• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Éxito de participación e de público no retorna da media maratón Coruña21

A keniana Valentin Jebet, primeira atleta en cruzar a meta nesta edición da C21 que se disputou a unha volta polas rúas da Coruña | Tina Fernández foi a primeira galega

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/02/2022
en Máis Deporte, Atletismo
A keniana Valetin Jebet, no podio da Coruña21 con Fátima Ouahaddou (Marrocos) e Valdilene dos Santos (Brasil) / CONCELLO DA CORUÑA

A keniana Valetin Jebet, no podio da Coruña21 con Fátima Ouahaddou (Marrocos) e Valdilene dos Santos (Brasil) / CONCELLO DA CORUÑA

266
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A media maratón Coruña21 regresou ás rúas do Concello da Coruña dous anos despois da súa anterior edición e foi un éxito de participación e de seguimento por parte do público da competición.

A proba congregou a case 1.500 persoas que se inscribiron e correron a C21 no seu retorno tras a obrigada pausa pola situación sanitaria. Hicham Sigueni (Marrocos) e Valentin Jebet (Kenia) foron os gañadores desta proba nas categorías absoluta masculina e feminina respectivamente. A Coruña21 regresou tras dous anos de ausencia e recuperou o seu formato a unha volta. A corredora Tina Fernández foi a primeira galega en cruzar a liña de meta no Obelisco. Finalizou a proba no quinto posto da xeral feminina desta edición da Coruña21.

Tina Fernández foi a primeira galega, quinta na xeral de #Coruña21, proba que gañou Jebet #C21 pic.twitter.com/NtP0GJwRgq

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) February 13, 2022

A media maratón C21, volveu ás rúas coruñesas e recuperou o seu formato a unha única volta co obxectivo de que fose unha carreira rápida e atractiva para corredores e espectadores. O percorrido foi homologado pola Federación Galega de Atletismo.

A saída e a meta estiveron situadas no Obelisco e o percorrido atravesou os peiraos do Porto, como xa se fixera na carreira C10. A Coruña21 transcorreu polo Paseo Marítimo, O Parrote e Oza, percorrendo tamén un tramo sobre o antigo leito do río Monelos.

O marroquí Hicham Sigueni, en categoría absoluta masculina, e a keniana Valentin Jebet, en categoría absoluta feminina, foron os gañadores da competición este ano. Sigueni completou o percorrido cun tempo de 1:03:10, e Jebet fixo o propio deixando o reloxo en 1:15:05. O atleta marroquí estivo acompañado no podio de vencedores por Erick Kiptoo (Kenia) e Yago Rojo (España), mentres que Jebet foi seguida por Fátima Ouahaddou (Marrocos) e Valdilene dos Santos (Brasil).

A competición estableceu saídas en quendas de 300 persoas para respectar o protocolo de prevención do contaxio da COVID-19. Os dorsais dividíronse por código de cores.

Xa temos a proba en marcha, con tandas de 300 deportistas de #Coruña21
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, deu a saída da proba#C21 pic.twitter.com/V5jp5QF103

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) February 13, 2022

Nesta carreira, inclusiva, como todas as do circuíto Coruña Corre, non faltaron á cita deportiva os Marines e outras persoas deportistas da Fundación ENKI.

Os Marines @enkifundabrente non faltan á súa cita co deporte e o atletismo‼️ Por suposto, están a participar en #Coruña21 #C21 pic.twitter.com/eMhBcz6eXC

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) February 13, 2022

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, foi a encargada de entregar as medallas e os agasallos aos vencedores desta proba. Estivo acompañada da concelleira de Deportes, Mónica Martínez. A rexedora destacou a alta participación na volta desta proba que naceu no ano 2009 e augurou un gran ano para o atletismo coruñés, con moitas carreiras de distintos niveis de esixencia no calendario.

A concelleirade Deportes Mónica Martínez valoraba como discurriu a proba e lamentaba que o vento impedira bater récords.

Mónica Martínez, concelleira de Deportes, valorou a #Coruña21 con @Higuero_JC#Coruña, cidade do deporte e o atletismo #C21
🎦▶️ pic.twitter.com/B1QFA1S1bB

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) February 13, 2022

Entre as coruñesas e galegas que correron esta proba na que atletas populares conviven nun mesmo espazo con atletas profesionais, estivo a campioa olímpica de vela Sofía Toro.

E ti, tamén estiveches hoxe na #Coruña21 como @sofiatoropp?

📷 Accede á galería de imaxes da carreira e a entrega de trofeos a través do seguinte enlace: https://t.co/7amSrEglzj pic.twitter.com/y12ZcLTJOg

— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) February 13, 2022

Tras a carreira C21, as seguintes probas de fondo que se celebrarán nas rúas da Coruña serán a C10 do 24 de abril e o Maratón Atlántico e C10 do 2 de outubro.

O Circuíto Coruña Corre, seguinte cita das populares na cidade herculina

Tras a celebración da carreira Coruña21 este domingo, o circuíto de probas populares Coruña Corre continuará percorrendo os diferentes barrios da Coruña. A seguinte proba será a X Carreira Popular Torre de Hércules, o 26 de marzo.

Para facilitar o acceso da cidadanía ao calendario e actualizacións do circuíto Coruña Corre, o Concello da Coruña impulsou a posta en marcha dunha nova aplicación móbil, xa dispoñible para dispositivos Android e iOS na Play Store e a tenda online de Apple, para que as usuarias e os usuarios interesados nas carreiras populares poidan inscribirse, consultar as súas marcas e os percorridos das probas en todo momento.

Este é o calendario previsto para o circuíto Coruña Corre:

  • X Carreira Popular Torre de Hércules #Querémonos vivas (26 de marzo).
  • XIII Baixada Popular Cross San Pedro de Visma (8 de maio).
  • IX Carreira Popular Os Rosales (22 de maio).
  • IX Carreira Popular Volta a Oza (11 de setembro).
  • VIII Carreira Popular Ventorrillo (23 de outubro).
  • X Carreira Popular Novo Mesoiro (27 de novembro).

O circuíto Coruña Corre finalizará coa celebración, o 15 de decembro, da gala anual coa correspondente entrega de premios.

✅ O medio maratón #Coruña21 foi sinónimo de esforzo, tamén de sorrisos e inclusión: a que simbolizan os Marines Enki da @enkifundabrente. Noraboa aos participantes!

🗓️ E recorda: o circuíto #CoruñaCorre volve o 26 de marzo coa X Carreira Popular Torre de Hércules. Agardámosvos! pic.twitter.com/pb5NGDzRO7

— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) February 13, 2022

Galería fotográfica da Coruña21

Etiquetas A CoruñaatletismoC21Coruña Correcoruña21Fátima OuahaddouInés ReyMónica MartínezTina FernándezValdilene dos SantosValentin Jebet
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Equipos do Club Atletismo Sada e Samertolameu no Campionato de España mixto de Atletismo máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Un milleiro de atletas de todo o país participarán esta fin de semana no Campionato de España Máster por equipos que acolle A Coruña

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos....

Xogos do Eixo Atlántico / CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Xogos do Eixo Atlántico, unha cita entre culturas en Compostela

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

As pistas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleron onte a celebración da XVI edición dos Xogos do Eixo...

A lanzadora de Galicia Aitana Capeáns / RFEA SPORTMEDIA

Galicia regresa do Campionato de España Sub-18 con 12 medallas

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

O atletismo galego volveu deixar unha pegada fonda no panorama estatal grazas á extraordinaria actuación protagonizada pola súa canteira no...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.