O CESA remata, con orgullo, iso si, para Selección Galega Sub-17. O equipo que adestra Quin Valbuena dixo adeus á posibilidade de clasificarse para as semifinais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) tras caer ante Castilla y León na terceira xornada da fase de grupos. As nosas xa non dependían de si mesmas, estaban obrigadas a golear ao rival, pero tamén a esperar que Asturias dobregase ao País Vasco.
O combinado dirixido por Quin Valbuena saíu ben ao partido pero apenas puxo en perigo a meta defendida por Natalia durante os primeiros 45 minutos. Tras o paso polos vestiarios, e co resultado inicial no marcador, Castilla y León golpeou cun tanto de Daniela. O gol fixo moito dano á Selección Galega Sub-17, que vían como se esfumaban as opcións de clasificación.
Con esta derrota, as nosas da RFGF despídense do Campionato de España tras completar un grandísimo papel.
FICHA TÉCNICA
0) GALICIA: Reigosa; Uxía Varela, Paula Novo, Sara García, Carla Riomao, Carla Amado, Laura Testa, Marta Rico, Andrea, Candela e Antía Mayo. Tamén xogaron Antía Brage, Sara Pena, Fara, Uxía López e Laura Otero.
1) CASTILLA Y LEÓN: Natalia; Enya, Emma, Sandra, Claudia, Lauri, Natalia, Mariela, Emma Pérez, Daniela Luque, Zaira e Aroa. Tamén xogaron Sofía Pérez, Laura Barbero, Laura, Alba e Cristina.
GOLES: 0-1 Daniela (min. 51).
ÁRBITRO: Alejandro Ojaos Valera.
INCIDENCIAS: Terceira xornada da fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, disputado en San Juan Bosco Los Dolores (Cartagena).