• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

Fernán Varela: “Tomamos cada partido como unha final”

O Ensino volve ao Pazo entre semana, en busca de puntos para saír do pozo da LF Endesa

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
15/03/2022
en Baloncesto, Liga Feminina Basket
Fernán Varela, adestrador do Ensino / ENSINO

Fernán Varela, adestrador do Ensino / ENSINO

40
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Durán Maquinaria Ensino ten este mércores (Pazo dos Deportes, 20:15 horas) unha nova oportunidade de sumar unha vitoria e alonxarse da ameaza de descenso. As lucenses adestradas por Fernán Varela recibirán a un Movistar Estudiantes perigoso e que vén de gañar na última xornada a outras galegas, as do BAXI Ferrol.

O preparador afirma que lle da “toda a importancia do mundo ao seguinte partido” xa que cada encontro é vital para o futuro das lucenses. “O que temos que facer é centrarnos no partido de Estudiantes. Sabemos que unha vitoria daríanos moito e unha derrota non é nada dramático polo de agora. Tomamos cada partido como unha final porque sabemos que suma moito cada vez que gañamos”, apunta.

Sobre o seu rival, Varela asegura que é un conxunto que “leva dous anos cunha liña moi marcada”. En poucas palabras, defíneo como un equipo “moi duro, que defende moi ben en media pista e baixo a súa canastra”. Para o Ensino é un cadro “incómodo, que tanto o ano pasado coma este púxonos moitas dificultades. Sabemos que vai ser un partido difícil”.

Apartado de baixas

Para a cita, non estarán na lista de Fernán Varela Tamara Abalde, aínda con molestias, nin María, que segue a recuperarse do seu problema de xeonllo. Quen xa está recuperada “ao 100%” é Georgina, que non presenta máis problemas relacionados coa súa lesión.

Varela: “Estes días tócame ter máis paciencia, facer máis traballo de vídeo e chegar ao partido nas mellores condicións posibles”

O adestrador é consciente de que a carga de partidos pode pasarle factura ás súas xogadoras polo que, aínda que “as xogadoras están encantadas de ter partidos e competición e a min gústame moito adestrar e ter sesións, teño que ter coidado de non sobrecargalas. Estes días tócame ter máis paciencia, facer máis traballo de vídeo e chegar ao partido nas mellores condicións posibles”.

Aproveitando a ocasión, o técnico quixo enviarlle unha mensaxe de apoio a Alicia Villegas, ex xogadora lucense que actualmente milita no BAX Ferrol e que sufriu unha lesión precisamente no partido das ferrolás ante o Movistar Estudiantes: “Quería mandarlle un saúdo e todo o ánimo do mundo a Alicia que o ano pasado estivo aquí con nós. Un abrazo forte e espero que che recuperes o antes posible”.

Alicia Villegas / ENSINO
Alicia Villegas na súa etapa no Ensino / ENSINO

O rebote defensivo, unha tarefa pendente

Na lista de tarefas pendentes no plantel do Ensino está mellorar o apartado do rebote defensivo, unha das claves da derrota que sufriron as galegas na última xornada ante o Lointek.

“Non estabamos facendo un mal traballo nos partidos anteirores e temos que volver a esa liña. Temos que corrixilo xa porque cunha sangría así (en relación ao último encontro) é practicamente imposible competir, especialmente contra un equipo sólido como o Estudiantes”, asegura o adestrador.

Fernán Varela, adestrador do Ensino / ENSINO
Fernán Varela, adestrador do Ensino / ENSINO

Obxectivo: motivar á afección para que acuda ao Pazo

O Ensino volverá xogar no Pazo este mércores, onde conta cunha peza clave: a afección. Con todo, Fernán Varela quixo evitar as típicas mensaxes animando ao público a acudir ao pavillón, aínda que afirma que “para nós é fundamental ter o apoio da xente”.

Varela: “Gustaríame que se sintan identificados co equipo por como xogamos e competimos, polo esforzo que queremos transmitir”

“Animala é o fácil, dicir que necesitamos o apoio e que veña a xente. Gustaríame que a liña do equipo, o que estamos facendo, faga que a xente que veña ao Pazo queira volver. Gustaríame que levaran un bo recordo, unha boa experiencia no pavillón, que se sintan identificados co equipo por como xogamos e competimos, polo esforzo que queremos transmitir. A partir de aí, centrarnos na parte que depende de nós para que as nenas e nenos de Lugo e os maiores queiran vira ao Pazo e ver os partidos do Ensino”, explicou o adestrador.

Etiquetas Durán Maquinaria EnsinoEnsinoEnsino LugoFernán VarelaLF EndesaLugo
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

O Valencia BC suma a 13ª vitoria consecutiva a costa do Durán Maquinaria Ensino (85-50)

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Xa dixera Antonio Pernas na previa que o Valencia BC non é un equipo da liga do Ensino. A...

Laura Aliaga no partido Movistar Estudiantes vs Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “O Valencia non é un equipo da nosa liga pero en momentos do partido estaremos aí”

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino visita a complicada cancha do Valencia BC hoxe sábado 21 de xaneiro. O partido, que está...

Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “Ter bóla para gañar a falta de 17 seguntos é un meritazo”

por Redacción As Nosas
16/01/2023
0

  Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino Lugo estaba contento co esforzo e o traballo do bloque que adestra...

Duran Maquinaria Ensino Lugo vs Casademont Zaragoza / ENSINO LUGO TW

Pese a ir case todo o partido por diante, o Ensino Lugo remata perdendo co Casademont Zaragoza (65-69) na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino Lugo perdía na casa 65-69 logo de ir por diante no electrónico na maior parte...

CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ YOUTUBE

O CV Arenal Emevé repite triunfo con Charly Carreño no banco (3-1)

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  As Loitadoras suman a súa segunda vitoria consecutiva en 2023 e mostran unha imaxe cada vez máis sólida. As...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.