• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Expourense acolleu un campionato autonómico absoluto para recordar

As atletas galegas lucíronse na pista ourensá, destacando Xela Martínez, quen logrou un récord de España sub16 e sub18, e a presenza de Belén Toimil

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/03/2021
en Máis Deporte, Atletismo
Xela Martínez acada a mellor marca histórica en sub16 e sub18 dos 3.000m / FGA

Xela Martínez acada a mellor marca histórica en sub16 e sub18 dos 3.000m / FGA

111
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O pasado domingo, o recinto de Expourense tivo a fortuna de ser testemuña dun dos mellores campionatos a nivel autonómico que se recordan nos últimos anos. Nese espazo deportivo disputouse o XXXVI Campionato Galego Absoluto de Atletismo, con grandes resultados para as atletas galegas. E todo iso pese a que algunhas das promesas faltaron á cita ao coincidir con probas estatais como o Campionato de España Sub-18 de pista cuberta.

Con preto de trescentos participantes, e seguindo estritamente as medidas sanitarias de prevención da transmisión da COVID-19, daba comezo un intenso campionato onde por sectores houbo moitas e importantes actuacións.

Entre os nomes propios que subiron ao máis alto dos caixóns nesta cita autonómica están os dunha novísima Xela Martínez, da Atlética Lucense, María Carballido, do Atletismo Friol, Angharad Davies, do Marineda, Adi Iglesias, do Lucus Caixa Rural, María Fernández, do Riazor Coruña, Teresa Rodríguez do Riazor Coruña, Tania Valverde, ADAS Proinor, Lola Bouza do ADAS Proinor, e por suposto, Belén Toimil, do Playas de Castellón.

Xela Martínez establece un récord no campionato de fondo

A proba máis destacada foi a de fondo, debido ao gran resultado obtido por Xela Martínez. A xove atleta galega do club Atlética Lucense, que ten só 15 anos, acadaba unha marca de 9:28.34 nos 3.000m. establecendo así un novo récord de España nas categorías sub16 e sub18.

Ao mesmo tempo, esta marca é unha das mellores a nivel mundial de entre atletas da súa idade. Sen lugar a dúbidas, Xela Martínez está chamada a ser unha atleta referente no panorama deportivo español.

Porén, ao competir en categoría absoluta, Xela Martínez non foi a campioa. Esta foi Edymar Brea, do Ourense Atletismo, que logrou un tempo algo mellor: 9:27.24.

😱 Xela Martínez ha hecho HISTORIA hoy en Ourense.

👉🏻 9:28.34 👈🏻

🔝 Líder mundial 2021 sub16 y segunda sub18

1⃣ Mejor marca europea de todos los tiempos sub16

2⃣ Segunda mejor marca mundial de todos los tiempos sub16

* Según rankings sub18 de @WorldAthletics

— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 14, 2021

No medio fondo, Carballido revalida título

María Carballido, do Atletismo Friol, cun tempo de 2:19.29, revalidaba o título do ano pasado sobre os 800 m. nunha final moi interesante na que a ferrolá Irene Barreiro lograba a prata con 2:19.53.

Sobre os 1.500 m., a galesa internacional nas filas do Marineda, Angharad Davies dominou sobre a pista, malia que foi a tamén internacional Sandra Mosquera, do Comesaña S.C., quen se proclamaba campioa galega con 4:36.84.

Finais competidas en velocidade

Moi disputado resultarían os 60 m. femininos onde a subcampioa paramundial dos 100 m. e 200 m. Adi Iglesias, do Lucus Caixa Rural, lograba a medalla de ouro con 7.81 e onde a tan só unha centésima entraba Cristina Garrido, da Sociedad Gimnástica Pontevedra. Ana Iglesias, do Coruña Comarca, con 25.61 proclamábase campioa galega absoluta con 25.61. no dobre hectómetro.

Nos 400 ml., María Fernández, do Riazor Coruña, con 57.45, unha MMP, lograba o título autonómico nunha final moi pelexada ca campioa galega do ano pasado Eugenia Gil Soriano, da Sociedad Gimnástica Pontevedra, que entraba con 57.53 e que sumaba esta prata ao bronce colleitado tamén sobre os 200 m.  A coruñesa Eugenia Gil quedaba polo tanto segunda nos 400ml e terceira en los 200ml (26.00).

