carmen Escariz, no Mundial de Marcha por equipos competindo por España nos 20 km, a deportista estará competindo en Ames no autonómico de marcha en ruta / RFEA

Ames, epicentro da marcha galega en ruta

03/02/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.