A celebración do Campionato de España de atletismo de pista cuberta que tivo lugar en Ourense esta fin de semana foi un éxito para Galicia no ámbito organizativo e tamén no deportivo. No que atinxe a actuación galega, o balance foi tamén moi positivo arroxando un total de tres ouros, un bronce, catro récords galegos e oito mellores marcas persoais (MMP).
Foron catro xornadas (do 25 ao 27 de febreiro) nas que, tal e como apunta a Federación Galega de Atletismo, deixan o listón aínda máis alto do que xa quedar no ano 2021, cando o recinto de ExpoOurense acollía por vez primeira un campionato de España en pista cuberta. A enorme capacidade organizativa, a entrega de toda unha cidade, o compromiso dos organismos públicos e a resposta dun público entendido e entregado, fixeron da cita un momento inolvidable para o deporte.
A todo esto engádeselle uns excelentes resultados deportivos, que a nivel xeral arroxan un total de tres récords de España absolutos e varias mínimas mundialistas, sen contar os varios récords de España de categorías Sub e un importante número de marcas persoais que falan da gran calidade da pista galega.
No que atinxe a actuación galega, o balance foi tamén moi positivo arroxando un total de tres ouros, un bronce, catro récords galegos e oito mellores marcas persoais (MMP).
Altura 🚺
1ª @3SaletaFdez 1.85
(Líder 🇪🇸 del año)cuatro años después, la gallega vuelve a lo más alto#CEatletismoPC
🔗 https://t.co/BAdxAAdtqS
📺 @teledeporte
💻 https://t.co/od6TGJ43IW pic.twitter.com/eOWrSszTjk— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 26, 2022
Para comezar a reaparición de Saleta Fernández non poido ser mellor. A deportista de Monforte, cunha bancada entregada, lograba a súa MMT con 1.85 m. recuperando sensacións e facéndose co título logo dun ano cheo de problemas físicos.
Así luce un podio nacional para a nosa atleta SALETA FERNANDEZhttps://t.co/Smkka88avU pic.twitter.com/3tyWeX5jti
— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 26, 2022
Pese a ser dúbida case ata última hora a lanzadora mugardesa Belén Toimil foi a raíña do lanzamento de peso. A deportista galega saía dunha lesión, pero fixo valer a súa superioridade para impoñerse no concurso de peso onde tan só lanzaba en dúas ocasións ata chegar ata os 16.89 m. que lle permitiron reeditar o seu título do ano pasado. A campioa galega de pista cuberta Raquel Villa do A.F. Celta pola súa banda, remataba no décimo lugar con 12.16 m.
🚺 Podio peso #CEatletismoPC
🥇 @belentoimil (16.89)
🥈 @MoniBorrazfans (15.82)
🥉María Felisa Okomo (14.33)¡Enhorabuena! 🔗 https://t.co/BAdxAAdtqS pic.twitter.com/IaIGOIELlt
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 26, 2022
Si sensacional foi o triunfo de Belén Toimil, non o foi menos a da medallista olímpica en Toquio Ana Peleteiro a cal cumpría á perfección os prognósticos impoñéndose con 14.08 m. Neste mesmo concurso sensacional Alba Cuns quen estivo na loita polas medallas grazas a esos fantásticos 12.98 que constitúen unha MMP e a catapultan á élite nacional absoluta. Diaou Diallo, do Ría, acudía infiltrada a esta cita nacional rematando na novena posición con 12.37 m. Na categoría masculina excelente sexta posición na final para o lucense Alexander Barreiro con 15.09 que representa unha MMP.
💥💥💥¡¡¡QUE CONCURSO DE TRIPLO!!!
🥇 Ana Peleteiro 14.08
4️⃣ Alba Cuns con 12.98 (MMP)
9️⃣ Diaou Diallo con 12.37https://t.co/Fna5TVYwmj pic.twitter.com/oEpWfPKHfa— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 27, 2022
A plusmarquista galega e campioa de España de Aire libre Leticia Gil estivo pelexando ata o último intre por unha das medallas. O seu mellor salto foi de 6.15 m. que quedaba a cinco centímetros do bronce. No mesmo foso excelente comportemento do saltador do Celta Sergio Coello que lograba un notorio sétimo posto con 6.96 m.
4º posición na final de lonxitude para LETICIA GIL con 6.15 m.https://t.co/ctxTZfJx5C pic.twitter.com/j75T5Bnfki
— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 26, 2022
Os nosos e nosas velocistas fixeron un extraordinario campionato. Na categorías masculina Javier García do R.C.Celta lograba o pase a final estabrecendo un novo récord galego absoluto con 6.76. Na mesma final non menos sobresainte foi a presenza de Adrián Pérez do FC Barcelona quen rematava oitavo con 6.80 e MMP.
Cristina Garrido da Gimnástica e Ainhoa Repáraz do Val Miñor non pasaron a criba das eliminatorias rematando con 7.80 e 7.73 respectivamente. A bimedallista paralímpica Adi Iglesias marcaba nas eliminatorias un excelente crono de 7.68 (MMP) que repetiría nas semifinais ca sétima posición.
Nos 200 m. 22.15 para Sergio Rodríguez da Gimnástica nas eliminatorias polos 21.59 que daban o pase as semis de Mauro Triana. O plusmarquista galego internacional remataba o seu campionato ca terceira posición nas mesmas con 21.79.
