• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

Sara González por Sara González
13/01/2026
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

99
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Esperanza Segade converteuse na primeira muller árbitro de Loita Olímpica en España, abrindo camiño nun deporte historicamente masculinizado. Nerea Vila, ex deportista e unha das árbitros con maior proxección da actualidade, seguiu os pasos das que a precederon e aspira agora a dar o salto ao ámbito internacional.

A presenza masculina foi hexemónica en practicamente todos os ámbitos do deporte ao longo da historia. Os homes ocuparon tradicionalmente os espazos centrais, tanto na práctica deportiva como nas bancadas, así como nas funcións técnicas e de apoio, incluíndo a asistencia sanitaria, a xestión económica dos clubs e, por suposto, a arbitraxe. Nese contexto, que foi evolucionando co paso dos anos cara a unha maior apertura á participación feminina, Esperanza Segade (1952) e Nerea Vila (1993) representan o pasado, o presente e o futuro da arbitraxe de loita en España.

Lydia Pérez e Nerea Vilas nos Xogos do Mediterráneo / FEGALOITA
Lydia Pérez e Nerea Vilas nos Xogos do Mediterráneo / FEGALOITA

A estrutura de predominio masculino, especialmente visible nos deportes de maior seguimento mediático, pero tamén presente nos deportes con menos practicantes, contribuíu a consolidar a crenza social de que estes espazos non eran axeitados para as mulleres. Porén, a incorporación progresiva de figuras femininas nestas disciplinas abriu un debate crecente que, co paso do tempo, desembocou na situación actual, na que xa existen ligas profesionais e semiprofesionais plenamente consolidadas nas que participan colexiadas con relativa normalidade.

A realidade resultaba aínda máis adversa para aquelas mulleres que aspiraban a abrirse camiño nos deportes de contacto, un ámbito historicamente asociado a valores e imaxinarios marcadamente masculinos.

A escasa presenza nos medios de comunicación, maioritariamente dominados por profesionais que reproducían un modelo masculinizado, contribuíu a invisibilizar o papel feminino nestas disciplinas.

Como consecuencia, instalouse un descoñecemento xeneralizado por parte do público, que durante moitos anos permaneceu vixente e alimentou a percepción de que as figuras femininas eran inexistentes ou, no mellor dos casos, excepcións illadas. Con todo, esta visión vai perdendo forza progresivamente e cada vez son máis as mulleres que se incorporan a este ámbito. De feito, o Colexio Galego de Árbitros conta actualmente cun número significativo delas.

As pedras no camiño e a resistencia estrutural foron, sobre todo, obstáculos das primeiras décadas, nas que ser muller e dedicarse aos deportes de contacto supoñía un dobre desafío: romper cos estereotipos de xénero e reclamar un espazo nun terreo tradicionalmente vedado.

Esas pioneiras, lonxe de recibir recoñecemento, tiveron que afrontar retos considerables polo seu carácter innovador e rupturista.

Un exemplo ilustrativo desta realidade é Esperanza Segade, a primeira árbitra galega de Loita Olímpica, que comezou a abrirse camiño nos anos oitenta e contribuíu de maneira decisiva a preparar o terreo para as xeracións futuras.

A súa traxectoria estivo marcada por numerosos obstáculos, xa que tivo que enfrontarse a un sistema profundamente adverso no que, dende o primeiro momento, partía en clara desvantaxe. “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito. Aínda así non era sinxelo, había situacións incómodas, comentarios…”, comentaba Segade en declaracións a As Nosas.

Nerea Vila, unha nova xeración da arbitraxe na loita

Á sombra do legado de mulleres pioneiras como Esperanza Segade emerxeron figuras como Nerea Vila, árbitra galega en activo e referente destacada nos deportes de loita.

Tras unha recoñecida etapa como deportista, na que se converteu na primeira galega en ser chamada a participar nunha cita continental cando aínda era U17, decidiu dar o paso cara á arbitraxe, consolidándose como unha das grandes promesas da Federación Galega de Loita (FEGALOITA).

“Cando deixei de competir, o xefe dos árbitros de Galicia, que me coñecía dende que era pequena, sempre me dicía: ‘Ven a axudarnos e imos probar’. Eu ía a campionatos galegos e a algúns torneos por Galicia, pero non o tomaba en serio; ía por botar unha man e porque o pasaba ben. Bastantes anos despois, a rapaza que comezou a adestrar comigo cando eramos nenas tamén decidiu vir aos campionatos galegos, e o presidente dos árbitros non nos deu máis opcións. No 2021 díxonos: ‘Agora que estades as dúas, seguide por este camiño e presentádevos á nacional’”, sinalaba Vila a As Nosas.

Sobre se viviu discriminación por ser muller, Nerea Vila aclara: “Na miña carreira como árbitra non sentín discriminación, pero cando era deportista si sentía que me estaba metendo nun mundo de homes e que eles non estaban preparados para lidar con iso. Agora, moitos anos despois, doume conta de que máis que machismo eran adolescentes que non sabían como tratar cunha situación nova. Como adulta, nunca sentín que por ser muller se me fixese de menos”.

 

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

 

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

Etiquetas arbitraxeEsperanza SegadefegaloitaloitaNerea Vila
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Lidia Crespo, árbitra de futsal / FUTGAL

A Comisión nacional vai propoñer a Lidia Crespo como árbitra FIFA 2027

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Segundo informa a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) a colexiada galega Lidia Crespo vai ser proposta a árbitra FIFA...

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

MMA / FEGALOITA

Bueu acolle a fin de semana dúas citas relevantes de MMA

por Redacción As Nosas
30/04/2026
0

Segundo informa a Federación Galega de Loita (FEGALOITA) esta fin de semana terán lugar de dúas grandes citas deportivas estatais...

A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

por Sara González
13/01/2026
0

Nerea Vila (Vigo, 1993), campioa de España de Loita na súa etapa como deportista, exerce actualmente como adestradora persoal e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.