O recinto de Expourense acolleu a fase final da IX Liga ABANCA, na que participaron un total de 73 equipos de categorías base. Nas probas femininas, o Club Atletismo Sada foi campión na sub10 e na sub12. Pola súa banda, o Ourense Atletismo foi vencedor na sub14.
Ao longo das distintas probas e concursos, o futuro do atletismo galego deu mostras dunha gran calidade na Liga ABANCA, traendo consigo a consecución de excelentes rexistros no individual.
Entre os mesmos cabe citar as mellores marcas galegas na categoría Sub10 de Alvaro Catarino do ADAS Proinor en altura así como de Lena Curras nos 500 m. e Enma Collazo nos 1.000 m.do Vila de Cangas; na Sub12 de Lidia Balseiro do Lourenzá nos 1.000 m., Martín Otero do Pinarium nos 500 m., Alma Bello de A Silva nos 60 m. e Xaquim Casal do Marineda en altura e npor último na Sub14 as de Alex Sierpes do Trega sobre os 2.000 m., Javier Picos do Marineda nos 500 m., Pablo Neira do ADAS Proinor en altura, Nuno Castro do Millaraio en lonxitude, Tomás Adega da Gimnástica nos 60 valos e os relevos de 4×100 do ADAS Proinor e Riazor Coruña
No apartado masculino dos clubs, o Vila de Cangas consumaba un novo primer posto no historial desta Liga ABANCA sumando un total de dez títulos, e sendo desta vez na Sub10 masculina. O resto de categorías foron gañadas polo Marineda Atletismo na Sub12 masculina, o Atletismo Narón na Sub14 masculina.
Campionato de Galicia de Combinadas
Segundo apunta a Federación Galega de Atletismo, na fin de semana tamén se celebrou o Campionato de Galicia de probas combinadas por clubs no que poidemos ver un interesante man a man entre as nosas máis importantes especialistas do momento, a lucense Lucía Sánchez del Valle e a viguesa Eva Queimaño, con triunfo final para a primeira cun total de 3.455 puntos.
Por clubs titulo autonómico para a Escuela Atlética Lucense cuxo equipo estaría formado pola propia Lucía Sánchez así como por Emma Sihuang e por Natalia Alvarez.
Na categoría masculina o máis salientable a nivel individual foron os récords galegos de Juan Bello de A Silva quen na M50 de heptathlon lograba un total de 4.553 puntos, ao igual que Mónica Yáñez do ADAS Proinor quen facía o propio nos 60 valos W40 con 10.30. Por clubs masculinos, o Atletismo Narón sería o gañador desta edición na que compartiría podio xunto ao Millaraio e A Silva.