• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

Este colectivo de seareiras e seareiros do Dépor ten a súa sede no bar Esquina de Oro no barrio dos Mallos e, tal e como relata o seu presidente, Rubén Novo, son "máis dun cento"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/11/2023
en Fútbol, Primera Federación
Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

364
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A inauguración da peña Tralla Brava congregou a numerosas persoas desta agrupación branquiazul, así como a directivos da Federación de Peñas, deportistas do RC Deportivo como Eva Dios, Millene Cabral, Barbero e Dani Barcia, e tamén ao conselleiro Carlos Ballesta.

 

Son arredor das oito da noite dun día entre semana e na esquina da rúa San Vicente con Diego Delicado, no barrio dos Mallos da Coruña, as cores branquiazuis dominan a contorna e unha morea de xente con bufandas e camisetas deportivistas están ás portas do bar Esquina de Oro. Parece un día de partido coa afección en modo previa, pero non. Trátase dun acto diferente, pero o ambiente confírmanos que estamos no sitio correcto.

Queríamos vivir con dúas das nosas a inauguración da peña deportivista Tralla Brava e aquí están Eva Dios e Millene Cabral rodeadas de seareiras e seareiros. Tamén os xogadores deportivistas Barbero e Dani Barcia e o conselleiro Carlos Ballesta, historia viva do deportivismo. Todos eles acudiron a esta cita en representación do RC Deportivo.

Eva Dios: “Dá gusto ver como nos seguen”

Logo de falar coa afección, de tomarse fotos e de asinar autógrafos, Eva Dios preguntada pola ilusión que despertaba na afección máis nova a presencia das e dos futbolistas comentaba: “dá gusto ver como nos seguen, queren estar con nós e coñecernos un pouco máis”.

O certo é que a semente das novas xeracións agroma neste colectivo coruñés de seareiros e seareiras que zumega un ambiente familiar no que a veteranía e a mocidade mistúranse con naturalidade.

Inauguración da peña deportivista Tralla Brava / RCD
Inauguración da peña deportivista Tralla Brava / RCD

A paixón polas cores semella pasar de nais e pais a fillas e fillos nesta peña de que se creou hai xa un ano pero na que moitas das persoas socias levan unha chea de tempadas deportivistas ao lombo. Seguramente alguén dos presentes chegaría a ver sendo un neno ou unha nena ao Karbo Deportivo. O xérmolo do que é o hoxe o Dépor ABANCA.

Estamos, de feito, a escasos 250 metros do Colexio Karbo, o lugar de orixe do club de fútbol feminino que namorou á Galicia e ao resto de España nos oitenta e que foi berce das arelas de seren futbolistas de mozas da bisbarra coruñesa que se cadra aínda hai pouco que colgaron as botas.

Pero hai décadas xa diso e hoxe as mulleres futbolistas que acaparan a atención na inauguración da peña Tralla Brava non son do Karbo, trátase da dianteira brasileira Millene Cabral e centrocampista arousana Eva Dios. Ambas as dúas militan no Dépor ABANCA e comparten protagonismo con Dani Barcia e Barbero, tamén futbolistas do RC Deportivo. Todos eles asinan retratos e tómanse fotos coa afección.

Rubén Novo, presidente peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO
Rubén Novo, presidente peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Quen preside a Peña Deportivista Tralla Brava é Rubén Novo. Ten só 19 anos. Cóntannos que é o presidente máis novo dentro da Federación de Peñas Deportivistas.

“Agora mesmos somos máis dun cento. Levamos un ano funcionando”, conta Rubén Novo que explica que a peña “ten a sede nun bar de barrio, de xente de sempre, moitos xa teñen fillos. Imaxina o que é que sexas un neno e que veñan os xogadores do teu equipo ao teu barrio, neste caso Os Mallos, a asinar autógrafos e estar coa xente. Os maiores agradéceno, pero a cativada marcha para casa cun ‘subidón’ enorme”.

Millene Cabral: “Estamos ilusionadas loitando polo ascenso”

Na inauguración da peña Tralla Brava Millene Cabral confirmaba as boas sensacións que teñen as nosas deportivistas neste inicio de tempada que está a deixar un bo sabor de boca no bloque de xogadoras e na afección. Explicaba a brasileira que o “equipo está a vivir un momento moi bonito. Estamos todas moi contentas e ilusionadas para seguir loitando polo ascenso”.

Inauguración da peña deportivista Tralla Brava / RCD
Inauguración da peña deportivista Tralla Brava / RCD

O equipo que adestra Irene Ferreras é segundo a só dous puntos do líder, o RCD Espanyol de Barcelona. As Nosas deportivistas levan intercambiando o liderato coas pericas desde o arranque da competición neste curso 2023-24. Hai dúas xornadas que as catalás van por diante, pero a tiro de pedra das galegas.

A cativada xoga na a rúa e tamén no local adxacente ao bar Esquina de Oro habilitado para acoller o aumento de aforo da festa inaugural. Como cando se coloca unha grada supletoria para facer sitio a máis público nun partido crucial. Hai pouco que o Dépor ABANCA cambiaba a Cidade Deportiva de Abegondo polo Estadio ABANCA-Riazor para xogar un deses partidos especiais. Nas bancadas houbo 7.000 persoas alentando ás branquiazuis ante o Deportivo Alavés Gloriosas. Eva Dios  lembraba ese partido e salientaba o apoio da afección para co Dépor ABANCA.

Once inicial Dépor ABANCA en Riazor / PABLO DA VILA
Once inicial Dépor ABANCA en Riazor / PABLO DA VILA

Explicaba a xogadora galega na inauguración da peña deportivista Tralla Brava como para as futbolistas do conxunto coruñés “é un luxo poder estar tan preto da afección e poder sentir o seu respaldo, ver canto nos apoian. Sobre todo estar preto da afección máis cativa e ver como nos apoian nesa loita para conseguir o obxectivo que estamos buscando”.

Inauguración da peña deportivista Tralla Brava / RCD
Inauguración da peña deportivista Tralla Brava / RCD

Eva Dios naceu na Illa de Arousa e chegou ao Dépor ABANCA B desde o Viaxes Interrías FF. A futbolista pontevedresa ten no seu palmarés unha medalla de bronce no Campionato de Europa de fútbol sala para persoas xordas en 2018, onde chegou a estar no cinco ideal do torneo. E acadou a internacionalidade coa Selección Española Sub-19 de fútbol. Esta tempada leva 7 partidos xogados e un gol co Dépor ABANCA.

Avanza a noite e, como cando pitan o final do partido, chega o tempo de recoller pancartas e bandeiras e marchar para casa. A xente da Tralla Brava está feliz de compartir paixón branquiazul, empanada e ata unha queimada elaborada ao berro de “Forza Dépor”, se cadra, para queimar os meigallos con lume purificador.

Etiquetas Dépor ABANCAEva DiosfútbolMillene CabralTralla Brava
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.