Esther Sullastres responde ás preguntas dos escolares de Abegondo
O proxecto Matriarcas que busca sensibilizar o papel da muller no fútbol, levou de novo á escola á gardameta do Dépor ABANCA | Diante do alumnado do CEIP San Marcos, a porteira catalá expresouse nun perfecto galego | Sabes cal é a súa palabra favorita na nosa lingua?
O alumnado do CEIP San Marcos de Abegondo contaron hoxe cunha visita de renome. Esther Sullastres, gardameta do Dépor ABANCA mantivo un encontro cos escolares, dentro do proxecto A terra, o balón e mais elas que levan a cabo os s Veteranos de Crendes e o CD Mabegondo, coa colaboración do Concello de Abegondo.
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
O obxectivo da iniciativa é visibilizar o papel da muller no mundo do fútbol, sensibilizando sobre a súa situación e a súa importancia. Coa actividade desta xornada buscouse esta meta facendo valer o testemuño directo dunha profesional do balompé.
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
A presenza de Esther Sullastres xerou gran expectación entre os alumnos e alumnas, que permaneceron moi atentos a todo o que lles explicou e non dubidaron en formular as súas preguntas. A futbolista incidiu ante os rapaces na necesidade de promover a igualdade no deporte, con independencia do xénero.
Esther Sullastres, unha catalá que fala galego fluído
A pesar de non ser galega, naceu en Cataluña, Esther Sullastres desenvolveuse nun galego fluído durante toda a conversa. Confesou que bolboreta e vagalume son as súas palabras favoritas en galego, quizais influenciada polos estudos de Veterinaria que está a realizar.
1 de 9
-+
1. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
2. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
3. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
4. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
5. Na anterior xornada de A terra, o balón mais elas, Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos sobre o fútbol feminino galego / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
6. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
7. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
8. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
9. Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
Esther Sullastres conversou co alumnado do CEIP San Marcos no ciclo Matriarcas / CONCELLO DE ABEGONDO
A actividade concluíu cunha entrevista que os alumnos lle realizaron na radio escolar e con moitos autógrafos asinados xa que ao final do acto o alumnado púxose en ringleira para pedirlle unha sinatur á deportivista. Esther Sullastres inclurso recibiu un debuxo dunha alumna que quixo entregarlle o seu retrato á porteira.
O encontro foi conducido pola xornalista Sara Galego (Radio Intereconomía).