“Miramos a Suecia aos ollos e estamos preparadas”, quen fala é Jorge Vilda, o seleccionador de España nesta Copa do Mundo de futfem. A Vermella xoga mañá, a partir das 10:00 hora peninsular, no Eden Park (Auckland – New Zealand), as semifinais do Mundial ante Suecia. En xogo, seguir facendo historia. Primeiro foi pasar a cuartos, logo as semifinais, e agora as futbolistas da Selección Española pensan en seguir soñando e superar ás suecas para meterse no partido definitivo. O encontro de semifinais contra as suecas poderá seguirse pola afección a través da 1 de TVE.
¡¡¡ !!!
(Sí, en Nueva Zelanda ya es día 15).
#ESP – #SWE
✅ Semifinal.
#FIFAWWC
⏰ 10:00 (hora peninsular española).
️ Eden Park (Auckland).
@La1_tve
Previa: https://t.co/poGc0tGnfm#JugarLucharYGanar pic.twitter.com/O4KLbzCgEv— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 14, 2023
Jorge Vilda di que Suecia: “É un equipo tremendamente potente no plano físico con grandes calidades a balón parado. O noso xogo é recoñecible e non imos movernos do noso guion. Vai esixir a mellor versión de nós para poder gañar o partido”.
Outorga o mérito de chegar ata aquí na Copa do Mundo “ás xogadoras”. Di Jorge Vilda que “sería imposible” sen a súa achega. “Traballamos como un equipo unido, hai concordia, profesionalidade, ilusión e ganas de gañar”, asegura. Non é pouco. No camiño previo a este Mundial o propio seleccionador estivo cuestionado e houbo plante de non poucas xogadoras.
Se superan a Suecia, as españolas estarían na final do domingo en Sidney contra a selección que saia vencedora da outra semifinal do Mundial que xogan Australia e Inglaterra.
Como un elemento máis para a épica España ten que vencer a una selección diante da que nunca ten saído vitoriosa. Jorge Vilda observa nesa circunstancia un alicente máis: “O non gañar na historia a Suecia supón unha motivación máis. Creo que elas teñen máis obrigación que nós, pero podemos miralas aos ollos como para poder levarnos o partido”, asegura o técnico.
Considera o preparado das españolas que, aínda que poida parcer “un tópico” a chave da vitoria ha estar nos “pequenos detalles”. Algo habitual nestes partidos. “Temos que estar moi atentas e ser capaces de sobrepoñernos a moitas dificultades, como xa fixemos no pasado”, apunta Vilda.
Teresa Abelleira está a ser unha futbolista fundamental no esquema do adestrador de España. A deportista pontevedresa é xa unha peza fixa no once inicial e pola súas botas pasa moito do fútbol da medular española. Toca o balón e o toca con criterio. Pases certos e visión de xogo. Abelleira está a ser protagonista por méritos propios desta Vermella.
Peter Gerhardsson é o adestrador de Suecia. As escandinavas veñen de eliminar á vixente campioa do Mundo en oitavos e mantense invicta nesta Copa do Mundo. Non é un oso doado de roer. Máis ben é duro. Pero quen dixo medo?
Entre as cualidades de Suecia están a súa capacidade física, e a súa eficacia a balón parado. Por dar un dato, a súa defensa central, Amanda Ilestedt leva anotados xa catro goles dese xeito neste Mundial. Outro dos puntos ao seu favor é que conta con boas peloteras como culé Fridolina Rolfö ou a toffee Nathalie Bjorn. Baixo paus haberá que superar a porteira Zecira Musovic. Non será doado en absoluto, así que un triunfo das vermellas será histórico, pero posiblemente tamén épico.
Hermoso: “Quero seguir a facer historia con España”
Jenni Hermoso tamén o ten claro: “Eu sigo traballando para cumprir os soños que tiña de pequena e quero seguir facendo historia co meu país”, declaraba a futbolista na previa das semifinais do Mundial ante Suecia. “O día de Países Baixos foi de grandes emocións. Non parei de chorar ese día porque pasamos moitísimas cousas xuntas. Grazas a todo o que loitaron tantas futbolistas antes, hoxe estamos aquí. Quero que isto non quede aquí”, confesaba a xogadora.
Jenni Hermoso agradeceu os pasos dados por outras futbolistas antes deste Mundial: “Grazas a todo o que loitaron tantas futbolistas antes, hoxe estamos aquí. Quero que isto non quede aquí”
Advertía a xogadora que ninguén lle regalou nada a esta xeración de futbolistas que está a facer historia para España nesta Copa do Mundo: “O partido de mañá é a consecuencia de millóns de adestramentos e de moitísimos sacrificios. Poder gozar deste encontro non é ningún premio, xa que nolo traballamos moito para poder estar aquí. Espero que toda España estea connosco”.
Para Jenni Hermoso ter nervios forma parte do xogo. “Se non hai nervios é que algo non vai ben. Hai que telos, igual que as ganas e a ilusión. Estamos moi preto de poder estar na final e agora temos que afrontar o partido contra Suecia como os demais. Sairemos con máis ganas que nunca”, avisa a deportista.
Jenni Hermoso, xogadora da Selección Española de fútbol feminino: “Quero dar as grazas a todas as que sentaron as bases para que isto ocorra. síntome unha privilexiada e agora queremos seguir enchendo estadios”
Hermoso agradeceu na rolda de prensa previa a o partido a pioneiras que fixeron posible que elas chegasen ata onde están neste momento, por meritos propios, si, pero tamén polos pasos previos dados por outras mulleres do fútbol español que camiñaron antes contracorrente. “Entras aquí e xa impresiona. O escenario é perfecto cando hai anos non había case xornalistas e as bancadas estaban baleiras. Quero dar as grazas a todas as que sentaron as bases para que isto ocorra. síntome unha privilexiada e agora queremos seguir enchendo estadios e roldas de prensa”, manifestaba Jenni Hermoso á prensa.
Arbitra a brasileira Edina Alves Batista
O partido entre España e Suecia será arbitrado pola colexiada brasileira Edina Alves Batista que pitará á Selección Española por terceira vez na súa traxectoria. Os resultados previos foron un triunfo e un empate. Será o cuarto partido de Edina Alves Batista nesta Copa do Mundo 2023. É árbitra FIFA desde 2016. Estará auxiliada nas bandas esta semifinal do Mundial polas tamén brasileiras Neuza Back e Leila Cruz. Será a cuarta árbitra a hoondureña Melissa Borjas, e no VOR estarán o colombiano Nicolás Gallo e o estadounidense Armando Villarreal.
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 13, 2023