• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Irene Ferreras “Ningún equipo depende de si mesmo para o ascenso directo e nós estamos preparadas para todo”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/05/2023
en Fútbol, Primera Federación
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

63
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Irene Ferreras salienta na previa da última xornada da liga regular na Primera Federación Iberdrola a curiosidade de que “ningún equipo depende de si mesmo (para o ascenso directo) e iso seguro que ao partido vaille dar certo nerviosismo”.

A adestradora do Dépor ABANCA explicaba na sala de prensa de Abegondo: “O noso maior obxectivo é tentar estar presentes no noso partido, vivir o noso momento en cada situación do xogo. Imos tentar, no posible porque non é fácil, abstraernos do que está a pasar fóra e ao final do partido xa veremos cal é a noticia. Estamos preparadas para todo. Sabemos que o máis importante é que fagamos un bo partido. Eu quedaríame tranquila se o equipo consegue os tres puntos e faino dunha maneira na que o equipo estea ben”.

A pesar de todo, a adestradora deportivista Irene Ferreras confesa que “me encantaría un final feliz, que terminase aí e que puidésemos ascender a Primera División; pero calquera dos tres equipos (Dépor ABANCA, SD Eibar e CDF Osasuna) incluíndo mesmo tamén ao Granada CF, pola traxectoria ao longo da temporada, mereceriámolo. Vai ser un desenlace bastante doloroso para tres deses catro equipos e hai que estar preparados para continuar o camiño no caso de que toque facelo”.

Insiste en que “estamos tranquilas, temos esa posibilidade que nos ilusiona moito, pero non o vemos como o final. O equipo agora mesmo está nun bo momento, temos que darlle continuidade ante o DUX (este domingo 14 de maio ás 12:00 en Pradoviejo, retransmitido en directo pola canle de Youtube do RC Deportivo)”.

“O traballo previo permítenos estar co ‘play-off’ asegurado”, lembra Ferreras

Na opinión da adestradora deportivista Irene Ferreras: “Temos que vivir ese partido coa importancia que ten e unha vez teñamos o desenlace final darlle a perspectiva que toque. Se é de celebración, de celebración; e se é de continuar ao día seguinte, pois o faremos. Estou a gozar moito do equipo, teño forza suficiente para continuar un mes máis se fixese falta. O traballo de todos estes meses permitíronnos estar xa co play-off asegurado, que era o primeiro gran obxectivo. E imos vivir agora esta oportunidade como se merece, podendo gozala, con moita ilusión, gañámonolo con suor e imos tentar facelo o mellor posible”.

Botando a vista atrás á temporada, Irene Ferreras lembra que “pasamos momentos de todo tipo. Non foi fácil. Chegamos aquí con opcións e iso é unha parte para estar feliz. É que se non estou feliz agora cunha situación así entre mans… Non a vivín nunca na miña vida a nivel deportivo nin como xogadora nin como adestradora. Hai que valorala e hai que gozala como o que é”.

Admitiu que “vivimos unha semana (última de liga) especial” e explica que “vemos como un privilexio preparar unha semana sabendo que xogamos un partido que se gañamos existe certa probabilidade de conseguir algo moi bonito. É moi especial para o staff, para as xogadoras”.

Irene Ferreras: “As xogadoras están súper implicadas”

Aprecia que “todas as xogadoras estean súper implicadas. Non todos os días vívese unha situación así no fútbol. Propuxémonos pensar en nós, gozar desta semana e das sensacións que deixa porque nunca sabes cando te vas a volver ver nunha igual”.

Recalca que a semana “a enfocamos desde, primeiro, en darlle normalidade, non facer nada diferente ao que vimos facendo. É verdade que é un partido que ten un contido máis importante que noutras situacións, pero é un partido para gañar tres puntos. Temos a sorte no vestiario de ter xogadoras que viviron unha situación de ascenso. Nós sobre todo o que lles pedimos é que tentasen que as súas mensaxes e as súas conversacións non fosen tanto desde o que teñen que facer os rivais, senón centrándonos máis no nós, en falar con xogadoras que puidesen vivir algo parecido, que nos conten a súa experiencia, como sentiron…”

Pide “ilusionarnos coa posibilidade de que poida pasar, non desde o agarrarnos a iso porque sabemos que non depende de nós, pero si que esa ilusión che empuxa cara a cousas boas. Temos na mente facer un bo partido, gañar 3 puntos, que é o que está en xogo para nós e para o DUX, o que pasa que para nós ten unha importancia maior e iso é o que se ten que notar no campo”.

Opina que “no fútbol moitas veces estamos máis pendentes de ‘non se pode perder…’ porque estamos sempre vendo a parte negativa e eu creo que o enfoque desta semana é todo o contrario. Se gañamos poden pasar cousas e esa alegría tamén a está respirando o equipo”.

O DUX, un rival que mudou de adestrador hai pouco

Finalmente do DUX, rival este domingo 14 de maio ás 12:00 en Pradoviejo (Youtube do RC Deportivo), Irene Ferreras apunta que “é un equipo que aspiraba a estar aí arriba. Ten un cadro moi competente. Cambiaron de adestrador hai tres xornadas, hai un cambio significativo na idea de xogo, están un pouco en construción de cara á temporada que vén, pero aínda así é un equipo moi perigoso, con xogadoras individualmente que che marcan a diferenza e sobre todo destaca por un físico importante, que nos vai a esixir moito en situacións de duelos e que se non sabemos levar o partido ao control, pódenos incomodar moito”.

Etiquetas Dépor ABANCADUXfútbolIrene FerrerasRC Deportivo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.