• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Esther Pedrosa: “Tiven os obxectivos moi claros sempre”

A atleta do Playas Castellón e concelleira de Deportes de Santiago de Compostela segue en plena forma e batendo récords aos seus 60 anos

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
01/11/2021
en Máis Deporte, Atletismo
A atleta Esther Pedrosa / CEDIDA

A atleta Esther Pedrosa / CEDIDA

668
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • “Cando cheguei a meta dixéronme que non era só récord de Europa, senón tamén récord do Mundo. Foi brutal”
  • “A miña filla medrou nunha escola deportiva, entón a familia medrou no atletismo”
  • “O máis importante da miña carreira foi cando conseguín a mínima para os Xogos de Seúl e para os Xogos de Barcelona”

Con 60 anos, non hai quen pare a Esther Pedrosa, e poucas que a superen. A atleta galega vén de batir o Récord do Mundo nos 3.000 metros lisos na categoría F60 en Antequera, e pouco antes estableceu unha nova mellor marca nos 10km F60 a nivel estatal.

“Fun profesional e tiven os obxectivos moi claros sempre”, explica botando a vista atrás e recordando éxitos persoais como as marcas mínimas para os Xogos de Seúl e de Barcelona.

Cun pasado como atleta profesional e unha vida adicada ao deporte, falamos con esta plusmarquista, técnica do Servizo de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela e concelleira de deportes da capital galega, que lle pasou á súa filla a paixón polo atletismo.

Esther Pedrosa establece un novo Récord do Mundo nos 3.000ml

-As Nosas: O teu éxito máis recente é o Récord do Mundo. Que se che pasou pola cabeza ao cruzar a liña de meta?

Esther Pedrosa: Ía coa intención de batir o récord de España, xa que en Italia quedei moi preto del. Sabía que podía batir o récord de Europa, pero non me imaxinaba que puidera batir o do Mundo. Ccando cheguei a meta dixéronme que non era só récord de Europa, senón tamén récord do Mundo. Foi brutal. 

-As Nosas: Como se prepara unha atleta para seguir a pleno rendemento en categoría máster?

Esther Pedrosa: Eu fun atleta profesional ate os 36 anos e logo seguín facendo outros deportes entón a forza a mantiven. Pasados uns anos decidín volver á vida atlética para desfrutar e porque a miña filla xa pasara a adolescencia e competía e eu quería axudala nos adestramentos. Así ao tonto púxenme e volvín poñerme en forma. Como había ese boom de carreiras populares iso facía que eu seguira, para poder acudir con ela. Un día dixen, “imos ver, por que non volver competir na pista, que é o meu?” E así foi. 

A atleta Esther Pedrosa / CEDIDA
A atleta Esther Pedrosa / CEDIDA

-As Nosas: Contas plenamente co apoio familiar

Esther Pedrosa: O apoio familiar houboo sempre. Eu fun nai moi nova, con 19 anos, e a miña parella sempre me apoiou nisto, porque estudaba, traballaba e adestraba, todo á vez. A miña filla medrou nunha escola deportiva entón a familia medrou no atletismo.

Pedrosa: “Estudaba, traballaba e adestraba, todo á vez”

Houbo un momento no que eu aínda non era moi maior e a miña filla tampouco era maior atléticamente, e estabamos moi igualadas e mesmo a gañaba eu, pero logo claro, chegou a idade na que entramos na menopausia, perdemos forza e ela xa me empezou a superar, e eu encantada. Eu o que tiña que facer xa o fixen e agora o que fago é desfrutar. Iso si, sigo adestrando coma se fora unha profesional, de maneira regular, constante e son moi seria niso.

Pedrosa: “Sigo adestrando coma se fora unha profesional”

-As Nosas: E segues en plena forma, batendo récords

Esther Pedrosa: Eu levo batendo récords anos. As redes sociais agora fano moito máis visible. O ano pasado por exemplo foi a primeira vez que a miña filla e máis eu coincidimos nunha proba en pista nun campionato máster. Iso foi moi importante a nivel atlético, que nai e filla compitan nunha mesma proba, o 1.500, na pista nun campionato de España é algo que non se dera ata ese momento. Fixen un pouco estela diso.

-As Nosas: Dirías que correr coa túa filla foi un dos momentos máis especiais da túa carreira?

