A Selección de España que adestra Clàudia Pons colleitou unha cómoda vitoria que serve para meterse na final do Europeo que se está a disputar en Gondomar. As futbolistas repiten final continental nun escenario que coñecen. Na goleada das vermellas houbo protagonismo galego con un bo papel de Silvia Aguete na portaría, así como cos goles de Luci (a coruñesa anotou dous goles), Ale de Paz e as xogadoras do Burela Peque e Irene Samper.
#WEUROFutsal | CRÓNICA | España vence a Ucrania y volverá a disputar una final del Europeo en Gondomar (0-9).
ℹ️ El equipo de @ClaudiaPons8 cosechó una cómoda victoria que sirve para meterse en la final del campeonato continental.
https://t.co/B9Vtb2zr9V pic.twitter.com/yjcP4heDHz
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 1, 2022
Soaba o asubío inicial e xa non había volta atrás. Comezaba unha nova aventura Europea e España saía a comerse o partido diante de Ucraína. As campioas non tardaban en demostrar que o son por unha razón. E é que Mayte anotaba antes de que algúns espectadores puidesen atopar o seu sitio na bancada. Imposible empezar mellor.
O equipo que prepara Clàudia Pons dominaban o coiro mentres Ucraína dedicábase a achicar auga mentres que as mozas de vermello íanse facendo cada vez máis fortes. Recuperar en pista rival convertíase en habitual e así nacería o segundo gol. Irene Córdoba metía a perna e orquestraba a contra con Luci. Tras varios pases, o balón caía nas botas de María Sanz, que cruzaba a pelota para que Luci rematase no segundo pau.
Trataba de reaccionar Ucraína con dous ataques nos que a cancerbeira galega do ENCE Marín Futsal, Silvia Aguete, non daba opcións, pero aínda que non marcaba, si que evitaba encaixar máis goles durante uns minutos. A dous do final, Irene Córdoba conducía co balón para España e encaraba á porteira para salvar a súa saída cunha picadita sutil. Quedaría tempo para que a futbolista do Burela, Peque, tocase unha falta sacada pola galega Ale de Paz para subir o cuarto ao marcador antes do descanso.
España mellorou o seu nivel na segunda metade
A segunda metade tamén se convertía nun asedio por parte do combinado de España. Tardaba en chegar o quinto, pero chegaba. Amelia retiña a pelota á espera de que unha compañeira aparecese pola outra banda. Podería ser un avión, pero era a galega Ale de Paz a que chegaba ao pase longo para definir con moita serenidade. A continuación, Luci aproveitaría un saque de esquina para volver anotar.
Pasado o ecuador da segunda metade María Sanz elevaba o balón ao primeiro toque por encima da porteira. Case ao instante, Amelia Romero sumábase á festa subindo o oitavo ao electrónico. A diferenza era xa insalvable para o rival, que aínda así continuaba tentándoo. Irene Samper encargaríase de facer o noveno e último tanto. O domingo ás 19:00 horas, España pelexará polo trofeo co gañador do Portugal – Hungría.
Esta es nuestra cara cuando os vemos sonreír.
Gracias, gracias y gracias por hacernos soñar chicas.
El domingo queremos volver a sonreír en la final.
La @SEFutbolFem Sala a la FINAL. #WEUROFutsal pic.twitter.com/Zjgosn3jH9
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 1, 2022
FICHA TÉCNICA
0) UCRANIA: Kyslova, Hrytsenko, Skybina, Dubytska e Forsluk (C) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Sagaldachama (P), Drizd, Tytova, Kyrylchuk, Volovenko, Babenko, Yeromenko, Burlachenko e Ruban.
9) SELECCIÓN ESPAÑOLA: Silvia Aguete, Mayte, Peque, Ana Luján (C) e Amelia – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Marta Balbuena (P), Noe Montoro, Dany, Laura Córdoba, Ale de Paz, Luci, Irene Samper, María Sanz e Irene Córdoba.
GOLES: 0-1 | Mayte, min. 1. 0-2 | Luci, min. 8. 0-3 | Irene Córdoba , min. 18. 0-4 | Peque , min. 19. 0-5 | Ale de Paz , min. 28. 0-6 | Luci , min. 29. 0-7 | María Sanz , min. 31. 0-8 | Amelia Romero, min. 32. 0-9 | Irene Samper, 38.
EQUIPO ARBITRAL: Daniela D’adamo (SMR), Fatima Ozlem Tursun (TUR), e Chiara Perona (ITA). Cronometrador: Damian Grabowski (POL).
INCIDENCIAS: Partido de semifinales del Europeo Femenino de Fútbol Sala 2022 disputado no pavillón Multiusos de Gondomar (Portugal).
🎙️ Clàudia Pons y Amelia Romero analizan la victoria ante Ucrania:
👤 @ClaudiaPons8: “Nuestro objetivo es ganar la Euro y para eso teníamos que meternos en la final”.
👤 @Romero10Ame: “Queda un pasito, pero el más importante”.#WEUROFutsal pic.twitter.com/5P27mpp2NL
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 1, 2022