Teresa Rodríguez faise co ouro de valos

Nos valos, título para doutora Teresa Rodríguez do Riazor Coruña con 9.06 que sumaba o metal dourado ao seu bronce sobre os 60 m. A segunda posición correspondería para a lucense Alicia Merino do A.F. Celta entrando a tan só a tres centésimas da gañadora.

Teresa Rodríguez, do Riazor Coruña, logrou o ouro en valos e o bronce en 60m / RIAZOR CORUÑA FB
Teresa Rodríguez, do Riazor Coruña, logrou o ouro en valos e o bronce en 60m / RIAZOR CORUÑA FB

En saltos, Tania Valverde logra a hexemonía nos fosos

A atleta do ADAS Proinor Tania Valverde convertíase na protagonista grazas aos seus títulos tanto no salto de  lonxitude, alcanzando os 5.41 metros, como no triplo salto, onde chegou aos 11.85 m. (MMP). Deste xeito, a deportista do ADAS Proinor lograba a hexemonía nos fosos.

Nese mesmo escenario, Eva Queimaño, do Super Amara BAT, lograba facerse coa medalla de prata no concurso de lonxitude, un éxito que reproduciría na competición de salto altura, concurso este último gañado por María Aguiar, da Atlética A Silva, con 1.55 m. o bronce foi para Aldara Basteiro do ADAS Proinor.

No caso da proba de lonxitude  o bronce foi para Andrea Villaverde, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. E no concurso de triplo salto a segunda foi Ariadna Gil do Atletismo Vila de Cangas e terceira a deportista da Atlética A Silva, Alba Lojo.

Coa pértega, Lola Bouza do ADAS Proinor, quen repetíría o título de aire libre absoluto logrado na edición pasada logo de saltar ata os 3.43 m. polos 3.13 m. da plusmarquista galega Sub16 Lisa Vosberg do A.V.A., que foi segunda. O bronce correspondeulle a Manuela Blanco que defende as cores do Ourense atletismo.

Belén Toimil volta a Galicia para seguir preparándose para Toquio

O broche de ouro deste campionato viu da man da campioa e plusmarquista de España Belén Toimil. A futura lanzadora olímpica, que milita no Playas de Castellón, gañaba este campionato galego cun lanzamento de 16.80 m. Esa marca estivo lonxe das conseguidas no Europeo de Torun, pero serviulle igualmente para alzarse co entorchado autonómico.

🏃‍♀️🏃‍♂️ @belentoimil deulle lustre co seu ouro ao Campionato Galego de Atletismo @atletismogalego de pista cuberta. A lanzadora de Mugardos fixo un lanzamento de 16,80!

En Ourense coroáronse tamén outras figuras como @jeanoku en lonxitude ou o velocista @maur0triana‼️ pic.twitter.com/WRN8jfcdLi

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 15, 2021

Ocupou a segunda posición no concurso de lanzamento de peso Xiana Lago, do Ría Ferrol, quen viña de ganar o día anterior a medalla de prata do nacional Sub18 de pista cuberta disputado en Barcelona.

Belén Toimil foi a imaxe promocional do XXXVI Campionato de Galicia de Atletismo en PIsta Cuberta / FGA
Belén Toimil foi a imaxe promocional do XXXVI Campionato de Galicia de Atletismo en PIsta Cuberta / FGA

Campionato adaptado a tempos de pandemia

A Federación Galega de Atletismo recorda que a realización dos test de antíxenos efectuados a primeira hora, fixo posible a disputa das probas de medio fondo e fondo que ata o de agora se viñan desenvolvendo ao aire libre, concentrando deste modo, todas as especialidades na pista ourensá.

Os últimos elementos tecnolóxicos incorporados (vídeo marcadores e marcadores dixitáis en cada concurso) contribuiron a unha maior capacidade informativa tanto para atletas como para o numeroso público.

Este puido seguir o campionato a través da retransmisión en directo vía streaming efectuado pola propia Federación, que segue apostando e avanzando no proceso de adquisición, incorporación e modernización de elementos de última xeneración aplicados á competición.

Federación Galega de Atletismo: “Cumprimos cun servizo público”

Etiquetas atletismoCopa Galicia AbsolutoFEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMOFGAXela Martínez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Carreira ENKI / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña máis inclusiva mobilizou a 15.000 persoas na XI Carreira ENKI

por Redacción As Nosas
19/10/2025
0

Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.