• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Un estudo do SERGAS afirma que hai menos COVID no deporte federado que na poboación en xeral

A análise constata que a incidencia da enfermidade por coronavirus é inferior no deporte federado que no resto da cidadanía galega

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/03/2021
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Persoal do SERGAS, en concreto do CHUAC, xunto a José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte / XUNTA DE GALICIA

Persoal do CHUAC xunto a José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte / XUNTA DE GALICIA

317
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Un estudo do SERGAS acaba de inferir que a incidencia da enfermidade por COVID-19 é inferior no deporte federado (nos mesmos rangos de idade e en ambos os sexos) que na poboación en xeral.

Trátase dos resultados preliminares dun estudo que realiza o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) neste ámbito, o deporte federado galego. Ademais é mesmo inferior naqueles rangos de idade nos que se realizan tests de cribado cada 14 días ao 100% dos deportistas xa na fase de adestramento, segundo expuxo Rocío Seijo, enfermeira do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), na presentación destes primeiros resultados.

En concreto, Rocío Seijo apuntou que os brotes detectados “apenas afectan ao 0,2% dos equipos federados” e remarcou a importancia do uso de máscaras e os test periódicos que se realizan para evitar contaxios. “O deporte federado é seguro”, destacou, á súa vez outro dos participantes no estudo, o investigador Jorge Suanzes.

“Os protocolos ordenan, os tests detectan e a máscara protexe, e este estudo confirma que as medidas levadas a cabo foron as oportunas”, sentenciou, á súa vez, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.

Jorge Suanzes Hernández, colaborador da investigación: “O deporte federado é seguro”,

Algunhas probas de detección da COVID-19 requiren analítica de sangue
Algunhas probas de detección da COVID-19 requiren analítica de sangue

Estes datos e estas conclusións do mencionado estudo foron presentadas onte martes, 2 de marzo de 2021,  nunha rolda de prensa froito do estudo que está a realizar o SERGAS sobre a incidencia da COVID-19 no deporte federado galego.

Inicialmente, deseñouse un estudo para valorar a incidencia de SARS-COV-2 na poboación infantil e xuvenil (idade igual ou menor de 18 anos) que practica fútbol federado, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Trala avaliación favorable do Comité de Investigación Clínica da Coruña-Ferrol, púxose en marcha en toda a Comunidade Autónoma de Galicia e ampliouse a máis deportes.

Un total de 180.000 licencias de diferentes deportes

O estudo do SERGAS (Servizo Galego de Saúde) finalmente abarca a máis de 180.000 licenzas deportivas federadas, xa que se incluíron outros deportes, ademais do fútbol. E deles, 85.500 persoas teñen entre idades comprendidas entre 4 e 17 anos, o que supón que neste estudo está presente o 27,6% da poboación infanto – xuvenil galega que practica algún dos deportes incluídos no estudo do SERGAS.

Este acordo, entre o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e o SERGAS (Servizo Galego de Saúde), as federacións deportivas e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, permitirá valorar en todo momento a posibilidade de contaxio da COVID-19 ao longo da actividade deportiva.

O equipo que fixo o estudo está comandado por Rocío Seijo

Este proxecto do SERGAS está liderado por Rocío Seijo Bestilleiro, enfermeira do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña) e responsable da área de investigación en Saúde Poboacional e Coidados Sanitarios do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC).

Como investigadores colaboradores participan neste estudo Jorge Suanzes Hernández e Sonia Pértega Díaz, da Unidade de Apoio á Investigación do CHUAC – INIBIC, e membros da mesma área de investigación e Javier Rico Díaz, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, ademais de María José Pereira, xefa do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Ademáis compre salientar ao “Grupo de investigación Aprendizaxe e Control do movemento humano en Actividade Física e Deporte” da Universidade de A Coruña, no que participan Rafael Martín Acero, Joaquín Gómez Varela e Dan Río Rodríguez.

Coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, este estudo do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) tamén lévase a cabo na totalidade das federacións galegas.

“Hai evidencia concluínte de que a actividade física frecuente mellora substancialmente a forma física e o estado de saúde de nenos e novos. En comparación cos nenos e mozos inactivos, os que fan exercicio presentan un mellor estado cardiorrespiratorio e maior resistencia muscular, e unha mellora da súa saúde, menor graxa corporal, un perfil de risco de enfermidade cardiovascular e metabólica máis favorable, unha mellor saúde ósea, e unha menor presenza de síntomas de ansiedade e depresión”.

Coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, este estudo do SERGAS tamén lévase a cabo na totalidade das federacións galegas.

“A limitación da práctica deportiva como consecuencia da pandemia, en poboación infantil e xuvenil e, en particular, as limitacións da práctica deportiva federada, poden ter importantes repercusións na saúde física e emocional deste grupo poboacional, sen documentarse ata o momento a incidencia real do SARS-COV-2 neste ámbito.”

Lete Lasa: “Os protocolos ordenan, os tests detectan e a máscara, protexe”

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou o “traballo constante, minucioso, coordinado e consensuado en todo momento con todo o tecido deportivo galego” orientado cara a xestión da pandemia desde o ámbito da actividade física.

“Os brotes detectados apenas afectan ao 0,2% dos equipos”

Test Covid Poio Pescamar / POIO FB
Imaxe de arquivo de realización de test de detección da COVID-19 no Poio Pescamar / POIO FB

Neste sentido lembrou que as medidas implantadas con responsabilidade pola Xunta de Galicia desde o inicio da crise contaron con tres ferramentas imprescindibles como os os protocolos, os tests e a máscara. “Os protocolos ordenan, os tests detectan e a máscara, protexe, e este estudo presentado hoxe confirma que as medidas levadas a cabo foron as oportunas”, sentenciou.

Cos datos que se teñen ata este momento pódese afirmar que “a incidencia da enfermidade pola COVID-19 é inferior no deporte federado nos mesmos rangos de idade e en ambos sexos que a poboación xeral”

Cos datos dos que se dispón ata este momento, pódese afirmar que “a incidencia da enfermidade pola COVID-19 é inferior no deporte federado nos mesmos rangos de idade e en ambos sexos que a poboación xeral. Ademais é mesmo inferior naqueles rangos de idade nos que se realizan tests de cribado cada 14 días ao 100% dos deportistas xa na fase de adestramento. Os brotes detectados apenas afectan ao 0,2% dos equipos. Estes datos poñen de manifesto a seguridade dos protocolos e o bo rastrexo na  comunidade que leva a cabo o SERGAS”, explican.

Etiquetas CHUACCOVIDCOVID-19COVID19deporte federadoESTUDOJosé Ramón Lete LasaRocío SeijoSERGASXunta
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Publicadas no DOG modificacións na Lei do Deporte de Galicia / MOTION ARRAY

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 3/2025, do 15 de decembro, pola que se modifica a Lei...

A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

por Redacción As Nosas
11/12/2025
0

`A mente en forma’, o primeiro gran evento celebrado en Galicia para promover o coidado psicolóxico das persoas vinculadas ao...

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) que participaron no Campionato de Mundo de Ximnasia de Trampolín / XUNTA DE GALICIA

Diego Calvo define aos deportistas que participaron no Mundial de Ximnasia de Trampolín como os mellores representantes da marca Galicia Calidade pola súa excelencia e compromiso cos valores do deporte

por Redacción As Nosas
20/11/2025
0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.