Éxito rotundo da atleta internacional Ester Navarrete no seu debut no Campionato de España de Maratón celebrado en Sevilla. A galega acadaba o título estatal establecendo un rexistro de 2h.24:40 que supón a segunda mellor marca feminina da historia e, de camiño, fixo a marca mínima olímpica para tomar parte nos Xogos Olímpicos de París 2024. Enorme paso para a deportista.
Para ser la primera, no ha estado nada mal, no? 😏😎 ¡Gracias, Sevilla!
@pumaspain @pumarunning #foreverfaster pic.twitter.com/aWxQgtzBAC— Ester Navarrete (@PetiteStr) February 18, 2024
Sevilla prometía emocións fortes durante o Campionato de España de Maratón e as expectativas cumpríronse con fartura. Nunha edición histórica do Zúric Maratón de Sevilla, con 12.000 corredores populares gozando da súa paixón, Ester Navarrete (2:24:40) e Ibrahim Chakir proclamáronse campións de España e con senllas vitorias selaron a súa preselección para os Xogos Olímpicos de París 2024.
Ester Navarrete, que debutaba nesta distancia, asinou a súa vitoria cun espectacular tempo de 2:24:40 que supón o mellor debut dunha española en toda a historia e a segunda mellor marca de sempre no noso país.
A galega consagrouse aos seus 33 anos e logrou o título de campioa de España por diante de Meritxell Soler, que en Sevilla conseguiu a terceira mellor marca española da historia con 2:24:57. O bronce foi a parar a Clara Simal con 2:31:21.
Un debut por todo o alto na maratón para Navarrete
A galega Ester Navarrete chegaba a Sevilla como a tapada para un Campionato de España no que Meritxell Soler, María José Pérez e Fátima Ouhaddou aparecían coa mínima olímpica no peto. Ester Navarrete, terceira mellor marquista española da historia no medio maratón con 1:09:58, saíu xunto aos seus rivais a un ritmo frenético desde o primeiro quilómetro, segundo conta a RFEA na súa crónica.
Ao paso polo quilómetro 10 as catro españolas corrían a un ritmo próximo ao do récord de España de Majida Maayouf (2:21:27) e o medio maratón atravesábano en 1:11:51 tanto Ouhaddou como Pérez, mentres que Navarrete e Soler facíano en 1:12:00. O espectáculo estaba servido e a carreira ía converter nunha supervivencia.
A primeira en caer foi María José Pérez, que no quilómetro 23 tíñase que deter por problemas nun dos seus xemelgos. Pola súa banda, Ouhaddou vía como a súa vantaxe íase diminuíndo e antes do quilómetro 30 decidía tamén abandonar a carreira. O Campionato de España e a praza de preselección olímpica eran cousa de dúas. E ningunha ía ceder.
Soler e Navarrete chegaban á parte decisiva da proba emparelladas e sabedoras de que os seus tempos en meta ían ser estratosféricos. Finalmente foi Ester Navarrete a que puido atopar forzas nun final apoteósico que a coroa como nova campioa de España de maratón cun crono de 2:24:40, segunda mellor española da historia e mellor debut dunha atleta do noso país na distancia.
¡Qué debut! ¡Qué debut! 🤯🤯🤯
🥇 @PetiteStr, campeona de España de maratón en su primer envite con los 42,195 km
⏱️ 2:24:40 ➡️ mejor debut 🇪🇸 y 2ª 🇪🇸 de la historia
🎟️ Preseleccionada para los Juegos Olímpicos de #Paris2024🥈 @txell921 ⏱️ 2:24:57 ➡️ 3ª 🇪🇸 de siempre
🥉… pic.twitter.com/5PEgzy6EaD— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 18, 2024
Ao finalizar a proba, Ester Navarrete mostraba unha emoción considerable e certa incredulidade ao ser consciente de que obtivera a praza de preselección para os Xogos Olímpicos de París 2024 aos seus 33 anos.
Soler, que aguantou o tipo ata os metros finais, colgouse a medalla de prata cruzando a liña de meta en 2:24:57, mellorando nun minuto e 40 segundos a súa mellor marca persoal e asinando a terceira mellor marca española da historia na distancia. Pola súa banda, Clara Simal, aproveitando as retiradas dalgunhas das favoritas á proba, conseguiu a medalla de bronce cun tempo de 2:31:21.
Gran momento de forma da viguesa neste último ano
En outubro pasado a corredora viguesa pulverizaba o récord galego da media maratón que tiña a mítica Julia Vaquero. En Valencia, Ester Navarrete, fixo un tempo de 1:09:58 (terceira mellor marca española de todos os tempos). Daquela esa marca supuxo a mínima para o Europeo 2024. Sen dúbida a atleta galega está a vivir un momento de forma enorme que non parece ter teito.
🏃 Xuntamos a Xulia Vaquero e a Ester Navarrete @PetiteStr
🔝 A atleta viguesa acaba de bater o record de media maraton que tiña a olímpica guardesa desde hai 25 anos
😀 Foi un encontro cheo de emocións
⌛️ Despois escoitámolas pic.twitter.com/7FqwAHKQHr
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 26, 2023
A deportista viguesa tamén o ano pasado foi bronce nos 5.000 metros no Campionato de España de atletismo cunha marca de 16:45.15.
2️⃣ª medalla para Galicia 🥈🥉
💥BRONCE DE 🇪🇸 ABSOLUTA💥
👥Ester Navarrete Santana
🔍Atletismo Femenino Celta
👉5.000 m.
⏫16:45.15
🎊Parabéns Ester!!https://t.co/w8VIcttbNl pic.twitter.com/vkhBvWS7FM— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 29, 2023