ℹ️Raquel Meaños remata a súa semifinal dos 800 m. na 5ª posición con 2:10.45https://t.co/cCwqjqsnzF pic.twitter.com/KeH3lOJ0Zm
— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 26, 2022
Nos 800 m. femininos, quinta posición nas semifinais para Raquel Meaños con 2:10.45 e sexto para María Carballido do Friol cun mellor tempo personal de 2:13.22. Na categoría masculina, o noso finalista olímpico en Tokio-20 Adrián Ben lograba a medalla de bronce nunha carreira que remataba en 1:49.50 e na que tivo que ceder ante o gañador Álvaro de Arriba e García García.
Na proba dos 1.500 contamos tamén con participación galega a través de María Cedrón do ADAS que conseguía rematar a súa semifinal na décima posición con 4:44.21. Mellor rexistro para a subcampioa galega de campo a través Laura Santos do Lucus que tampouco pasaba á final co seu rexistro de 4:29.73.
Mala sorte na categoría masculina para Pablo Bocelo da Gimnástica quen no podía rematar a súa proba. Adrián Lago pola súa banda entraba en línea de meta no décimo posto das semifinais con 3:54.74 polos 3:49.81 do campión galego Carlos Porto que quedaba ás portas da súa MMP.
Xela Martínez bate os récords de España Sub-18 e Sub-20 con 16 anos
Novo show na proba dos 3.000 a cargo das nosas tres representantes. Xela Martínez, con só 16 anos, acaparaba o centro de atención xa que nas semifinais lograba os sensacionais récords de España Sub-18 e Sub-20 con 9:14.96. Nesa mesma semifinal moi salientable Esther Naverrete que facía MMP con 9:14.39 e 9:14.48 para Joselyn Brea.
💥💥💥💥CARREIRÓN NA FINAL DOS 3000 m.!!!!!!
👉5ª Esther Navarrete con 9:24.89
👉9ª Joselin Brea con 9:30.57
👉12ª Xela Martínez con 9:44.67
PARABÉNS CAMPIOAS!!!!!!https://t.co/cn0ZKOE8MS pic.twitter.com/Wqk6ikkegN— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 26, 2022
Na final moito máis táctica, o ouro foi para Solange Pereira (con licencia por Canarias), o quinto lugar foi para Eshter Naverrete, o noveno para Joselyn Brea e o décimo segundo para Xela Martínez que entraba en meta con público aplaudindo e entregado ante ela.
🚺 Podio 3.000m #CEatletismoPC
🥇 Solange Pereira (9:17.63)
🥈 @Carlita_g7 (9:19.26)
🥉 Beatriz Álvarez (9:19.33)¡Enhorabuena! 🔗 https://t.co/BAdxAAv4Ps pic.twitter.com/XDSsdLNktw
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 26, 2022
A proxección de Xela Martínez é enorme e queda patente competición tras competición. A galega da Escola Atlética Lucense vai superando récords e marcas e sobre todo, é quen de competir con enorme soltura ante rivais de categoría absoluta cando ela ten só 16 anos.
Ela mesma confesaba tras correr a semifinal que o que máis ilusión lle facía era competir entre as mellores de España: obxectivo conquerido.
🗣 Xela Martinez
⏱ 9.14.96
🇪🇸RESP SUB18
🇪🇸RESP SUB20📺@teledeporte #CEatletismoPC @deportegob @JomaSport @iberdrola @EXPOURENSE @Xunta @GalegoDeporte @atletismogalego @DeputacionOU pic.twitter.com/YuPQ3NjHs0
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 25, 2022
menudo CARRERÇON nos ha regalado Xela Martínez y además, en su querida tierra gallega
PROFETA EN SU TIERRA 👏👏👏
DOS RÉCORDS 🇪🇸 DE UNA TACADA
Sub20 y Sub18 en 3.000 metros 9:14.96#CEatletismoPC
📺@teledeporte
🔗 https://t.co/BAdxAAv4Ps pic.twitter.com/kNA4yqrf06— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 25, 2022
Na competición masculina Mehdi El Nabaoui lograba un formidable tempo de 8:07.43 (MMP) no seu primeiro ano Sub23. Os incomprensibles trámites infinitos para acadar a súa nacionalidade, impedíronlle estar nunha xusta e merecida final.
A probas dos valos con seis participantes, foi a especialidade que contou con máis presenza galega. Na categoría femenina Lucía Ferrer da Gimnástica remataba na sétima posición con 8.85 (MMP) polos 8.77 da campioa galega absoluta Teresa Rodríguez do Riazor que entraba sexta e os 8.90 de Lucia Sánchez del Valle oitava.
ℹ️ 7ª posición para Lucía Ferrer da Gimnástica nas eliminatorias dos 60 valos 8.85 (MMP)https://t.co/pXlcly5q9I pic.twitter.com/3iIN1rjEZN
— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 26, 2022
Na categoría masculina Santiago Rozas do Lucus concluía a súa eliminatoria con 8.25 polos 8.34 do recórdman galego Sub20 Hugo Vázquez do Marineda que lle daban a oitava praza. Mesma posición na súa eliminatoria para o atleta da Gimnástica con ficha galega, Joao Alexandre Ribeiro con 8.23 que representan unha MMP
Por último nas probas de combinadas cabe salientar a quinta posición para Adolfo Sainz Maza que remataba o Heptathlon con 5.174 puntos superando novamente a barreira dos cincomil e quedando ás porta da súa MMP. O venezolano con ficha polo Atletismo Narón Gerson Vidal Izaguirre lograba o terceiro lugar da clasificación xeral con récord nacional venezolano de 5.657 p. Na categoría femenina a subcampioa de España Sub23 Eva Queimaño remataba con 3.688 p. o que lle permiten lograr posto de finalista en todo un campionato nacional absoluto.