O fito de pasar a cuartos de final na Copa do Mundo é importante para as xogadoras que defenden a camisola vermella neste Mundial, pero tamén para o resto de mulleres do fútbol feminino español. Consultada polo significado que ese pase a cuartos ten para elas, Irene Ferreras adestradora do Dépor ABANCA empregaba a palabra “orgullo” e destacaba o papel de Tere Abelleira no equipo de España.
Ferreras declaraba aos medios tras gañar o XI Trofeo Teresa Herrera que o pase a cuartos de España “é un orgullo. Erguínme ás 7 da mañá. Tiña unha ilusión tremenda. Acosteime cunha ilusión tremenda polo partido da Selección Española. Son xogadoras que representan a moitas mulleres e son o escaparate para todas as que, a día de hoxe, están a loitar para chegar á elite e por mellorar pouco a pouco o fútbol feminino”.
“Son xogadoras que representan a moitas mulleres e son o escaparate para todas as que, a día de hoxe, están a loitar para chegar á elite e por mellorar pouco a pouco o fútbol feminino”, salientaba Ferreras ao fala das futbolistas da Vermella
Explicaba a adestradora deportivista que consdiera que é un “orgullo ver a xogadoras coas que coincidín traballando noutros clubs. Ver a Tere Abelleira que ao final imaxino a fachenda que se debe vivir aquí ao saber que unha deportivista está a ter unha continuidade brutal no Mundial e converteuse nunha peza fundamental da Selección. Un día estás aquí, pasan os anos e de repente te atopas cun Mundial… Coido que ver esa historia en persoas normais que todos coñecemos e que pasaron por aquí, coido que é inspiradora para todos”.
“Coido que ver esa historia en persoas normais que todos coñecemos e que pasaron por aquí, coido que é inspiradora para todos”, confesaba Irene Ferreras que dixo terse erguido ás 7 da mañá para ver o partido da Selección Española