Durante estes días a cidade portuguesa de Braga está a collendo o Europeo Máster de atletismo, onde a galega Esther Pedrosa vén de colgarse dúas medallas de ouro que engade ao seu extenso palmarés.
A atleta do Playas de Castellón resultou campioa na proba dos 800m F60, cun tempo de 02:42.64, quedando por diante da francesa Dominique Pozzo e da alemana Monika Gippert.
O seu segundoo ouro chegou nos 3000m F60, vencendo cun tempo de 11:42.23 ante a irlandesa Irene Clements cun 11:49.99 e a española Marisol Ramos, cun 11:58.59.
Pola súa banda, a galega Soledad Castro tamén foi quen de subir ao podio, desta vez nos 8km cross, quedando segunda cun tempo de 0:28:02, moi preto da campioa, a británica Susan Ridley, quen chegou a meta en 0:28:01. A terceira clasificada foi a tamén española Marisol Ramos, cun tempo de 0:29.01.
A atleta do Comesaña pode presumir ademais de ser a única persoa en representar a Galicia en 25 campionatos de España Absolutos de Campo a través, ao longo de 37 anos de carreira.
O campionato rematará o vindeiro 27 de febreiro.
Todas as galegas no Europeo Máster de Braga
Ademais destas medallistas, o atletismo galego estará representado por máis atletas en distintas categorías e modalidades.
| ATLETA | CATEGORÍA | PROBA(S) |
| Ana Abuín | F60 | Martelo Martelo pesado |
| María Luisa Armesto | F70 | Xavelina 400m |
| Pilar Barreiro | F50 | 800m |
| Silvia Barreiro | F45 | 60m |
| Ángeles Bernárdez | F50 | 200m |
| Karina Callón | F40 | 3000m |
| Soledad Castro | F55 | 3000m Cross |
| Teresa Castro | F50 | Cross 3000m |
| Tirsa Chaves | F55 | 60m 200m |
| Véronica Cores | F40 | Triplo salto |
| Goretti Díaz | F40 | 200m |
| Begoña Domínguez | F35 | Cross 3000m |
| Luz Domínguez | F55 | 400m 800m |
| Cristina Estévez | F45 | Lonxitude Pentathlon |
| Aida Fernández | F60 | 200m |
| Irene Fernández | F45 | Martelo |
| Monte Fernández | F50 | 200m |
| Elva Fernández | F60 | 60m 200m |
| Nuria Fernández | F50 | Peso |
| Lucía Ferreiro | F50 | Pértega |
| Natalia García | F40 | Cross |
| Marta García | F45 | 200m |
| Marta González | F35 | Pértega |
| Teresa Janeiro | F40 | Peso |
| Carmen Juegen | F45 | 5km marcha |
| Victorina Losada | F35 | Cross 3000m |
| Esther Martínez | F60 | 60m 200m |
| Emilia Mesa | F65 | Xavelina |
| María Mesías | F40 | 60m 200m |
| Cris Nanín | F55 | 200m |
| Concha Novais | F40 | 200m |
| Noelia Papín | F45 | Cross |
| Inés Papín | F50 | Cross 3000m |
| Esther Pedrosa | F60 | Cross 800m 3000m 1500m |
| Helena Rey | F45 | Peso |
| Noelia Rivera | F45 | 200m |
| Emilia Rodríguez | F45 | 5km marcha 3000m marcha |
| Elena Rodríguez | F55 | 200m |
| Araceli Salgueiro | F50 | 60mv |
| Ana Santos | F50 | 200m |
| Elena Sierra | F55 | Lonxitude |
| Rosa Sierra | F55 | 5km marcha 3000m marcha |
| Marta Sureda | F50 | Peso Disco Martelo pesado |
| Rosario Sureda | F55 | Altura 200m |
| Felicea Tilea | F50 | Xavelina |
| Julia Vaquero | F50 | Cross |
| Nieves Vázquez | F45 | 60m 200m |
| Mónica Yáñez | F40 | Xavelina |
Consulta aquí o listado completo de inscritas.
Esther Pedrosa, nominada a Mellor Atleta Máster do 2021
A campioa europea nos 800m e que nos meses pasados rompeu ata cuatro récords mundiais é unha das candidatas ao premio Mellor Atleta Máster do 2021.
Pedrosa foi xa a mellor fondista Europea do Ano en F60 e comparte candidatura con Alicia Hernández, quen ostenta dous récords mundiais de PC en triplo salto F60 e Rosa Escribano, récord mundial PC en pentathlon F60.





















