• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Un excelente cartel de atletas galegas estará presente no autonómico 2023 que se celebrará en Santiago 

Belén Toimil, Adi Iglesias, Antía Chamosa, Ainhoa Reparaz, Xela Martínez, Alba Cuns, María Ezquerro e moitas atletas máis estarán neste campionato 

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/06/2023
en Máis Deporte, Atletismo
As atletas competirán nas pistas da USC / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Pistas da USC / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

115
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Todo a punto para que este sábado 17 de xuño comece a cita anual máis importante do atletismo galego no que será a disputa do Campionato Xunta de Galicia Absoluto que ademáis será Sub-23 e de probas combinadas absoluto, Sub-23 e Sub-20. Nesta competición que terá lugar en Compostela citaranse as principais atletas de Galicia.

Este campionato é o máis agardado por todo o atletismo galego e terá nas pistas da Universidade de Santiago de Compostela. Desde a Federación Galega de Atletismo consideran este recinto deportivo como “o marco perfecto para esta disputa onde tomarán parte preto de cincocentas atletas achegadas e achegados de todos os recunchos da nosa comunidade”.

Destacadas atletas galegas competirán neste campionato 

Moitas e moi destacadas son as atletas femininas que se darán cita neste autonómico a partir das 10:00 horas do sábado. Sen ir máis lonxe, estará presente a plusmarquista nacional e atleta olímpica Belén Toimil quen centrará boa parte dos focos de atención neste campionato. A lanzadora de Mugardos, que xa sabe o que é batir un récord galego nun autonómico, estará lanzando no concurso de peso a partir das 17:05 horas.

Belén Toimil, atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Belén Toimil, atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ

Outro dos puntos de atención estará sen lugar a dúbidas nas probas de velocidade onde contaremos ca participación da bimedallista paralímpica Adi Iglesias. A do Lucus Caixa Rural estará tomando parte nas probas dos 100 m. e 200 m. nas que se agarda un interesantísimo duelo entre a lucense, plusmarquista galega dos 200 m.,  e a tamén internacional, e plusmarquista galega dos 100 m. Ainhoa Reparaz do Val Miñor. Ana Iglesias do Unicaja Jaén, nun excelente ano, estará tamén na loita directa polo triunfo.

Adiaratou Iglesias, atleta galega participante nos Xogos Paraímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Adiaratou Iglesias, atleta galega participante nos Xogos Paraímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ

Os catrocentos serán unha das probas máis reñidas con catro atletas por debaixo dos 57 segundos e cuxo ranking encabeza a medallista de bronce autonómica de pista cuberta Eugenia Gil da Gimnástica con 56.07. María Fernádez do Univ. de León, a plusmarquista galega Sub18 Alicia Barreiro do Ría e Celia Castro do Mazí, pugnarán polos metais.

Avanzando co medio fodo, a subcampioa galega de pista cuberta María Carballido do Grupompleo Pamplona, parte como favorita sobre a distancia dos 800 m. na haberá que contar tamén con María Cedrón do ADAS CUPA.

Unha das sensacións do atletismo galego, a internacional e campioa de España Sub-18 de campo a través Xela Martínez da Atlética Lucense,  e a campioa galega absoluta de campo a través Laura Santos do Playas de Castellón, serán as protagonistas doutra non menos interesante disputa que manterán sobre os 1.500 m. e na que ambas están separadas tan só por dazasete centésimas.

A priori os 5.000 m. serán cousa de Sara López do ADAS e de Uxía Pérez do Atletismo Feminino Celta quen busca con este campionato, un título absoluto co seu novo club.

Uxía Pereira de volta da súa máis que positiva estancia norteamericana, será a rival a batir sobre os 100 valos por parte dun grupo de participantes a cuxo fronte sitúase a plusmarquista galega dos 50 valos indoor Teresa Rodríguez do Riazor Coruña. Pola súa banda, os 400 valos terán como serias aspirantes ao título autonómico tanto a Lía Caride da Gimnástica de Pontevedra como a Belén García do ADAS CUPA.

Os obstáculos contarán con outra interesante carreira entre Zoe Cardín do Celta quen corría recentemente en 11:07 e Patricie Viadel do Atletismo Santiago cunha MMT de 11:41.

Concursos de saltos e lanzamentos

Nos concursos de saltos estarán presentes as internacionais Alba Cuns en triplo, Olaia Gisela Becerril en lonxitude, e Emma Sihuang en altura, quenes contan con todas as papeletas para estar no máis alto do podio autonómico. Lisa Vosberg do Celta en pértega, co permiso de Bea Viteri do Samertolameu, será outra das atletas favoritas para a medalla de ouro.

Os lanzamentos preséntanse como outro dos pratos fortes, na que contarase cun formidable elenco de atletas internacionais que xunto á xa nomeada Belén Toimil, estarán tomando parte no Campionato Xunta de Galicia. Para comezar as internacionais Irene Gómez do Valencia Atletismo e Blanca Pereira do Ourense Atletismo estarán sobre o círculo de martelo loitando tanto polo título como por un bo rexistro de cara as grandes citas nacionais do ano.

Na xavelina estará toda unha clásica dos podios nacionais, Carmen Sánchez do Unicaja Jaén, quen se posiciona como clara favorita ao caixón central do podio onde podería estar acompañada por Paula Piñón reeditando deste modo, o podio nacional Universitario do pasado maio.

No disco María Ezquerro da Gimnástica fará valer os seus 48.32 m. polos 40.48 m. da internacional Sub20 Xiana Lago do Ría Ferrol, aspirando ambas ao mesmo tempo, ao podio no lanzamento de peso.

Po último a presenza de Antía Chamosa na proba dos 5.000 marcha será outro dos aperitivos do campionato. A medallista de bronce europea Sub-23 en Tallín-21, acude a esta cita nun excelente estado de forma polo que non se descarta que poida mellorar eses 21:16.57 que desde fai dous meses constitúen un novo récord galego da distancia.

Etiquetas Adi IglesiasAinhoa ReparazAlba CunsAna IglesiasAntía ChamosaatletismoBea ViteriBelén GarcíaBelén ToimilBlanca PereiraCarmen SánchezEmma Sihuang PérezEugenia GilIrene GómezLaura SantosLisa VosbergMaría CarballidoMaría CedrónMaría EzquerroMaría FernándezOlaia Gisela BecerrilPatricie ViadelPaula PiñónSantiagoSara LópezTeresa RodríguezUSCUxía PérezXela MartínezXiana LagoZoe Cardín
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.