• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

O Friol colócase líder, arrebatando a primeira posición ao Interrías

O Sárdoma sufre unha derrota que o descolga dos dous primeiros postos | No derbi dos Victorias, venceron as cebras

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
23/02/2022
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
O PM Friol é o líder da Primera Nacional / FRIOL IG

O PM Friol é o líder da Primera Nacional / FRIOL IG

302
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A loita polo ascenso a Reto Iberdrola segue candente. Na última xornada, o Viajes Interrías, que lideraba o grupo 1 desde a xornada 12, só conseguiu salvar un punto. Pola contra, o PM Friol asinou unha goleada que lle valería tres puntos e o regreso á primeira posición, iso si, empatadas a puntos coas de Portonovo.

En terceira posición marcha un Sárdoma CF que está a quedar descolgado da primeira posición, ao estar a cinco puntos dos dous primeiros clasificados e non sumar na 19ª xornada. Quen si sumou foi o Dépor ABANCA B, que se pon a tiro de pedra das viguesas, con 32 puntos, tras vencer ao UD Mos, 12º.

O Umia CF tamén sumou tres puntos para subir á quinta posición, onde acumula 31 puntos. A 19ª xornada tamén deixou un derbi entre o Victoria CF e Victoria FC, con vitoria para as coruñesas, que marchan sétimas, fronte ás santiaguesas, que seguen en risco de descenso na 13ª posición. Derrota tamén para o SD Villestro, que segue unha xornada máis colista.

Goleada do Friol ante o Sporting B

As xogadoras do PM Friol regresan ao máis alto da táboa, arrebatándolle o liderado ao Viajes Interrías no que manteñen un ollo posto ao sumar tamén 40 puntos.

As lucenses visitaban ao filial do Sporting de Gijón, rival da zona baixa, e en terras asturianas deron mostra dun espectáculo de goles. As galegas dominaron o encontro desde o pitido inicial e pasados os dez primeiros minutos, Blanca Cros abría a lata para as amarelas.

O segundo gol faríase esperar, debido ao aumento na intensidade da defensa branquivermella e un par de ocasións das locais que estiveron preto de poñer o empate no luminoso. As de Covi Regueiro souberon agardar a súa oportunidade, e asestaron o segundo golpe no minuto 35, desta vez da man de Alicia Martínez.

Na segunda metade, o Friol afianzou a súa superioridade cun festival goleador. Blanca Cros chegaría ao hat-trick cun gol no 49 e outro antes do pitido final, no 90. Tamén anotaría Yuki Nakata, botando por terra calquera esperanza de remontada das asturianas. O resultado final foi un 0-5.

O Interrías salva un punto pero perde o liderado

O líder tiña por diante o reto de vencer ao Real Oviedo B en casa para afianzar a súa presenza na posición de ascenso. Co Friol acechando, as de Luis Treviño tiñan que sumar si ou si nesta xornada.

Porén, o filial asturiano non lle puxo as cousas fáciles ás galegas. Ambos equipos mantiveron un man a man no inicio do partido, cun equilibrio que non rompeu ata o gol de Ana Menendez no minuto 20 para as visitantes.

O Interrías intentou a remontada, pero os seus esforzos non chegaban a porto e o descanso chegou con derrota para as galegas. Na segunda parte, as de Portonovo notaban a presión por puntuar, e seguiron presionando para rascar un punto. O premio chegou case sobre a bucina, cun gol no 89 de Alexandra Moreira. 1-1 e reparto de puntos que non beneficia ás galegas.

Revive aquí o duelo do Interrías e o Real Oviedo B.

O Sárdoma cae ante o Versalles CF

Nesta xornada, o Sárdoma sufriu unha derrota por un 3-2 ante o Versalles, e tivo unha ocasión perdida de botar madeira á loita polo ascenso.

As galegas víronse superadas polas asturianas, que golpearon primeiro con goles de Paula Núñez e Daniela González rondando a media hora de encontro. As visitantes respostaron con goles de María Calvar e Nerea Cruz despois da reanudación, para facer o 2-2.

