• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

España, a pola Copa do Mundo

As vermellas que prepara Jorge Vilda queren conseguir a estrela vencendo na final a Inglaterra que adestra Sarina Wiegman

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/08/2023
en Máis fútbol, Fútbol
A Selección de España futfem no Mundial 2023 / RFEF

A Selección Española futfem no Mundial 2023 / RFEF

138
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Selección de España de fútbol xa fixo historia neste Mundial 2023. Pero as futbolistas que adestra Jorge Vilda, entre as que está a galega Teresa Abelleira, aspiran aínda a máis. Chegar á final, que disputarán mañá a partir das 12:00 horas contra Inglaterra, xa era un fito pero unha vez aquí, todo é posible. O seguinte paso é erguer a Copa do Mundo e sumar unha estrela ao escudo da Vermella.

O Accor Stadium de Sidney, en Australia, será o recinto deportivo que acolla a final do Mundial de fútbol feminino 2023. Ao partido decisivo chegan España e Inglaterra, unha selección que adestra Sarina Wiegman.

#JugarLucharyGanar I #FIFAWWC pic.twitter.com/0jPEEZGZmj

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 19, 2023

O partido será transmitido por TVE en directo. As semifinais (España vs Suecia) xuntaron a máis de 1.900.000 de persoas diante da televisión. Nada menos que un 45,1% de share. A Coruña, Pontevedra (terra de Tere Abelleira), ou Betanzos, son algunhas das cidades galegas que anunciaron que contarán con pantallas para que a súa veciñanza poida seguir a transmisión ao vivo do partido a través de La1.

EL SUEÑO DE 23 NIÑAS.#JugarLucharYGanar I #FIFAWWC pic.twitter.com/Qw6rSmIcJA

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 19, 2023

Hai que lembrar que a Selección Española de busca o seu primeiro Mundial en categoría absoluta, pero España xa ergueu a Copa do Mundo como Sub-17 (2018 Uruguay e 2022 India) e como Sub-20 (2022 Costa Rica). Esta é unha xeración que vén pegando forte desde atrás.

O partido será arbitrado pola colexiada de Estados Unidos Tori Penso. Este decisivo partido entre España e Inglaterra será a primeira final dun Mundial absoluto feminino pitada por unha colexiada norteamericana. O de mañá, domingo 20 de agosto, será o quinto partido deste mundial que pite Tori Penso. A colexiada chega á final logo de dirixir a semifinal entre Australia e Inglaterra. Estará auxiliada polas súas compatriotas Brooke Mayo e Kathryn Nesbitt como asistentes, así como pola nipona Yoshimi Yamashita como cuarta árbitra.

Tori  Penso converteuse hai tres anos na primeira muller en arbitrar en USA partidos da Major League Soccer masculina.

Non será a primeira vez que pite a España nunha final dun Mundial de futfem xa que dirixiu o partido de España vs Países Baixos do Sub-20 en Costa Rica. Nesa ocasión España proclamouse campioa do mundo e marcou na final Salma Paralluelo. Repetirase?

Vilda: “Aspiramos a ser campioas”

O seleccionador de España, Jorge Vilda, non ten pensado facer moitos cambios con respecto ao que ten levado á Selección Española ata a final “non é día de cambiar, senón de ser nós. O partido xa se está xogando e unha vez que pite o árbitro sabemos que os principios e os finais dos partidos son moi importantes”.

Recoñece Vilda o nivel da súa rival no banco inglés. Preguntado sobre Sarina Wiegman dixo: “É unha adestradora que demostrou o seu traballo con resultados. É algo que non é froito da casualidade. Mañá haberá batalla táctica, estratéxica e competitiva. Verase o partido que todo o mundo espera”.

Jorge Vilda di de Sarina Wiegman: “É unha adestradora que demostrou o seu traballo con resultados. É algo que non é froito da casualidade. Mañá haberá batalla táctica, estratéxica e competitiva. Verase o partido que todo o mundo espera”

Na rolda de prensa previa ao partido entre España e Inglaterra, Jorge Vilda salientou a satisfacción por contar co apoio da afección española. “Estou encantado da vida de poder estar na final dun Mundial mañá e de sentir un país que está a empuxar ao equipo. Sentimos super apoiados e ilusionados”, dixo.

Para Vilda o obxectivo está claro: “O que queremos é ser os mellores do mundo e conseguirémolo gañando a final. O que lles dixen ás xogadoras nunca foron enfocadas á motivación, porque esta é intrínseca. Nós canalizamos a nosa enerxía no como gañar. Sei da calidade das xogadoras e do seu potencial. Queriamos chegar a un escenario como este e é o que fixemos. Aspiramos a ser campioas”.

Vilda: “O que queremos é ser os mellores do mundo e conseguirémolo gañando a final. O que lles dixen ás xogadoras nunca foron enfocadas á motivación, porque esta é intrínseca. Nós canalizamos a nosa enerxía no como gañar”

Irene Paredes, xogadora de España: “Soñei isto fai ben pouco”

A xogadora da Selección Española, Irene Paredes, declaraba o día antes da gran final: “Queremos que todas as xogadoras do fútbol base saiban que se pode”.

Confesaba Paredes que tiña soñado “con isto hai ben pouquiño. Ao non ter referentes durante a miña carreira fun abrindo portas ata chegar á elite. Traballas moito para poder ter estas oportunidades e agora o que hai que facer é xogar ao fútbol e gozar. Houbo un cambio de mentalidade, de comprensión do xogo e de experiencias. Hai un cúmulo de traballo de moita xente detrás para que hoxe podamos estar aquí”.

Salientou Irene Paredes a importancia inspiracional do feito de que España chegue a disputar esta final da Copa do Mundo. “A maioría das que estamos aquí crecemos pensando que o fútbol non era o noso lugar. A nós cos anos déronsenos as condicións e sabemos que o fútbol afeccionado aínda isto non se dá. Esperamos que con este Mundial elas saiban que se pode conseguir”.

Irene Paredes: “A maioría das que estamos aquí crecemos pensando que o fútbol non era o noso lugar”

Explicaba na rolda de prensa Irene Paredes que “España foi sempre un país de fútbol, pero sentiamos que para nós non era o noso lugar. A xeración anterior á miña tentouno, foron cabezotas, abriron camiño, lograron que se fixesen investimentos e o resultado de agora non é casualidade: grazas ao traballo de moita xente e do apoio da RFEF para que haxa ferramentas púidose conseguir”.

Agora todo mudou. E a propia Irene Paredes explicaba que lle facía “especial ilusión o seguimento que hai en España. Sentir que hai un cambio e que a xente nos apoia é algo que tamén é historia. Fainos felices a nivel deportivo, pero tamén porque se dean grazas a isto cambios na sociedade”, aseguraba.

É tempo de soñar con España

Etiquetas EspañafútbolIrene Paredesjorge vildaMundialSarina WiegmanTere Abelleira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do 'Palco sensorial' en Balaídos pensado para persoas con trastorno do espectro autista (TEA) / FUTGAL

Balaídos conta cun ‘Palco sensorial’ destinado a que persoas con trastorno do espectro autista (TEA) gocen mellor do fútbol

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Un grupo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) poderán gozar mellor dos partidos do Real Club Celta de...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a “I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala”

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

09/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.