O torneo All Star Mixto da Federación Galega de Balonmán ‘Xacobeo 21-22’ celebrouse nesta fin de semana en Pontevedra, converténdose xa nun clásico do balonmán galego na época de Nadal.
A xornada contou con espectáculo deportivo, cos concursos e o partido do All Star Mixto, pero tamén musical, coa actuaci´no de Broken Peach, que obsequiou ao público con varias cancións do Nadal e un gran espectáculo de luz e son.
Durante o concurso de lanzamentos, Miguel Casal (BM Culleredo) e Lucía Rodríguez (Pavillón Ourense) proclamáronse vencedores; no de 7 metros os gañadores foron Cinthia Belo (Reconquista de Vigo) e Adrián Areal (BM Tui) e, no de habilidades o triunfo foi para Cinthia Belo (Reconquista) e David Veloso (UB Lavadores).
Segundo apunta a Federación, o partido das estrelas tivo como resultado final un 35-30 a favor do equipo verde, nun encontro no que o protagonismo foi para o compañeirismo. Ademais, o público puido acceder de balde ao All Star, colaborando con alimentos non perecedoiros para entregar a Banco de Alimentos de Vigo, na súa delegación de Pontevedra.
Queredes coñecer aos gañadores do concurso de 7 metros)? Eles foron Cinthia Bello (Reconquista de Vigo) e Adrián Areal (BM Tui)!!! Noraboa a eles e a tod@s os participantes!!!! pic.twitter.com/8tRfvig3Ho
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) December 26, 2021