• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

España fai historia ao meterse en cuartos de final do Mundial con Tere Abelleira nas súas filas

A Vermella aprendeu do tropezo ante Xapón e retomou a senda das goleadas, pero ao seu favor, vencendo a Suiza por 1-5

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/08/2023
en Fútbol, Máis fútbol
Tere Abelleira con España no Mundial 2023 / RFEF

Tere Abelleira con España no Mundial 2023 / RFEF

164
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Selección Española de fútbol feminino fai historia ao meterse nos cuartos de final da Copa do Mundo. Nas filas do equipo vermello está a galega Tere Abelleira que se converteu nunha das pezas fixas do once inicial de  Jorge Vilda neste Mundial.

Un triunfo por 1-5 ante Suiza coloca a España nos cuartos de final do Mundial de futfem 2023. No equipo español está a futbolista pontevedresa Tere Abelleira, compartindo protagonismo con nomes propios da Vermella como Jenni Hermoso ou Aitana Bonmatí.

O tropezo vivido ante Xapón, que goleou a España na fase de grupos, serviu para poñer os pés na terra ás vermellas e lembrarlles que ninguén regala nada no deporte e menos nun Mundial. Esta vez, ante Suiza (adestrada por Inka Grings), a Selección Española amosou a súa mellor versión e impúxose por 1-5 facendo con ese triunfo historia. É a primeira vez que España se clasifica para cuartos de final nunha Copa do Mundo feminina.

O partido tivo lugar no Estadio Eden Park de Auckland. España dominou o xogo, mantivo a posesión e fixo circular o balón con fluidez. Conseguían as vermellas chegadas continuas, nomeadamente desde as bandas e as ocasións sucedíanse. Así chegaron os goles que, neste partido ante Suiza, asinaron Aitana Bonmatí, que foi nomeada mellor xogadora do partido (MVP).

O gol da honra de Suiza foi en realidade un tropezo de España. Un gol en propia porta de Laia Codina, nunha cesión que saíu mal. Pouco durou o shock xa que en nada chegaría outro tanto, esta vez coa testa, de Alba Redondo, e logo outro tanto de  Aitana Bonmatí que repetía acerto, desta volta desde dentro da área. Con eses goles España colocábase cunha vantaxe diante do seu rival 1-3.

Laia Codina resarciuse do gol en propia porta anotando o 1-4 para España. O resultado remataría cun 1-5 grazas ao tino ante a meta rival de Jenni Hermoso.

O seguinte reto da Selección Española de fútbol feminino que adestra  Jorge Vilda neste Mundial será vencer ao equipo gañador da eliminatoria entre Países Bajos e Sudáfrica. Un dous dous combinados esperan en cuartos de final da Copa do Mundo de futfem 2023 a España que avanza cara a un soño facendo historia.

️ tras el Suiza 1-5 España:

️ Jorge Vilda.
️ Cata Coll.
️ Oihane Hernández.
️ Laia Codina.#JugarLucharyGanar I #FIFAWWC pic.twitter.com/qB08rSLdGS

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 5, 2023

FICHA TÉCNICA

1) SUIZA: Thalmann, Stierli, Maritz, Riesen (marti 84´), Aigbogun (Calligaris 46´), Reuteler (Mauron 46´), Sow (Terchoun 46´), Waelti, Crnogorcevic, Bachmann e Piubel (Humm 75´).

5) ESPAÑA: Cata Coll, Oihane Hernández, Irene Paredes, Laia Codina, Ona Batlle, Tere Abelleira (María Pérez 64´), Aitana Bonmatí (Irene Guerrero 77´), Jennifer Hermoso (Alexia Putellas 77´), Alba Redondo, Salma Paralluelo (Athenea del Castillo 84´) e Esther González (Eva Navarro 64´).

GOLES: 0-1 | (5´) | Aitana Bonmatí remata o balón desde a frontal tras un chut ao poste de Alba Redondo. 1-1 (11´) | Laia Codina en propia porta. 1-2 (17´) | Alba Redondo coa testa tras centro desde a esquerda. 1-3 (36´) | Aitana Bonmatí finaliza maxistralmente coa perna esquerda dentro da área. 1-4 (45´) | Laia Codina desde preto remata coa dereita logo dunha serie de rexeitamentos do balón dentro da área pequena. 1-5 (70´) | Jenni Hermoso anota cun tiro axustado executado coa zurda.

EQUIPO ARBITRAL: Cheryl Foster (País de Gales), amosou cartón amarelo á futbolista Stierli (74´) por parte da Selección de Suiza. Árbitras asistentes: Michelle O´Neill (República de Irlanda) e Franca Overtoom (Países Bajos). Cuarta árbitra: Ivana Martincic (Croacia). Árbitro asistente de vídeo: Marco Fritz (Alemania).

INCIDENCIAS: Partido de octavos de final da Copa do Mundo Feminina de fútbol de Australia-Nueva Zelanda 2023, disputado no Estadio Eden Park de Auckland (Nueva Zelanda). Cheo nas bancadas con 43.217 espectadores para ver este partido do Mundial de futfem. Seguiu o partido desde o palco de autoridades o presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales.

Tere Abelleira con España no Mundial 2023 / RFEF
Tere Abelleira no once da Selección Española no Mundial 2023 / RFEF

 

Mira aquí os mellores momentos do partido Suiza-España do Mundial de futfem

Etiquetas Españafútboljorge vildaSelección españolaTere Abelleira
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.