Esther Pedrosa: Non. Non lle dou importancia. O máis importante da miña carreira foi cando conseguín a mínima para os Xogos de Seúl e as mínimas para os Xogos de Barcelona. Fun profesional e tiven os obxectivos moi claros sempre, fun avanzando en distancias, empecei de rapaza con distancias curtas ata que en Barcelona xa facía 10.000 e maratón. 

Supón unha alegría correr coa miña filla, pero non me gustou. Fixen a carreira véndolle o cú, e pensando “veña Raquel, veña, corre, corre”, para que o fixera ben. Entón descentroume do meu, fixen unha carreira con pouco ritmo, fixen unha primeira volta moi forte e logo pinchei.

-As Nosas: Así que a próxima vez mellor no coincidir na pista

Esther Pedrosa: Xa lle dixen á Federación que non me volvera poñer con ela. Eu quero vela, desde fóra e animala. Ademais eu tamén son adestradora dela e gústame ir marcándolle os tempos en cada volta e dicíndolle cando ten que cambiar e esas cousas. Correndo con ela non podo.

Pedrosa: “Xa lle dixen á Federación que non me volvera poñer con ela”

A atleta Esther Pedrosa / CEDIDA
A atleta Esther Pedrosa / CEDIDA

-AN: Despois de anos de experiencia, que tes aprendido que te faltara cando eras máis nova e competías?

Esther Pedrosa: Sempre fun unha nena moi curiosa e sempre que facía algo preguntáballe ao meu adestrador. Os ritmos hai que controlalos moito e iso é complicado. Dentro da miña vida profesional, xa fóra do atletismo, son técnico de deportes da USC e sempre estou facendo cursos. Agora por exemplo son adestradora nacional. 

O que aprendín co tempo é a psicoloxía do deporte, a manexala. Iso quizais era o que me faltaba na etapa profesional. Agora as rapazas teñen psicólogos e estas cousas e nós non tiñamos nada. Iso é o que aprendín agora, a manexar os nervios, a confianza e estas cousas que antes non facía. 

Esther Pedrosa: “O que aprendín co tempo é a psicoloxía do deporte, a manexala. Iso quizais era o que me faltaba na etapa profesional”

Esther Pedrosa, atleta máster, no nacional de Sabadell / FGA
Esther Pedrosa, atleta máster, no estatal de Sabadell / FGA

-AN: No teu cargo como concelleira, como traballas para promocionar o deporte feminino?

Esther Pedrosa:  A miña política vai na igualdade no deporte e sempre que podo actúo en consecuencia. Desde o Concello non vexo que haxa unha desigualdade, desde aquí as subvencións van igual para o deporte masculino que para o feminino, incluso hai unha pequena axuda por ser feminino.

Pedrosa: “O primeiro que reviso cando me presentan un evento é se se visibiliza igual a parte feminina que a masculina”

Procuro sempre que me presentan un evento ou un campionato, preguntar pola parte feminina. Nalgún caso a min pasoume de ir a unha carreira e que os premios fóran desiguais. Esas cousas non me gustan, entón o primeiro que reviso cando me presentan un evento é se se visibiliza igual a parte feminina que a masculina.  

-AN: Cal é o teu seguinte obxectivo?

Esther Pedrosa: No meu calendario teño o Campionato de clubs de pista cuberta, o 13 de novembro, en Valencia. Vou correr o 1.500. O obxectivo, onde vou encamiñada é o Campionato de Europa en febreiro, que é en Braga. Penso estar na mellor forma posible e correrei o 800 e o 1.500 porque agora son de pista.

Etiquetas atletismoClub Atletismo SadaEsther PedrosaFEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMOPlayas de CastellónSamertolameuSantiago de Compostela
Comparte3Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Equipos do Club Atletismo Sada e Samertolameu no Campionato de España mixto de Atletismo máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Un milleiro de atletas de todo o país participarán esta fin de semana no Campionato de España Máster por equipos que acolle A Coruña

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos....

Xogos do Eixo Atlántico / CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Xogos do Eixo Atlántico, unha cita entre culturas en Compostela

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

As pistas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleron onte a celebración da XVI edición dos Xogos do Eixo...

A lanzadora de Galicia Aitana Capeáns / RFEA SPORTMEDIA

Galicia regresa do Campionato de España Sub-18 con 12 medallas

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

O atletismo galego volveu deixar unha pegada fonda no panorama estatal grazas á extraordinaria actuación protagonizada pola súa canteira no...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.