- O HC Coruña estréase cunha vitoria sólida diante o CP Mieres (4-0)
O HC Coruña e o ENE Oposiciones CP Mieres chegaban ao encontro coa mesma urxencia: sumar puntos e afastarse da parte baixa da clasificación. O premio foi para as galegas que con este triunfo e os tres puntos que o acompañan conseguiron subir ata a décima posición da táboa, e saír da zona de descenso, quedándose o CP Mieres como pechacancelas.

Desde o inicio, as coruñesas mostraron maior intensidade e control do xogo. Cada ataque do conxunto dirixido por Stanis García convertíase nunha ocasión, aínda que o acerto para portería seguía sen acompañar. O CP Mieres, pola súa banda, dispuxo de oportunidades illadas e froito dunha delas chegou un penalti a favor, executado por Mili Puig.
Con todo, a gardameta local Uxue detivo o lanzamento con seguridade, algo que se está convertendo nunha constante nos encontros do Coruña. A dinámica mantívose ata que, no minuto 21, Rebe González protagonizou unha brillante xogada individual percorréndose toda a pista e definindo con clase para poñer o 1-0, resultado co que se chegou ao descanso.

Nada máis comezar a segunda parte, novamente Rebe González ampliou a vantaxe cun potente disparo que bateu a Paula Rey no minuto 25 (2-0). O dominio local continuou, cun CP Mieres que trataba de facer dano ao contragolpe.
Estera de Anna Bulló e Jana Crespo como goleadoras no CH Coruña
No minuto 43, Anna Bulló aproveitou un man a man coa porteira visitante para anotar o 3-0 e, apenas un minuto despois, Jana Crespo pechou a conta co 4-0 tras recoller un rexeite dunha falta que ela mesma executara.
Con esta vitoria, o HC Coruña consegue o seu primeiro triunfo da tempada, un resultado traballado que lles permite tomar aire na clasificación e saír da zona de descenso da OK Liga Iberdrola. Ademais, estreáronse como goleadoras na presente campaña Anna Bulló e Jana Crespo.
FICHA TÉCNICA
4 ) HOCKEY CLUB CORUÑA: Uxue Otegi, Rebeca González, Lucía Velo, Icía Brea e Anna Bulló – quinteto inicial -. Celia Pinacho, Raquel Parga e Jana Castro.
0) ENE OPOSICIONES CP MIERES: Julieta Rouco, Inés Mata, Milagros Puig, Valentina Domínguez e Claudia Molano – quinteto inicial -. Paula Peña, Ariadna Fernández, Ariadna Martínez e Lúa Alcaraz.
GOLES: 1-0, m.21: Rebeca González. 2-0, m.26: Rebeca González. 3-0, m.44: Anna Bulló. 4-0, m.44: Jana Castro.
EQUIPO ARBITRAL: Álvaro de la Hera y Nicolás Morandeira. Mostraron cartulina azul a Valentina Domínguez e cartulina amarilla a Rebeca González e Lúa Alcaraz.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á cuarta xornada da OK Liga Iberdrola disputado no Pazo dos Deportes de Riazor na Coruña.





















