• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Estrea de vitorias para o Dépor ABANCA ante o Athletic Club en Riazor

Traballados tres puntos para As Nosas deportivistas ante un rival chamado a altas cotas na Liga F

Silvia Carregal por Silvia Carregal
15/09/2025
en Liga F, Fútbol
Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO

58
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Os primeiros tres puntos do Dépor ABANCA colleitáronos As Nosas deportivistas en Riazor diante do Athletic Club, nun partido no que loitaron por ese triunfo diante dun rival chamado a ser un ano máis un dos destacados na Liga F e que llelo puxo complicado nomeadamente a balón parado.

Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO

Inês Pereira e Ainhoa Marín foron unha vez máis decisivas. Unha baixo paus e a outra na ofensiva. A liña de tres conformada por Barth, Elena e Raquel foi moi solvente e estivo reforzada nas bandas por Samara e Monteagudo. As galegas souberon sufrir cando non tiñan o balón e conter os ataques a balón parado das vascas.

Vitoria do Dépor ABANCA ante o Athletic Club en Riazor / SABELA MOSCOSO
Vitoria do Dépor ABANCA ante o Athletic Club en Riazor / SABELA MOSCOSO

Arrincou o partido o Dépor ABANCA aplicando ao Athletic Club unha asfixiante presión alta. Con todo, a primeira ocasión de chegar á portaría rival foi para as vascas nun saque desde o curruncho no que o esférico paseuse pola área pequena sen chegar a perforar a meta de Inês Pereira. A balón parado as de Bilbao levaron perigro todo o partido. Buscaba a liña de fondo non tanto para crear ocasións en xogada como para provocar un córner que lles fixera sacar a súa artillería neste tipo de xogadas.

Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO

Superados os 17 minutos de xogo sacaba a pelota de puños Inês Pereira safando o perigo da súa portaría.

Consumidos 20 minutos de partido Olaya avanza pola esquerda acompañada por Ainhoa Marín polo centro. A asistencia da primeira pintaba ben para a catalá, pero adiantóuselle o balón e chapou a Nanclares para o Athletic Club. A xogada estaba invalidada por fóra de xogo, pero Riazor sentiu que se podía levar perigo á área rival. Ao poco tempo volveu intervir Inês Pereira por unha nova acción a balón parado que era o xeito de levar perigo das bilbaínas.

Contra o minuto 26 de partido, Nerea Nevado entrou pola dereita. Facíalle a cobertura Elena. A de Carballo non puido impedir que a de Santurce chegase a rematar. Non pasou do susto xa que volvía a intervir con seguridade e acerto  e volve intervir con acerto  Inês Pereira atallando o tiro cruzado da roxibranca.

Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Athletic Club / SABELA MOSCOSO

Con media hora de encontro consumida, Ainhoa Marín rouba un balón en medio campo e avanza acompañada de Bárbara que se queda cunha defensa e envía a dereita de volta a Ainhoa Marín que bate á cancerbeira visitante para anotar o 1-0 para o Dépor ABANCA. Así se chegaría ao descanso coas Nosas deportivistas por diante no electrónico de Riazor.

Aos dez minutos de partido da segunda metade Bárbara entraba pola esquerda do ataque deportivista. Meteteuse á area Monteagudo que remataría a pelota forzando un córner que no iría a máis. Uns minutos máis tarde sería outra vez Ainhoa Marín quen levaría o perigo á meta visitante cun pepinazo desde fóra da área que pasa polo medio de todas xogadoras, atacantes e defensoras, ata que chapa a porteira visitante.

Moveu o banco cun triple cambio Fran Alonso. Entraron Marisa, Henar e Paula Novo deixándolles o sitio Monteagudo, Paula e Bárbara. Foi precisamente Marisa quen contra o minuto 38 da segunda metade envíaría un disparo por fóra dos tres paus. O seu tiro fóise pola dereita.

Entraron tamén no campo Redru por Lucía e máis tarde, Cavanagh por Samara.

O Dépor ABANCA aguanta os ataques do Athletic no desconto

Achuchou o Athletic Club de Bilbao no tempo engadido, pero unha vez máis Inês Pereira deixóu clara a súa calidade. Con todo a MVP do partido foi Ainhoa Marín que adicou o seu gol á capitá Cris Martínez, que, na recta final do seu embarazo, viu o partido desde a grada e ao final do choque baixou ao campo a festexar os +3 das deportivistas con todo o bloque de futbolistas branquiazulis.

O Dépor ABANCA suma dous empates 1 unha vitoria. Tras tres partidos está invicto e só recibiu un gol no que vai de Liga F.

Vitoria do Dépor ABANCA ante o Athletic Club en Riazor / SABELA MOSCOSO
Vitoria do Dépor ABANCA ante o Athletic Club en Riazor / SABELA MOSCOSO

Nas filas visitantes varias futbolitas internacionais coa Selección Española absoluta: Nanclares, Nerea Nevado e Zubieta, e varias en categorías inferiores como Elexpuru ou Agote. Non foron tres puntos colleitados fronte un rival calquera. Foron tres puntos gañados con esforzo e cabeza. Saber sufrir é un bo fondo de armario para asegurarse puntuar en partidos ante rivais complicados coma o desta xornada.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Dépor ABANCA (@rcdeportivofem)

FICHA TÉCNICA

1) DÉPOR ABANCA: Inês Pereira, Samara Ortiz (Cavanagh, min. 88), Paula G. (Henar, min. 64), Olaya, Monteagudo (Paula Novo, min. 64), Ainhoa Marín, Raquel, Bárbara (Marisa, min. 64), Elena, Lucía Martínez (Redru, min. 78) e Barth

0) ATHLETIC CLUB: Nanclares, Maddi (Landaluze, min. 62), Valero (Oihana, min. 84), Zubieta (Oguiza, min. 78), Azkona (Sanadri, min. 78), Baños, Nerea Nevado, Ortega, Elexpuru, Campos (Vilariño, min. 62) e Agote

EQUIPO ARBITRAL: Ylenia Sánchez, do comité catalán. Amoestou a Campos (min. 23), Monteagudo (min. 52), Landaluze (min. 66) e Barth (min. 90).

GOLES: 1-0 Ainhoa Marín (min. 30).

INCIDENCIAS: Encontro correspondente á 3ª xornada en Liga F disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.015 espectadores nas bancadas do estadio herculino.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Dépor ABANCA (@rcdeportivofem)

Etiquetas Ainhoa MarínBárbaraBarthDépor ABANCAElenafútbolInês PereiraMonteagudoRaquel
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.