O Viaxes Amarelle sufriu nun final de partido infarto para impoñerse pola mínima ao Cidade de As Burgas GLS, (2-3). No cruce de necesitadas as futbolistas de ourense perderon a partida e pasan a ocupar o lugar de pechacancelas. Os tres puntos viaxan á Coruña. Ao último minuto chegábase cun 0-3 para as herculinas. As ourensás estiveron a piques de xestar unha igualada nun minuto no que marcaro dous goles.
O duelo entre galegas da Primeira División Feminina de Fútbol Sala da RFEF decantouse do lado das coruñesas pero non o tiveron doado as deportistas que adestra Jorge Basanta. Enfronte tiñan un oso duro de roer, un Cidade de As Burgas que levou o partido ata un final de infarto para vender cara a súa pel.
Presentación de los equipos pic.twitter.com/LSYwaIaoIV
— Cidade de As Burgas FS (@cidadeasburgas) November 14, 2020
O Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS afrontaban un duelo vital. Son rivais directos na loita pola permanencia nesta nova tempada na elite do fútbol sala feminino. As herculinas conseguiron chegar ao último minuto de xogo cun marcador de 0-3 a favor, grazas aos goles de María Gómez (2) e Leti Rojo; pero un final de infarto apertou o resultado e deixou un definitivo 2-3 no luminoso. Os tres puntos os levan na maleta as laranxas que tamén deixan o faroliño vermello da competición para as verdes.
O partido empezou cun Viaxes Amarelle FSF centrado nunha presión moi alta, sen dar opcións de xogar o balón ao Cidade de As Burgas GLS. Mentres, as xogadoras ourensás alternaban esperar a media pista, con presión alta de balón, alternando con tiros exteriores de Lucía Nespereira que puñan moito perigo para a portaría de Leti Rojo.
A pesar das ocasións locais, as máis claras tivéronas as herculinas, pero a falta de definición na finalización impedía que o gol chegase para o cadro laranxa; e o partido terminaba por irse ao tempo de asueto co marcador de 0-0.
Na segunda metade o Viaxes Amarelle FSF puxo toda a carne no asador e empezou a desenvolver un xogo sobre a cancha que o fixo moi superior ao conxunto local. As coruñesas conseguían chegar en varias ocasións á meta rival levando perigo, pero o gol seguíase resistindo. No luminoso continuaba o 0-0.
María Gómez tira de astucia para inaugurar o marcador
Os minutos pasaban, e o equipo laranxa cada vez xeraba máis perigo, e o gol terminou por chegar nun fallo parvo do partido, onde unha xogadora local chocaba coa súa porteira que deixaba o balón solto, e a pillería de María Gómez aparecía, para adiantar ás herculinas, subindo o 0-1 ao marcador, a oito minutos para o final do tempo regulamentario.
📺💪⚽️🧡 PRIMERA VICTORIA‼️
Final de infarto, pero los tres primeros puntos de la temporada acaban en el casillero de las herculinas.@cidadeasburgas 2-3 @amarellefsf #FutsalFemenino #PrimeraRFEFfutsal #jornada5 #vamosNaranjas pic.twitter.com/NwYMGkQnax
— Viaxes Amarelle FSF (@amarellefsf) November 14, 2020
Tras este gol, as locais empezaron a tomar algo máis de protagonismo, pero a vantaxe seguía sendo para as herculinas; polo que o Cidade de As Burgas GLS, optaba polo xogo de cinco a falta de dous minutos para o final do partido.
O conxunto ourensán saíu co seu xogo de cinco, e o Viaxes Amarelle FSF avisou no primeiro ataque de que ía tentar sorprender; e no que puido.
Segundo de María e gol da porteira Leti Rojo
María Gómez anotaba desde 30 metros o 0-2 para as herculinas e o seu segundo tanto na conta persoal. O conxunto local, necesitaba os puntos e seguiu optando polo xogo de cinco, pero tras un disparo que era atallado por Leti Rojo baixo paus, facía que nun disparo desde propia porta de Leti Rojo, levaría o 0-3 ao marcador para o Viaxes Amarelle FSF.
Co 0-3 no marcador e menos dun minuto por diante, parecía que o partido estaba de cara para as herculinas, pero en fútbol sala todo pode pasar e só fan falta segundos para que todo cambie. E isto observar perfectamente neste duelo galego, cando a falta de pouco máis de 30 segundos para o final, Sol aproveitaba un rexeite dentro da área e subía o 1-3 ao marcador. A falta de 18 segundos chegaba un dobre penalti para as locais, tras unha man de Lau Doce, e Clara Fernández non perdoaba e puña o 2-3 no marcador.
Segundos finais de infarto no duelo de galegas
Todo por decidir nos últimos segundos. As espadas en todo o alto e o Cidade de As Burgas GLS en racha diante da porta rival. Con eses ingredientes o partido ofreceu uns segundos finais de infarto no Paco Paz neste duelo de rivalidade entre galegas.
Finalmente o conxunto herculino foi capaz de manter a vantaxe dun gol no luminoso e sumar así o primeiros tres puntos da tempada, que lle permiten abandonar a última posición da competición. Por contra, o posto de pechacancelas o asume o Cidade de As Burgas GLS.
Foi un moi complicado, sobre todo polos nervios de ambas as dúas plantillas, que se fixeron patentes na cancha en todo momento. As futbolistas dos dous equipos sabíanse necesitadas de puntuar. Ao final os erros dos contrarios foron os que terminaron por provocar os goles ao rival. Pódese concluír que a vitoria se determina para o equipo que menos erros cometeu durante os 40 minutos de xogo.
Tras este cuarto encontro da tempada oficial, con final de infarto, o Viaxes Amarelle FSF volverá aos adestramentos este luns, tras o preceptivo descanso que tomarán hoxe domingo 15 de novembro as xogadoras. Esperando o próximo fin de semana, disputar un dos duelos máis complicados esta tempada na Primeira División Nacional Feminina, onde o cadro herculino disputará a sexta xornada do subgrupo A, o sábado 21 de novembro de 2020 ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) recibindo ao STV Roldán FSF.
Pola parte do Cidade de As Burgas, na vindeira xornada medirá forzas contra outro equipo da zona baixa, o Teldeportivo, penúltimo. As grancanarias perderon esta xornada co Poio Pescamar 5-2. Como as ourensás aínda non puntuaron esta tempada 2020 – 2021.
FICHA TÉCNICA
CIDADE DE AS BURGAS GLS: Ana, Lucía Nespereira, Clara Fernández, Fara, Amelia (cinco inicial). Tamén xogaron: Sonia Pacios, Sol, Canolich e Nahir.
Viaxes Amarelle FSF: Leti Rojo, Martita, Lau Doce, Candela, Yaiza, (cinco inicial). Tamén xogaron: María Gómez, Patri Corral, Cris Lourés e Anna Escribano.
GOLES: 0-1 María Gómez (min. 32); 0-2 María Gómez (min. 38); 0-3 Leti Rojo (min. 39); 1-3 Sol (min. 39); 2-3 Clara Fernández (doble penalti) (min. 39).
ÁRBITROS: Figueroa Veiga e Vieito Regueira do Colexio de Árbitros de Lugo. Mesa: Barreiro Novelle do Colexio de Árbitros de Ourense. AMONESTACIÓNS: Manolo Codeso do Cidade de As Burgas GLS (amarela).
INCIDENCIAS: Partido correspondiente á quinta xornada do Subgrupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala disputado o sábado 14 de novembro de 2020 no Pazo dos Deportes Paco Paz (Ourense).