• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Friol e Sárdoma apretan ao Interrías, que se mantén líder da Primera Nacional

Os tres equipos galegos seguen a loitar polos primeiros postos da clasificación

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
08/02/2022
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
PM FRIOL / CEDIDA

PM FRIOL / CEDIDA

199
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Coa primeira parte da competición da Primera Nacional xa entrando no tramo final, tres equipos galegos seguen mantendo un pulso polos primeiros postos. O Viajes Interrías aguanta como líder, aínda que unha derrota ante o PM Friol e a vitoria do Sárdoma fai que lucenses e pontevedresas apreten ao primeiro clasificado.

Ao remate da 18ª xornada, as de Portonovo encabezan o grupo norte con 36 puntos, o Sárdoma marcha segundo con 35, e un por debaixo está o Friol.

Seguindo coas clasificacións galegas, o Dépor ABANCA B sitúase en cuarta posición, con 29 puntos, o Umica CF é sexto con 25, as cebras do Victoria CF son sétimas, tamén con 25 e a UD Mos, Victoria FC e SD Villestro pechan a táboa, con 15, 11 e 0 puntos respectivamente.

O Friol vence ao Interrías e recorta distancias

A fin de semana chegaba cun duelo de altura no fútbol galego. PM Friol e Viajes Interrías, dous dos mellores equipos da categoría, víanse as caras en terras lucenses.

Alí, as xogadoras adestradas por Covi Regueiro non deixaron escapar a súa oportunidade e dobregaron ás de Luis Treviño. Apostando por unha intensidade alta desde o comezo, as locais fixéronse co dominio do xogo fronte a un conxunto aínda tocado polas semanas de parón obrigado pola COVID-19.

Con todo, o Interrías puido presumir de ocasións, aínda que o Friol mostrábase superior e, sobre todo, máis efectivo en ataque. O primeiro gol das lucenses non tardaría en chegar e materializouse no minuto 9, obra de Blanca.

O Interrías tivo que conformarse con aguantar os golpes e intentar aproveitar as escasas ocasións a balón parado. Con todo en contra, as visitantes tiveron que lamentar tamén a lesoón de Sara García, que deixaba o verde despois de recibir un golpe.

Na segunda metade, o Friol seguiu dominando no campo, xerando perigo na área rival e controlando as ofensivas das visitantes. As lucenses rondaban o 2-0, que finalmente chegaría no 65 da man de Blanca, quen transformou un penalti. O conxunto local remataría o partido no 77, cun terceiro gol de Ana Bonilla.

Con este 3-0, as lucenses recortan distancias, e ademais lévanse o golaveraxe, xa que na primeira volta perderan por un 2-0.

Tres puntos para Sárdoma e Dépor ABANCA B

Importante vitoria tamén a do Sárdoma, que venceu ao filial do Sporting de Gijón por un 3-0, sumando puntos para achegarse á primeira posición do grupo.

As viguesas recibían en casa ás asturianas, un equipo da zona baia da clasificación. Nas Relfas as locais adiantáronse pronto no marcador, cun gol de Yaiza no minuto 13. As de David Ferreiro seguiron competindo en busca do segundo, pero o descanso chegaría co marcador conxelado no 1-0.

Para a segunda parte, as locais seguían sendo superiores ao Sporting de Gijón, que malia intentalo non gozaba de ocasións de gol. Quen si estivo acertada fronte a portería rival foi Nerea Cruz, que anotou o 2-0 no minuto 79. Sobre o pitido final, Paula Lorenzo faría o 3-0, confirmando o bo momento deportivo das galegas.

Con este novo triunfo, o Sárdoma suma 12 partidos puntuando, dos últimos 15 disputados.

Outra das goleadas da xornada estivo protagonizada polo Dépor ABANCA B, que visitaba a domicilio ao SD Villestro, para anotar cinco goles e levarse os tres puntos da vitoria. Con este resultado, as filiais coruñesas son cuartas, a cinco puntos do PM Friol, mentres que as compostelás mantéñense colistas con 0 puntos.

O resto de galegas

No resto de duelos con participación galega, o balance foi de dúas derrotas e unha vitoria.

A UD Mos caeu ante o Versalles A, por un solitario gol anotado por Carmen Peñalver de penalti pasada a media hora de xogo. A outra derrota foi a do Victoria FC de Santiago, que xogaba ante o Olímpico de León, que se sitúa na zona morna da táboa.

As compostelás viron como unha serie de erros permitían ás visitantes adiantarse no marcador cun gol no 34 e outro no 37, pero non baixaron os brazos. O premio chegaría no 78, cun tanto de Sara Pena, pero o impulso non foi suficiente para chegar ao empate.

Mellor sorte correu o Victoria CF da Coruña, que sumou tres puntos tras vencer ao Gijón FF. As cebras de Cris Oreiro viaxaban a terras asturianas para competir contra un rival da súa liga.

A primeira metade foi un pulso entre ambos equipos, que remataría coa mínima vantaxe para as galegas, ao conseguir abrir o marcador no minuto 45 co 0-1 cun gol de Alba. Tras o descanso, as cebras seguiron concentradas, anotando o 0-2 no 53, obra de Raisa.

As asturianas tardarían en responder, anotando no 80 mediante Irene Martínez, aínda que sen posibilidades de ameazar a vitoria coruñesa.

Etiquetas Dépor ABANCA BFriolfútbolInterríasPM FriolPrimeira NacionalPrimera NacionalSárdomaSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia CFViajes InterríasVictoria CFVictoria FC
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.