O Peluquería Mixta Friol xa ten a centrocampista que buscaba para dar un salto de calidade á parcela do centro do campo. Amani Bernadette, internacional por Costa de Marfil foi a elexida polo club galego para reforzar ao equipo de cara a esta nova tempada na Liga Reto Iberdrola.

A costamarfileña de 23 anos chega procedente do Extremadura UD e desde o Friol confían que a súa experiencia internacional aportará moita calidade e potencia ao centro do campo.
https://www.instagram.com/p/CF4zwadAeT7/
O Peluquería Mixta Friol arricará, o fin de semana do 17/18 de outubro, a Liga. O conxunto dirixido por Geluco Villar debutará no Municipal da Reigosa recibindo ao CDE Rácing Féminas e esperá sumar de 3 para empezar con bo pe esta tempada 20/21. Polo pronto, Villar xa conta con una gran xogadora no seu plantel, que de seguro que aportará moita calidade e experiencia á medular do conxunto lucense.
