Con todo, o Versalles logrou manter a cabeza fría e dominar o balón, para facer o terceiro e definitivo gol no minuto 75. O tanto de Ana Campoamor pechou o marcador, que xa non mundaría nos minutos restantes.

O derbi dos Victorias foi para as cebras

Xornada especial para os dous Victoria galegos. O coruñés e o compostelán citábanse no seu derbi, que rematou con vitoria para as primeiras por un 4-0.

As vermellas comezaron o partido con intensidade no campo da Grela, mantendo o esférico lonxe da súa gardameta Carmen Sumay. As cebras de Cris Oreiro loitaban por anotar, pero non lograban xerar ocasións claras de gol.

Así, non foi ata o minuto 40 cando un rexeite caeu nos pés de Andrea Díaz, quen viu a súa oportunidade para facer o 1-0. As compostelás loitaron polo empate, pero o descanso chegou sen cambios no marcador.

Derbi entre o Victoria CF e o Victoria FC da 19X / VFC
Derbi entre o Victoria CF e o Victoria FC da 19X / VFC

Na segunda parte, as coruñesas dominaron o partido. De novo Díaz non perdoou cando se viu ante a porta, asinando o segundo gol local. As vermellas moveron o banco para reaccionar, pero un novo erro na defensa deu a oportunidade para que as herculinas anotarn o terceiro, xa no minuto 80, obra de Candela Vázquez.

As visitantes buscaban o gol sen éxito, ante unha defensa das cebras que non deixaba espazos. Na outra área, as locais lograban facer o cuarto no 83, cun disparo de María Nogueira pola esquerda.

O filial branquiazul vence ante a UD Mos

Na zona media da táboa, o Dépor ABANCA B segue sumando puntos, cunha importante vitoria ante a UD Mos. Os dous equipos galegos citáronse en Abegondo, onde as coruñesas venceron por un 2-0.

As deportivistas lograron adiantarse cedo no marcador, ucn gol de Paula Novo no minuto 14. O UD Mos, que ve perigar a súa posición na categoría ao estar preto dos postos do descenso, non logrou transformar a urxencia en resultados, e as de Kevin Cabado dominaban o encontro.

Na segunda metade, o guion non mudou, e o Dépor ABANCA B repetiu gol, desta vez das botas doutra Paula, Monteagudo, xa no minuto 75. 2-0 e tres puntos para o filial.

Nova derrota do Villestro

Unha xornada máis, e xa van 19, o SD Villestro viuse superado polo seu rival. O conxunto enfrontábase ao Olímpico de León, que xogou como quixo na súa casa, rematando o partido nun 4-1.

As leonesas comezaron o encontro de cara, cun gol no minuto 2 de Aroa Caño. As visitantes lograrían manter a raia ás rivais durante boa parte da primeira metade, pero sen éxito nos ataques a vitoria seguía sendo do Olímpico.

Na segunda parte, as forzas fraquearon no bando galego, que vía como as locais volvían anotar pouco despois de saltar ao céspede, desta vez con gol no 46 de Emma Pérez. As leonesas seguiron anotando cun gol de Andrea Martínez no minuto 73 e o Villestro non reaccionaría ata case o final do duelo, cun gol da súa 7, Daniela Rivas.

Non contentas co resultado, as locais farían o cuarto gol no minuto 90, cun tanto de Nerea Redondo. As galegas non conseguiron puntuar en ningunha xornada, quedando relegadas á posición de colistas con 0 puntos.

O Umia CF imponse ao Gijón FF

O Umia CF sumou tres puntos na xornada que lle permiten seguir soñando na Primera Nacional. As galegas recibían ao Gijón FF, nun encontro que gañaron por un 4-0.

De principio a fin o partido foi das locais, que venceron cun dobre gol de Eva López, acertada no inicio e no final anotando no minuto 6 e no 90. Tamén golearon Nuria Torres no 65 e Natalia Sánchez no 72.

Con esta vitoria, as galegas escalan unha posición ata o quinto posto.

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolPM FriolPrimeira División NacionalPrimeira NacionalPrimera NacionalSárdoma CFFSD VillestroUmia CFViajes Interrías
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.