• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O furacán BAXI tamén tumbou ao Celta Zorka Recalvi (78-52)

A despedida da Malata foi cun bo sabor de boca para as locais, non así para as visitantes que sumaron a súa sexta derrota

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/03/2021
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
BAXI Ferrol vs Celta Zorca Recalvi na Malata / UNIVERSITARIO FERROL

BAXI Ferrol vs Celta Zorca Recalvi na Malata / UNIVERSITARIO FERROL

69
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As ferrolás do BAXI, que adestra Lino López teñen no ascenso á Liga Feminina Endesa un obxectivo que non as deixa baixar a guardia ante ningún rival para non perder o ritmo. Nesta ocasión, a súa ‘vítima’ foi outro conxunto galego o Celta Zorka Recalvi que cae un posto na clasificación que rematan a xornada terceiras. As da Cidade Departamental amosáronse superiores ás viguesas ás que venceron por un marcador de 78-52.

Ao inicio do partido ambos os dous equipos posaron xuntos cunha pancarta en alusión á visibilización das mulleres co gallo do 8M. O BAXI Ferrol puxo en marcha unha acción en colaboración co Concello de Ferrol e o comercio local para levar ás deportistas do conxunto ferrolá a diferentes escaparates neste mes de marzo adicado á muller.

O BAXI Ferrol e Celta Zorka Recalvi cunha pancarta da acción de visibilización do deporte feminino que puxeron en marcha as ferrolás o 8M / UNIVERSITARIO FERROL
O BAXI e Celta cunha pancarta da acción de visibilización que puxeron en marcha as ferrolás o 8M / UNIVERSITARIO FERROL

O BAXI Ferrol demostrou ante o Celta Zorka Recalvi, terceiras clasificadas, que está no bo camiño para chegar á fase de ascenso en condicións de buscar subir á liga Feminina Endesa. As de Vigo so levaban cinco derrotas antes de pisar A Malata, pero o furacán BAXI non levanta o pé do acelerador ante ningún rival e tampouco o fixo coas celestes.

Vintecinco vitorias de vintecinco partidos, esa é a bagaxe das ferrolás no que levamos de tempada na Liga Feminina 2. E iso que o equipo do BAXI Ferrol sufriu un contratempo no quecemento coa lesión de Irene Gari, o que lle impediu disputar o partido. Tamén tivo problemas antes do salto inicial Cristina Cantero que viu como se quedaba sen Mariona Martín e Celia García Paunero. A maior complicación xurdiu debido a que a súa ausencia complicaba a rotación

Así e todo, o BAXI Ferrol fixo un gran traballo, cunha defensa moi intensa que impedía que o seu rival puidese anotar con facilidade. As celestes non eran quen de atopar como superar ao xogo defensivo local. As de Lino López forzaban o dous contra un nos currunchos na subida de balón o que levou a que o primeiro cuarto terminase cun 18-8.

O segundo parcial tamén foi dominado pola escuadra departamental, que foi ampliando a súa vantaxe cun parcial de 26-18 que lle permitiría chegar ao descanso cunha cómoda renda de 44-26.

Reacción do Celta

Logo do paso por vestiarios houbo unha reacción a escuadra celeste. O equipo vigués saíu moi forte e endosoulle ás locais un parcial de 2-13, colocáronse o partido cun 46-39. As olívias xogaron os seus mellores minutos na Malata e foron que de manter a raia á defensa local que na primeira metade as levara polo camiño da amargura.

BAXI Ferrol vs Celta Zorca Recalvi na Malata / CELTA BALONCESTO
BAXI Ferrol vs Celta Zorca Recalvi na Malata / CELTA BALONCESTO

En ataque, as pupilas de Cristina Cantero optaron pola verticalidade lideradas por Stamenkovi. Parecía que o Celta Zorka Recalvi podía remontar o choque e que non todo estaba perdido para as de Vigo, pero as pupilas de Lino López volveron apertar en defensa para terminar por detrás no parcial do terceiro cuarto 13-16 pero por diante no global do partido  57-42.

No últimos dez minutos, a formación ferrolá incrementou o ritmo e conseguiu un parcial de 21-10 que serviu para sentenciar o choque e celebrar coa súa afección un claro triunfo por 78-52, o que lle permite seguir contando os seus partidos por triunfos. E xa van 25…

A xogadora máis valorada das locais foi Patricia Benet con 22 seguida de Brooke Salas con 18. Nas filas do Celta Zorka Recalvi a xogadora máis valorada foi Stamenkovic con 14. No que respecta á anotación, Patricia Benet e Sune Swart asinaron 15 puntos cada unha dos 78 do total do BAXI Ferrol, convertíndose dese xeito nas máximas anotadoras do partido.

Aínda resta unha última xornada da liga regular

A última xornada da liga regular levará ao BAXI Ferrol á cancha do Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostea, onde exercen de locais as tamén galegas do Ulla Oil Rosalía. Será o vindeiro día 27 de marzo ás 19:00 horas xa que a xornada ten horario unificado. O cruce será arbitrado polos colexiados Diego Fernández Requejo e Christian Abalo Buceta.

No caso do Celta Zorka Recalvi, as celestes pecharán a súa participación na liga regular na súa pista do pavillón de Navia recibindo ao Maristas Coruña.

O BAXI Ferrol agradece á súa afección o apoio no seu último partido na Malata deste curso / UNIVERSITARIO FERROL
O BAXI Ferrol agradece á súa afección o apoio no seu último partido na Malata deste curso / UNIVERSITARIO FERROL

FICHA TÉCNICA

78) BAXI FERROL: Brooke Salas (7), Laura Fernández (-), Geraldynn Malama Leaupepe (2), Patricia Benet (15) e María Anniina Aiajanen (6) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patricia Cabrera (13), Julieta Mungo (3), Natalia Rodríguez (7), Andrea Boquete (10) e Sune Swart (15).

52) CELTA ZORKA RECALVI: Ainhoa Lacorzana (2), María Margarita Davydova (-), Lucía Fontela (7), Maja Stamenkovi (12) e Adrienne Marie Motney (14) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Noa Comesaña (-), Clara Prieto (5), Sara Vidal (-) e Rosemarie Julien (10).

PARCIAIS: 18-8, 26-18, 13-16 e 21-10

ÁRBITROS: Andrés Esteban Domínguez e Samuel Martínez Covelo. Sinalaron 17 faltas ao BAXI Ferrol e 21 ao Celta Zorka Recalvi.

INCIDENCIAS: Partido disputado no pavillón municipal da Malata en Ferrol, con aforo reducido a 300 espectadores debido á pandemia de COVID-19. O conxunto local agradeceu á súa afición o seu apoio cunha pancarta.

Etiquetas A MalatabaloncestoBaxi FerrolCelta Zorka RecalviIrene GaríLF2
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

09/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.